O Bloque Nacionalista Galego vén de lanzar a proposta de que Vigo sexa sede dunha Mostra Atlántica de Danza e Circo que proxecte a cidade no ámbito da lusofonía e estreite a cooperación cultural con Portugal. Así o anunciou o concelleiro e candidato á alcaldía do BNG, Xabier P. Igrexas, no encontro aberto “Vigo + Artes escénicas”, que se realizou esta tarde no espazo creativo NoNoNon.Lab en Bouzas.
No coloquio, que foi presentado polo director artístico e dramaturgo, Roberto Pascual, participaron canda o candidato nacionalista á Alcaldía o escenógrafo, José Faro “Coti”, a bailarina e coreógrafa, Amparo Martínez, o responsábel da Sala Ártika, Marcos Alonso, o dramaturgo, Afonso Becerra, e mais a actriz Arantxa Treus.
Igrexas puxo en valor o “enorme potencial creativo da cidade” no ámbito das artes escénicas, e xustificou a aposta por referenciar Vigo expresamente na danza e no circo polo “acreditado talento vigués” nestas dúas disciplinas.
Neste sentido, o candidato nacionalista chamou a estreitar a colaboración do Concello de Vigo coas cámaras municipais de Guimarães e Porto, cidades que xa desenvolven iniciativas de grande alcance como Guidance -Festival Internacional de Dança Contemporânea, ou os Dias da Dança. “Fronte á actual política de desertización cultural que illa e empequenece a cidade, o BNG apostamos por unha cultura expansiva que teza sinerxías e alianzas desde Vigo e Galiza, para proxectar a nosa capacidade creativa en Portugal e no conxunto da Lusofonía, cunha vocación atlántica”, explicou.
Co obxectivo de facilitar e potenciar o desenvolvemento das artes escénicas na cidade, a fronte nacionalista seguirá a demandar a posta en marcha da Escola Superior de Danza e de Artes do Circo que complete a actual Escola Superior de Artes Escénicas de Galiza (ESADg), en Navia, configurando un verdadeiro “campus artístico” de Vigo.
Outra das propostas e liñas de actuación do programa electoral do Bloque de cara aos vindeiros comicios municipais do 28 de maio pasa polo impulso dunha programación estable e descentralizada en todos os barrios a través dunha Rede Viguesa de Artes Escénicas. Unha iniciativa que busca recoller o pulo perdido de programas desaparecidos como Vigo a Escena, dinamizando todos os espazos culturais da cidade, a principiar polo propio Auditorio Municipal.
Aliás, as nacionalistas defenden a creación dun programa específico de teatro afeccionado, que inclúa un certame e un programa formativo, así como a recuperación da extinta Liga Xuvenil de Improvisación (LIXA). Desenvolver residencias artísticas así como apoiar a novas compañías e a tituladas e titulados da ESAD é outro dos compromisos, dentro do proxecto de converter a antiga e abandonada fábrica de pinturas na “Fábrica Cultural de Teis” como espazo público para a creación artística.
Igrexas puxo en valor este novo encontro aberto, que se insire nunha ampla rolda de actos e xuntanzas co tecido cultural, fronte as políticas culturais “deseñadas desde a miopía e xordeira dos despachos, sen ter en conta a ninguén, e que converteron o Concello nun obstáculo para a creación cultural cando ten que ser un verdadeiro facilitador e potenciador do talento que latexa en Vigo”.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL