Exposicións, demostracións gastronómicas ou visitas guiadas compoñerán a programación da I Feira da Cabaza que dende esta fin de semana e ao longo de todo o mes de outubro renderá tributo a este froito do outono.
A programación desenvolverase nas parroquias tudenses, dende Areas a Baldráns pasando por Caldelas, Guillarei, Paramos, Pazos de Reis, Pexegueiro, Randufe e Rebordáns. Unha mostra de produtos que irá medrando semana a semana, e na que se poderán ver múltiples variedades de cabazas, e algunhas de gran tamaño.
Esta fin de semana, sábado e domingo ás 17:30 horas, terá lugar ruta inaugural no tren turístico da Eurocidade no que viaxarán polas parroquias as autoridades e membros da organización. As vindeiras fin de semana repetiranse estas viaxes para que o público en xeral poida achegarse as distintas mostras abertas nos centros culturais.
A Feira pecharase o sábado 30 e o domingo 31 de outubro en Tui centro cunha gran exposición e venda de cabazas e actividades paralelas con obradoiros tanto para público infantil coma adulto. A cabaza será a protagonista das receitas que cociñarán os chefs Iván Méndez e Alejandro Iglesias dentro do proxecto Eurochef de Eurural. Tamén o tudense Miguel Rodríguez, xefe de cociña do Parador de Tui e Baiona, fará unha demostración gastronómica con este produto. Súmanse a esta iniciativa os establecemento de restauración que durante o mes de outubro incluirán nas súas cartas pratos con cabaza.
Tamén cada fin de semana continuarán as visitas guiadas a pozas e regadíos nas parroquias que leva a cabo o club AndaTui.
A concelleira de Comercio, Ana Mª Núñez, destacou na presentación desta iniciativa xurdida da man de Telmo Alfaya e Carlos Picho no Bar Pancho en Randufe que “este ano pretende dar un salto cualitativo e cuantitativo para impulsar a posta en valor de este produto e tamén recuperar unha tradición que forma parte da nosa historia.”
Lugares de exposición
Rutas Guiadas
Inscrición en [email protected]) ata o dia anterior da visita .
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL