Coñecer a literatura á vez que se fai turismo polas vilas de Pontevedra é posible de novo. A Deputación de Pontevedra aposta unha vez máis pola cultura inaugurando o seu programa de Roteiros Literarios o vindeiro 5 de setembro, iniciativa que conta con ata cinco paseos polas vilas nas que as obras de grandes autores foron inspiradas. Deste xeito a literatura percorrerá Vigo, Moaña, Salvaterra, Silleda e Pontevedra coa colaboración da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG).
O aforo será limitado, contando cun total de 125 plazas, 25 para cada un dos roteiros programados, que se poden reservar xa a través do correo electrónico [email protected] indicando a ruta escollida, os nomes ( máximo catro por reserva) e un teléfono. Estes roteiros celebraranse ao longo de tres domingos de setembro e dous de outubro, sempre de 11:00 A 13:30 horas.
Os encargados de levar as letras e historias polas vilas da provincia de Pontevedra serán, unha vez máis, os propios integrantes de AELG, que seguirán os fíos das súas propias novelas ou mesmo doutros autores para aportar unha visión diferente aos cidadáns dos espazos que cada día percorren. As persoas participantes poderán descubrir as narrativas de Cunqueiro, Xela Arias ou Valle Inclán nos seus escenarios vitais e literarios.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL