• Guía Navidad Vigo
  • Vigo Vertical
  • Nueva etapa cafetería Vigo
  • Mercado Vialia Vigo
  • Novedad en Vigo
  • Mapa Artístico Vigo
  • Mercadillo Vigo
  • Fiesta Zorza
  • Magosto Ons
  • Cine gratis
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Extra

Nin pandemia nin coronavirus: "Nós", palabra do ano 2020

Nin pandemia nin coronavirus: "Nós", palabra do ano 2020
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
28/12/2020

Nin pandemia nin ningún dos outros tres termos finalistas relacionados con ela. "Nós" foi proclamada Palabra do Ano 2020 polas persoas que participaron ata o pasado 25 de decembro na elección popular promovida polo Portal das Palabras, a páxina web para a divulgación do léxico galego da Real Academia Galega e a Fundación Barrié. A voz gañadora salienta algo bo dun ano ben complicado, a celebración do centenario da xeración Nós, e olla cara ao futuro con optimismo porque nos lembra tamén que saírmos da crise global provocada polo SARS-CoV-2 depende da primeira persoa do plural máis absoluta, xusto nun momento en que cobra forza outra das palabras finalistas cuxo éxito dependerá da implicación de todas e todos nós: vacina.

Seteiro, en referencia ao grupo de estrelas denominado tamén arqueiro (Sagittarius na forma latina), foi a segunda palabra máis votada tras resultar unha das seis finalistas pouco despois de que o Seminario de Terminoloxía da Real Academia Galega aprobase a listaxe normalizada dos nomes galegos das constelacións. A escolla pode verse como un xeito de reivindicar o coñecemento, e a valoración, do ceo e dos seus nomes; mais tamén ten algo, outra vez, de evasión colectiva nun ano en que a covid-19 disparou o emprego de certos termos e mesmo requiriu incorporar novas palabras e acepcións ao dicionario, entre elas o da propia enfermidade ou coronavirus.

Másnoticias

Las pruebas de la selectividad de 2019 ya tienen fecha con la "repesca" en julio

Abre el plazo para inscribirse en la nueva convocatoria de exámenes Celga

14/09/2025
Mondariz-Balneario proyecta esta película de animación al aire libre y de forma gratuita

Esta es la curiosa palabra gallega que Mondariz Balneario reclama a la RAG

24/03/2025

Os outros catro termos finalistas teñen, de feito, que ver con esta realidade e quedaron nas seguintes posicións: gromo, na acepción que incorporou o dicionario da RAG neste 2020, a referida á aparición súbita dunha enfermidade epidémica entre a poboación dun determinado lugar, acadou o terceiro posto; pandemia foi a cuarta palabra máis votada; máscara, a protección que deu o salto dos quirófanos á rúa, ocupa o quinto posto; e vacina, a grande esperanza que fixo máis levadío este annus horribilis e que comezou a subministrarse onte mesmo en Galicia, fica no sexto.

Os votos estiveron, iso si, máis repartidos ca noutras ocasións. Nós acadou case 3 de cada 10 votos emitidos; seteiro rozou o 20%; gromo fíxose con pouco máis do 17%; pandemia chegou ao 15%; e máscara e vacina sumaron, cada unha delas, pouco máis do 10% dos votos.

Tres letras que expresan moito

A palabra gañadora é moito máis có pronome persoal tónico da primeira persoa do plural. É tamén a voz que designa a publicación aparecida en outubro de 1920, que lle daría igualmente nome ao grupo galeguista organizado arredor dela. En palabras do profesor Ricardo Carvalho Calero, os integrantes da xeración Nós europeizaron a cultura galega e déronlle á nosa prosa “un pulo nunca visto nos tempos modernos”. O protagonista das Letras Galegas 2020 dedicoulles un capítulo enteiro aos seus principais membros na súa Historia da literatura galega, onde explica que a orixe desta denominación está no álbum Nós de Castelao, director artístico da publicación.

Castelao titulou con acerto os debuxos deste proxecto co pronome tónico da primeira persoa do plural porque as tres letras que o conforman abondan para retratármonos como pobo, como cultura. E hoxe tamén abondan, tanto dende a perspectiva local como dende a global sempre conxugadas pola xeración Nós, para albiscar a solución ao gran desafío da pandemia da covid-19.

No lingüístico o pronome nós, igual ca vós, procede do latín —con idéntico significado—. Esta forma, común para os dous xéneros, é a maioritaria en toda Galicia. O Dicionario tamén recolle nosoutros, -as, variante rexistrada no galego mindoniense e no do oriente da provincia de Lugo, fronteirizo con Asturias e León, que consiste nunha evolución da expresión nos + alteros e que comezou a empregarse no latín popular para marcar plurais excluíntes. De feito, aínda que na actualidade os usos dunha e outra forma non presenten distincións, había unha diferenza tradicional importante entre elas, que aínda se conserva nalgunhas zonas. Mentres que nosoutros delimita un grupo concreto e deixa fóra todas as persoas que non pertencen a el, nós non marca tal fronteira.

O Portal das Palabras é un proxecto da Real Academia Galega e a Fundación Barrié para a divulgación do léxico da nosa lingua. Cada semana, desde esta plataforma ambas as institucións ofrecen xogos, vídeos e outros contidos divulgativos que conectan o léxico galego coa realidade cotiá e a actualidade dun xeito ameno. A palabra do día é outra das seccións deste espazo aberto ao diálogo coas persoas usuarias. Desde 2014 convida, ademais, a todas as persoas que o desexen a participar na elección da Palabra do Ano. Nas edicións anteriores gañaron sentidiño (2019) deseucaliptización (2018), afouteza (2017), irmandade (2016) —cadrando con outro centenario senlleiro, o das Irmandades da Fala—, refuxiado/a (2015) e corrupción (2014).

Temas: galegoReal Academia Galega
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Un conductor de ambulancia en O Porriño triplica la tasa de alcohol y se da a la fuga
Extra

Herido un hombre en As Neves tras caerle una pared encima mientras trabajaba

El hombre, que tuvo que ser liberado tras caerle la pared encima en As Neves, tuvo que recibir asistencia médica

PorEuropa Press
12/11/2025
El Sergas garantiza la asistencia sanitaria en Salvaterra pese a las bajas de médicos
Extra

El Sergas garantiza la asistencia sanitaria en Salvaterra pese a las bajas de médicos

El Sergas señala la dificultad para cubrir las bajas de dos de los cinco facultativos titulares del centro de salud de Salvaterra

PorEuropa Press
12/11/2025
Detectado un foco de una enfermedad animal sin cura en una explotación bovina gallega
Extra

Multa en Galicia con 270 euros a un hombre por hacer "un acto de naturaleza sexual" con una vaca

Lo considera autor de un delito leve de maltrato animal y destaca el "menoscabo" y la "humillación" que le produjo

PorCarlos I. Castrillón
12/11/2025
Renfe pone en servicio unas 2.000 plazas extra entre Galicia y Madrid desde este miércoles hasta el lunes
Extra

Las obras de Adif entre Salvaterra y As Neves obligan a Renfe a habilitar un plan alternativo con autobuses

Renfe pondrá buses para 16 trenes afectados por estas obras de Adif entre Salvaterra y As Neves del 19 al 22 de diciembre

PorEuropa Press
12/11/2025
La Semana de Cine Submarino de la UVigo ofrece más de una decena de proyecciones gratis en la ciudad
Qué hacer

La Semana de Cine Submarino de la UVigo ofrece más de una decena de proyecciones gratis en la ciudad

PorMiguel Alonso
13/11/2025

La Semana de Cine Submarino de la UVigo se celebra del 18 al 20 de noviembre y proyecta más de una decena de obras completamente gratis

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15novTodo el díaEncendido de la Navidad de Vigo 2025STREAMING | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X