O xeólogo vigués Óscar Pazos, autor do libro "A invención da Gallaecia e a minaría do ouro", organiza esta semana unhas andainas divulgativas que pretenden dar luz sobre este fenómeno acontecido fai milleiros de anos. Xa van case 10 anos dende que Pazos comezou a focalizarse no Baixo Miño como parte da investigación de O Rego da Serpe , unha singular fenda ubicada na ladeira granítica da Illa de San Martiño (Cíes). A orixe artificial desta morfoloxía é de consenso científico, porén hai quen o vincula a rituais relixiosos froito da tradición e outros, como Óscar Pazos, defenden a existencia dunha mina romana.
A estas das Ilas Cíes súmanse evidencias noutras zonas como Tabagón (O Rosal) e Fillaboa (Salvaterra), zonas polas que o xeólogo propón un par de andainas de dúas horas de duración para dar a coñecer esta parte do patrimonio. Están programadas para este sábado 28 de agosto. A primeira delas partirá ás 10:30 horas e conducirá á Mina de Borna Grande, en Tabagón, unha mina primaria con parte a ceo aberto e parte subterránea. O paseo será por superficie, mais permitirá a observación dos pozos que conectan co interior.
A segunda visita, programada para o mesmo día, está pensada para comezar ás 18:30 horas e levará a coñecer a mina a ceo aberto de Terrazas do Miño, en Fillaboa. En ambos recorridos, ademais de visitar e coñecer os xacementos, Óscar Pazos explicará o contexto histórico e xeolóxico, así como as técnicas empregadas nas excavacións. Todo co obxectivo de amosar a importancia patrimonial e histórica destas explotacións na constitución de Gallaecia e do propio Imperio.
As dúas rutas serán de balde, porén debido ás limitacións de aforo é preciso realizar inscripción previa a través do correo electrónico [email protected] ou no número de teléfono 619929089. Recoméndase, ademais, asistir con roupa e calzado adecuado para campo e auga.

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL