• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Exposiciones

Unha exposición para gozar de forma permanente do rancho de reis de Salceda

Unha exposición para gozar de forma permanente do rancho de reis de Salceda
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
06/05/2020

O Concello de Salceda de Caselas destinará un total de 11.770 euros á creación da exposición permanente que levará por título “O rancho de Reis de Salceda de Caselas”, que estará ubicada no hall do Auditorio Municipal. A mostra estará financiada pola Deputación de Pontevedra dentro do Plan Concellos 2020 e contará con dúas zonas diferenciadas pero gardando concordancia entre sí. Por un lado instalaranse tres obras pictóricas de Xose Ramón Paz Antón que ilustran distintos momentos do Rancho de Reis de Santa María de Salceda. Na outra zona estarán ubicados tres expositores nos que se exporán os traxes representativos das figuras do rancho de reis de Salceda: os danzantes e a dama. Estes traxes son propiedade do Concello, e véñense cedendo anualmente para o seu uso ao rancho da Feira, estando a disposición das asociacións que os precisen. Ademais haberá a posibilidade de ir ampliando a mostra coa exhibición de outros elementos representativos como as roupas de cabalos e cabaleiros ou imaxes actuais e antigas. Estas instalacións acompañaranse dunha nova decoración e iluminación do espazo acorde á temática e co obxectivo de por en valor a obra.

A danza de reis de Salceda, co seu canto, a súa música, a coreografía, a vestimenta e os usos sociais que rodean a súa representación, é a mellor mostra que se conserva de entre todas as danzas de reis que existiron na antiga provincia de Tui. Hai douscentos anos había ranchos en case todas as parroquias do sur da provincia de Pontevedra e daquel tempo quedaron só á celebración dos Reis de Salceda, de Río Frío, de Guláns e pouco máis. Esta manifestación é como un fósil cultural que nos ilustra sobre as celebracións profanas e relixiosas que se perden no río do tempo. O Rancho de Reis de Salceda xunto á súa curiosa transformación parcial no Rancho de Entroido, forma parte dun corpus máis amplo que son as danzas gremiais ou tamén denominadas ultimamente Danzas Brancas.

Másnoticias

Salceda instalará una pantalla gigante para poder animar a España en la final del Mundial

Salceda instalará una pantalla gigante para poder animar a España en la final del Mundial

15/07/2026
Una parroquia de Vigo disfrutará de un gran Entroido de Verán con música y premios

Siete DJs buscan la victoria en un novedoso concurso en Salceda que ofrecerá música durante horas

11/07/2026

No caso de Salceda, o rancho desaparecera alá pola década dos 50. Na década dos 80 houbo un intento de recuperación por parte do Centro Cultural de Castro Barreiro que durou uns poucos anos pero que non conseguiu manterse. Sen embargo, no ano 2004 a asociación cultural o Serán recuperou o rancho de reis, que se mantén na actualidade, ao que se lle sumou a asociación cultural A Feira no ano 2018 coa recuperación do rancho de entroido e a continuación do rancho de reis.

Alex Rodríguez, concelleiro de Cultura, destacou a importancia da "recuperación das nosas tradicións máis propias, que conseguen diferenciar a Salceda do resto das manifestacións, por tratarse neste caso dunha composición única, distinta do resto de rancho de reis existentes".

Pola súa banda, a alcaldesa de Salceda, Loli Castiñeira, agradeceu a implicación das diferentes asociacións na recuperación desta tradición, inicialmente o centro cultural de Castro Barreiro, e na actualidade o Serán e a asociación cultural A Feira. “Estamos a falar de tradicións do pobo que non terían sentido sen a implicación directa do pobo. Unha vez máis a sociedade salcedense dá mostra do seu apego ás tradicións propias, e dende o Concello poremos todo da nosa parte para seguir a apoiar este tipo de iniciativas”:

Temas: SalcedaSalceda de Caselas
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X