Este sábado, 1 de agosto, o Festival de Poesía do Condado celebra unha nova edición, e van trinta e dúas, cargado de reivindicación e divulgación da cultura e das artes galegas.
Co traballo de soamente seis persoas, o festival volve de novo, aínda que reducido a unha xornada. Un cambio que, porén, non afecta á calidade do evento que conxuga as diferentes facianas culturais e artísticas nunha intensa programación que arranca ás 11:00 horas do sábado no recinto amurallado de Salvaterra.
No ámbito da poesía, que ao fin é a corrente que da nome ao festival, este ano contarán con case unha vintena de recoñecidos escritores. Recitarán ao longo da xornada Andrea Nunes e Maria Rosendo, Antón Blanco, Berta Dávila, Claudio Pato, Elvira Ribeiro, Manuel Darriba, Nolim Gonzáleze Verónica Martínez Delgado. Ademais, “Cen mil estorniños” (Manuel Rivas, Nacho O’Jarbanzo e Tania Haupt), “The tree thin thigs” (Rochi Nóvoa, Dani Soldevilla e Puntxa) e “Vietcong” (Alexandre Losada, Luis Garrido e Dani Salgado) serán os responsables da poesía musicada.
A Casa do Conde será o punto teatral, con “Xogando ao xandrez” (12:00 horas), da man do grupo de teatro infantil “Ata sempre de Alxén” e “Anagnorise”, espectáculo de Limiar Teatro baseado nunha das obras máis coñecidas de María Victoria Moreno.
Seguindo o lema desta edición, “que non te silencien”, o festival contará cunha palestra da man de Antón Santos, David Fernández, Ses e Fernando Branco na que tratarán os recortes de liberdades, a lei Mordaza ou a aplicación do artigo 155 en Cataluña. Comezará ás 19:30 horas.
No apartado puramente musical, o Festival de Poesía do Condado contará cunha sesión vermú amenizada polo rapo ponteareán de Sondarúa. Mentres que dende as 22:00 horas os concertos contarán con Habelas Hainas, Rebeliom do Inframundo, Banda Xangai, e Sacha na Horta. Tamén haberá espazo para un concerto infantil co rock de Peter Punk e Brais das Hortas.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL