O mes de agosto non sería o mesmo sen a Festa Folc de Vilariño. O evento, de balde, converte a concorrida praia de Vilariño no escenario desta cita musical que acolle cada verán a centos e centos de “folkies”. A festa afronta os seus 20 anos de vida, dúas décadas na que a proposta que organiza a Asociación Cultural O Gato foi quen de consolidar este festival como un dos eventos da época estival na provincia de Pontevedra.
A Festa Folc de Vilariño non ten medo ao mal tempo. Non é un día de praia, pero si é a xornada ideal para gozar coa mellor música folk. Posiblemente sempre o sexa. O ambientazo xa está garantido no areal, onde diferentes agrupacións xa quentan a festa que se vivirá ao longo da xornada. O gran momento chegará pouco despois do solpor. O primeiro en subirse ao escenario será Fiandola, que dende ás 22:00 horas será o encargado de abrir unha noite na que a música folk porá a banda sonora da ría de Aldán ata ben entrada a madrugada.
Un dos grupos máis clásicos do xénero en Galicia, Luar na Lubre, será o seguinte en amenizar a velada. O cabeza de cartel presentará o seu último traballo, “Ribeira Sacra”, ademais de facer un longo percorrido pola súa traxectoria musical. A festa folc proseguirá ás 01:30 horas cos portugueses Kumpania Algazarra. A banda procedente de Sintra está composta por sete músicos que ofrecen unha proposta de estilos tan diversos como o ska, o reggae, o rock, a música oriental e a balcánica.
O colofón desta Festa Folc de Vilariño correrá a cargo dos asturianos Dixebra, unha formación de nove músicos que xa acumula máis de 30 anos de carreira musical. Este grupo de rock en asturiano amosará ese “cóctel” co ska ou o folk astur cun recital que está programado que comece arredor das 03:00 horas.
Uno de los rastrexos más épicos del área de Vigo vuelve con una experiencia a lo "La Casa de Papel". Así será este evento en Tui
El festival "Bocados e Grolos" llega a Nigrán como un nuevo evento gastronómico en el área. Tendrá cócteles, tapas y música en directo
Decenas de personas hacen ya cola en Castrelos para llevarse alguna de las entradas del concierto en Castrelos: "Solo lo haría por Chayanne"
Piratas de Nabia reanuda este "crucero gastronómico", la "Ruta del Pulpo" con salidas desde Vigo, Pontevedra y Bueu
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL