Novidades para esta nova edición do festival máis "freaky" de Vigo. O Galician Freaky Film Festival organiza a primeira edición da Feira Fantástica e Freak de Galicia que se celebrará na céntrica Praza Elíptica de Vigo durante os días 29 e 30 de setembro, dentro das actividades do festival. Seguindo o fío conductor da sétima edición do certame a feira terá temática xaponesa e, por suposto, moi freak. O obxectivo principal é servir de escaparate para creadores, artistas, e negocios e facilitar o encontro co seu público.
O Galician Freaky Film Festival fai un chamamento a todos os artistas, editoriais ou comercios locais con espírito freak que queiran participar cun posto na feira. Admítense multitude de produtos e soportes, como ilustración, libros, roupa, escultura, xoiería, produtos atractivos para os amantes do cómic, o coleccionismo e a cultura pop.
O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 31 de agosto e as bases poden consultarse na web do Galician Freaky Film Festival. O festival seleccionará 10 postos que colocará no centro da Praza Elíptica os días 29 e 30 de setembro, grazas á colaboración do Centro Comercial. Os postos seguirán todos unha estética unificada acorde co GFFF e será a propia organización a encargada de fornecer de mesas e cadeiras aos participantes.
A feira complementarase cun programa de Mesas Freaks nas que os responsables dos postos poderán falar dos seus negocios e tender pontes entre os creadores alternativos da cidade, reforzando a comunidade viguesa.
Ademáis, a feira continúa coa temática escollida para o certame este ano: o anime. "Akira" (Katsuhiro Ōtomo, 1988) é o filme homenaxeado este ano no Galician Freaky Film Festival, protagonista do cartel, e será proxectado na gran pantalla e en 4K. Tamén o Pequefreak contará coa proxección de "Totoro" (Hayao Miyazaki, 1988), outro clásico da animación xaponesa e realizaranse actividades paralelas arredor do manga, o anime e a cultura do país do sol nacente.
O Galician Freaky Film Festival é o evento de cinema e cultura freak definitivo. Un festival que amosa unha coidada selección nacional e internacional de pezas audiovisuais que adoitan verse privadas das canles habituais de distribución. Pezas moitas veces inéditas en Galicia, con estreas mundiais, internacionais e nacionais.
O GFFF ten todos os ingredientes para convertir a Vigo na cidade de peregrinación freak, onde o seu exército poderá volver a gozar do festival, unha experiencia que vai alén do cinematográfico para converterse nunha experiencia de comunidade. A sétima edición celebrarase os días 22, 23, 27, 28, 29 e 30 de setembro en Vigo e xirará arredor do anime xaponés, coa proxección en 4k de Akira e actividades paralelas.
La Federación de Peñas del Celta convoca un recibimiento al equipo vigués para ayudar a conseguir la clasificación europea
El Concello de Arbo pone a disposición de todos los asistentes un servicio de autobuses para desplazarse a la Fiesta de la Lamprea
Vigo tendrá su propia alfombra, aunque será azul. Surge un nuevo festival en la ciudad dedicado al mundo de las series y será gratis
La viticultura de la “Raia”, la frontera entre Galicia y Portugal, será la gran protagonista en el IV Encontro de Viños da Raia
Co desenvolvemento dun sistema IoT de monitoraxe ambiental e unha plataforma satelital FlatSat
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL