A campaña solidaria "Móllate pola esclerose múltiple" chega por primeira vez a Galicia o próximo domingo 8 de xullo bautizada como "Móllate". A praia viguesa de Samil será a primeira de toda a comunidade galega en acoller esta campaña de sensibilización social organizada pola Federación Galega de Esclerose Múltiple (FEGADEM) e a Asociación Viguesa de Esclerose Múltiple (AVEMPO) co fin de achegar á sociedade unha patoloxía coa que conviven máis de 3.000 persoas en Galicia e unhas 47.000 en España. O evento, que conta coa cooperación do Concello de Vigo e da Deputación de Pontevedra, conta con numerosas e moi diversas actividades lúdicas de carácter familiar que terán lugar ao longo da xornada na piscina da Ponte de Rande de Samil.
As actividades do "Móllate" comezarán ás 10,30 h, cunhas "olimpíadas molladas" de xogos con auga para todas as idades. O evento incluirá dous chapuzóns solidarios para apoiar ás persoas con EM e dúas "piscicarreiras" de relevos co fin de sumar metros pola esclerose múltiple que se sumarán a un reconto nacional. Esta iniciativa lévase a cabo en máis de 900 praias e piscinas de todo o país.

Na rolda de prensa da presentación do evento estiveron presentes o alcalde da cidade, Abel Caballero, a concelleira de Benestar Social, Isaura Abelairas, Sylvia Mouriño, secretaria de AVEMPO, e Jacobo Caruncho, responsable de comunicación de FEGADEM.

¿Pensando en ir al concierto de Abraham Mateo en Castrelos? Esto es todo lo que debes de saber para conseguir sus entradas en Vigo
Reputados científicos llegan al "cartel" de un potente festival de las Rías Baixas, así es el "Ondas e partículas" que estrena el Revenidas
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL