• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

Vigo, capital da sétima arte co comezo do Festival Primavera do Cine

Vigo, capital da sétima arte co comezo do Festival Primavera do Cine
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
04/09/2023

Apoiado polo Concello de Vigo, a Deputación de Pontevedra e o Instituto Camões, o certame celebrarase nas súas sedes habituais: o Auditorio do Concello de Vigo, a sede viguesa do Instituto Camões e o Museo MARCO; nelas veranse as longametraxes e as curtas que están aglutinadas nas seguintes seccións: Céu em fogo, Charneca em flor, Denuncia do equilibrio e As moradías do vento.

Curtametraxes

A organización do festival quere destacar a variedade da programación, que vexe reflexada na selección de curtametraxes que abranguen xéneros moi diversos: ficción, documental, animación e cinema experimental. A sección oficial conta con traballos de cineastas de longa traxectoria especializados no xénero da curtametraxe de ficción como Nani Matos, Alba Pino ou Fernando Tato.

Másnoticias

Detenido un hombre en Vigo por traficar con drogas sintéticas y cocaína

Detenido un hombre en Vigo por traficar con drogas sintéticas y cocaína

04/06/2026
Vuelve a Vigo el Festival Azul con rutas del mejillón y del pulpo, deportes acuáticos y gastronomía

Vuelve a Vigo el Festival Azul con rutas del mejillón y del pulpo, deportes acuáticos y gastronomía

04/06/2026

O documental terá tamén un espazo preferente con curtametraxes que interpretan o xénero desde diversas perspectivas. Haberá presenza de filmes de temática político-social, indispensable na programación do Primavera do Cine desde a súa primeira edición. Serán estrea en España as curtas brasileiras Coleção antirracista: o mito da democracioa racial, de Val Gomes, e Pedro e Inácio, de Caio Dornelas.

Proxectaranse tamén documentais de vangarda, como os traballos de nacionalidade portuguesa Ultimate Bliss e Luana, esta última premiada no prestixioso festival DocLisboa. Tamén serán proxectados documentais de cineastas que contan na súa traxectoria con nominacións aos premios Goya como Paula Iglesias ou Guillermo de Oliveira, gañador do galardón.

O cinema de animación estará representado por dous cineastas de prestixio: Lula Gonzaga, un dos grandes veteranos da animación brasileira, pioneiro nos anos setenta do cinema pernambucano. E o galego David Fidalgo, nominado aos premios Goya. O festival segue a apostar tamén polo cinema experimental coa proxección de obras de cineastas de amplo percorrido neste ámbito como o brasileiro Mateus Rosa e a galega Carla Andrade.

Longametraxes

Na sección oficial de longametraxes haberá dúas estreas de carácter internacional: Meu amigo Lorenzo, de André Luiz Oliveira e De verdade queredes saber o que pensamos?, de Cris Lores. André Luiz Oliveira é un clásico da cinematografía brasileira con máis de cincuenta anos de traxectoria, considerado un icono do cinema marxinal desde finais dos anos sesenta e premiado en múltiples festivais.

Cris Lores é un dos representantes máis destacados do novo Cinema Galego na súa vertente experimental. A súa obra é accesible únicamente en circuítos reducidos e polo tanto, a organización do Primavera do Cine, en verbas do seu director Alfonso Castaño, considera “un verdadeiro luxo e unha oportunidade única poder ver unha longametraxe súa”.

A sección oficial de longametraxes complétase con Liña de fuga, de Marta Blanco, un proxecto formalizado no Festival Linha de fuga de Coimbra que tamén aborda un discurso de vangarda, á marxe dos convencionalismos cinematográficos, e 10 de marzo, de Roi Cagiao: un documental que compón un díptico coa exitosa Vigo 1972 para analizar as folgas obreiras e os procesos políticos e sindicais que desembocaron no fin do réxime franquista.

Os filmes en sección oficial competirán por un premio do público e no caso das longametraxes por un premio do xurado, composto este ano por Franco Tedesco, cineasta, Migual Alejos, presidente do Cineclub Valmiñor Alice Guy e Carmen Díaz, programadora especializada en medios de comunicación.

Actividades paralelas

Dentro das actividades que complementan a programación do festival ofrecerase unha conferencia impartida pola cineasta e investigadora Adriana Páramo: A Representatividade e representación das mulleres no Audiovisual Galego. (que terá lugar o venres 8 ás 19:00 h.)

Por outra banda, o obradoiro de cinema expandido Proxecto Remolque coordinado por Cris Lores e Belén Veleiro: unha actividade de manipulación de celuloide en 35 mm apto para nenos e adultos (o domingo 10 ás 17 h.). Para inscribirse en calquera das actividades, só é preciso enviar un correo electrónico á conta [email protected]. As prazas son limitadas e o acceso é gratuíto.

No contexto da gala de clausura (domingo 10 ás 20:00 h.) ofrecerase un concerto do compositor e intérprete Oswaldo Oro e a estrea da curtametraxe Carmen, do cineasta vigués Fernando Cornide.

Prezos

Co obxectivo de continuar sendo accesible a toda a cidadanía, os prezos non varían: por unha banda, o acceso ás funcións de longametraxes terá un custo de 4 €; por outra banda, as sesións de curtas e videoclips terán un prezo de 3 €; os obradoiros, a cerimonia de clausura e as proxeccións realizadas no Instituto Camões serán de entrada gratuíta.

Temas: Festival Primavera do Cine de Vigofestivales en Vigofestivales en Vigo y su áreaVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Uno de los pioneros de la cocina fusión de Vigo aterriza en una privilegiada terraza frente al mar
Enfoque

Uno de los pioneros de la cocina fusión de Vigo aterriza en una privilegiada terraza frente al mar

Una terraza de Nigrán con increíbles vistas al mar suma una nueva propuesta gastro. Un restaurante de Vigo aterriza con su cocina fusión

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Vuelve a Vigo el Festival Azul con rutas del mejillón y del pulpo, deportes acuáticos y gastronomía
Qué hacer

Vuelve a Vigo el Festival Azul con rutas del mejillón y del pulpo, deportes acuáticos y gastronomía

La ría de Vigo se transformará en un gran escenario con una nueva edición del Festival Azul. Habrá rutas, deportes acuáticos y gastronomía

PorIván Dacal
04/06/2026
Desvelada la explosión de conciertos que llegará con el festival más gastronómico de Vigo
Música

Desvelada la explosión de conciertos que llegará con el festival más gastronómico de Vigo

Sabor a mar y conciertos gratis junto a la Ría de Vigo. El festival más gastronómico de la ciudad desvela su cartel musical para el verano

PorAlfredo Teja
04/06/2026
Uno de los escritores gallegos del momento firma su nuevo libro en Vigo, un magnicidio en A Toxa
Qué hacer

Uno de los escritores gallegos del momento firma su nuevo libro en Vigo, un magnicidio en A Toxa

Manel Loureiro, apodado como el Stephen King gallego, firma su nuevo novela en Vigo, una novela que imagina un magnicidio en las Rías Baixas

PorUxía Pérez
04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X