O cinema en formato curto é o principal protagonista do FICBUEU pero a música en directo vai gañando cada vez máis peso nun variado programa pensado para todos os públicos. Nesta undécima edición do Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu, que se desenvolverá do 7 ao 15 de setembro, os concertos estarán encabezados por recoñecidos artistas do panorama galego e estatal, como son Xoel López, De Vacas e Paco Nogueiras, se ben haberá actuacións en directo tamén noutros momentos do certame.
Todos os concertos contarán con entrada de balde agás o de Xoel López. Trátase dunha oportunidade única para gozar da súa música nun formato íntimo, pois pouco máis de 200 persoas terán acceso ao auditorio do Centro Social do Mar para escoitalo o venres 7 de setembro, ás 22.30 horas. O coruñés, que veu movéndose entre o pop-rock alternativo e o folk clásico, está considerado un dos artistas máis representativos e influíntes da nova canción española. Baixo o seudónimo de Deluxe iniciou unha exitosa carreira que, xa co seu nome, lle merecería galardóns coma o premio ao mellor músico independente. Agora preséntanos ‘Sueños y pan’, un disco no que, tras máis de dúas décadas de traxectoria, busca o equilibrio entre a liberdade e a estabilidade. As entradas para o concerto teñen un custo de 20 euros e xa están dispoñibles na web do festival.
De Vacas actuará no FICBUEU o sábado 8 de setembro, ás 13 horas, nos exteriores do Centro Social do Mar. Este cuarteto musical formado por unha guitarra e tres fermosas voces versiona coñecidos hits, desde as Spice Girls ata ao Gagnam Style, pasando por Enrique Iglesias ou o o “Despacito” de Luis Fonsi, cuxa particular versión en galego, “Amodiño”, xa é viral en internet, con medio millón de reproducións. De Vacas, Premio Martín Códax da Música, combina nesta xira os seus clásicos con novo repertorio, así que non faltarán as sorpresas.
A música pensada para os máis pequenos tamén estará presente no Festival Internacional de Curtametraxes de Bueu da man de Paco Nogueiras e o seu espectáculo Radio BuleBule, que chegará ao Centro Social do Mar o 15 de setembro ás 12.30 horas. A proposta, baseada no libro-disco do mesmo título, convida a vivir a radio en directo nun divertidísimo programa cheo de humor, baile e cancións onde non faltarán as habituais seccións de informativos, deporte, meteoroloxía ou axenda cultural. Todo isto con coidadas letras e ritmos pegadizos, incentivando a participación do público cun estilo fresco e cos elementos do medio radiofónico.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL