A polifacética artista Patricia Moon presenta este sábado o seu último disco ‘Rock and Love’, un traballo que presentará este sábado, día 27 de xaneiro, no Auditorio municipal ás 21:00 horas.
Un dos momentos estelares producirase coa proxección do vídeo clip ‘Dancing in the dark’ dirixido por Jacobo Gayo. Esta peza, que foi gravada na Costa da Vela de Cangas e no Auditorio Mar de Vigo, acadou un Premio Nacional pola calidade fotográfica. “Convido a que os veciños e veciñas de Cangas veñan ao concerto, posto que quedarán abraiados con semellante calidade musical. Ademais, para nós é un orgullo que a nosa vila forme parte dun proxecto tan fermoso. Este vídeo clip é unha promoción impagable para o noso pobo”, declarou o Alcalde do Concello, Xosé Manuel Pazos Varela.
O concelleiro de Cultura e Normalización Lingüística, Héitor Mera Herbello, aproveitou a ocasión para agradecer a presencia de Patricia Moon: “Estou moi feliz, este era un desexo que tiñamos e agora poderemos contar coa túa actuación. Preséntase aquí o teu terceiro disco e sei que a súa liña está en consonancia cos gustos da xente do lugar”. Ademais, quixo facer referencia á completa competencia musical da artista galega, posto que é cantante, compositora, violinista e pianista. Unha muller que sabe unir con gran mestría dúas vertentes: o mundo clásico co moderno; o que provoca que o seu estilo, tamén denominado como ‘Rock lunático’, sexa ecléctico (soul, rock, instrumentación clásica, etc).
‘Rock and Love’ é un álbum gravado e producido por Álvaro Villagra e Nelson Pombal na cidade de Bos Aires, nos estudos Monsterland. En total son nove cancións nas que se empregan os idiomas galego e castelán, algo novidoso, xa que nos anteriores traballos só se utilizaba o inglés. Ademais, nas actuacións en directo tamén se comezarán a introducir algunhas cancións en galego. Patricia Moon destacou que para este disco non tivo ningún tipo de presión para gravalo, o que favoreceu un resultado totalmente mimado e cunha riqueza sonora abismal.
No futuro da cantante contémplanse moitos proxectos, entre eles unhas cancións de cego e violín, así coma un trío acústico xunto ao guitarrista e pianista de Amy Winehouse. Pero, polo de momento, toca a actuación do sábado no Auditorio, lugar destacado pola artista, e é que considera que no mesmo “lévanse a cabo moitas actividades de repercusión e alcance, o que é un orgullo para a cultura”.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL