O Concello de Tomiño organizará até o mes de maio unha trintena de actividades en torno á música, os deportes ou á formación activa da mocidade. O mes de marzo, que arrancou coa inauguración no Mercado de Tomiño da exposición ‘Lugares inesperados’ e coa obra de teatro ‘Té con Kant’, de Teatro Inversa, continuará con tres cursos dirixidos á mocidade, de Francés Básico, de Radio e de Poesía e Rap.
Ao abeiro deste Mes da Muller, marzo acollerá ademais outras tres obras de teatro no que as mulleres son as claras protagonistas. O público infantil poderá desfrutar con ‘Rosa Caramelo e outras historias’, de Talía Teatro, o 18 de marzo na Casa da Cultura (18.00 h), e con ‘A maleta da avoa’, de Raquel Queizás, o 25 de marzo no Mercado de Tomiño (18.00 h), mentres que para o público adulto representarase ‘Matrioskas’, de Charlatana, o vindeiro 24 de marzo no Mercado de Tomiño (18.00 h).
Para abril hai outras sete actividades programadas. Xunto con un curso de repostería creativa, terá lugar tamén a Gala do Deporte (14 de abril, no auditorio de Goián), na que se premiarán ás e aos deportistas tomiñeses máis destacados neste último ano, e o Desafío Terras de Turonio, unha proba de BTT de longa distancia que terá lugar o 22 de abril.
O 9 de abril chegará a Tomiño unha nova edición de Reptigalia, con exposicións, obradoiros e conferencias sobre insectos, réptiles, anfibios e artrópodos, e se representarán outras tres obras de teatro: ‘A nena que quería navegar’, de Redrum Teatro (1 de abril), dirixida a público infantil; ‘Na butaca’, de ButacaZero, para público adulto (7 de abril); e ‘Sen remite’, de Jean Philippe Kikolas, circo, teatro e humor para toda a familia (29 de abril).
En maio as Letras Galegas terán importante protagonismo, con actividades lúdicas e educativas pola vila o propio día 17, con obradoiros e Feira do Libro na praza do Seixo, música e o espectáculo ‘Bicos de papel’, de Talía Teatro, na Casa da Cultura. Será tamén o mes do curso de xaponés e de tai-chi chuan, dun obradoiro de canto ‘Cantares do Brueiro’ e con tres concertos: ‘A gramola gominola’, de Kandengue Arts o 5 de maio para público infantil; a actuación do coro galego Cantares de Brión, o 12 de maio no auditorio de Goián; e o concerto de ‘De outra margem’, o grupo musical formado por profesorado de primaria e secundaria que realizará unha actuación en colaboración ao alumnado e ex alumnado do IES Antón Alonso Ríos e membros da Agrupación Musical de Goián (19 de maio).
Maio será tamén o mes das Barferencias, unha iniciativa a través da que se leva as conferencias ao Mercado de Tomiño para falar cada sábado do mes de varias iniciativas emprendedoras relacionadas co rural: CdM Couso, innovación no agroalimentario, a minaría e os montes e o asociacionismo e a educación ambiental con A Jalleira.
Dende o Concello de Tomiño definen a programación desta primavera como “transversal e integrador”, dando acollida as citas de cultura, deporte e voluntariado, así como as dirixidas á mocidade. Ademais, por vez primeira Tomiño edita unha axenda en papel que aglutina todas as actividades realizadas no municipio nun só programa para o vindeiro trimestre co obxectivo de “facilitar a difusión e traballar dun xeito planificado para conseguir que toda as actividades que levemos a cabo sexan un éxito”, como asegura a alcaldesa de Tomiño, Sandra González.
enero de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Vigo
Vilaboa
A revista saca á luz os traballos de cinco novas investigadoras en Filoloxía Galega e inclúe un artigo sobre as actitudes lingüísticas do alumnado de bacharelato
enero de 2023
Tipo de evento
Todos
Conciertos
Espectáculos
Festivales
Festivos
Fiestas
Planes y actividades
Concello
Todos
A Cañiza
A Guarda
Arbo
As Neves
Baiona
Bueu
Cangas
Covelo
Gondomar
Moaña
Mondariz
Mos
Nigrán
O Porriño
O Rosal
Oia
Ponteareas
Pontevedra
Portas
Redondela
Salceda de Caselas
Salvaterra do Miño
Soutomaior
Tomiño
Tui
Vigo
Vilaboa
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL