Segundo grupo escocés en sumarse ao Festival Intercéltico do Morrazo que se celebrará na última fin de semana de xullo. Se en abril coñecíamos a incorporación de Project Smok, a organización do festival do Morrazo suma agora ao grupo Capercaillie.
A histórica banda, que comezou a súa actividade nos anos 80 e medrou liderando a vangarda do rexurdimento da música escocesa, fixo historia colocando, por vez primeira na historia, unha canción en gaélico escocés na lista dos 40 mellores singles do Reino Unido. De feito, Capercaillie logrou situar catro dos seus álbums na UK Albums Chart que recolle os discos máis vendidos do país.
Capercaillie compóñeno algúns dos músicos célticos máis solicitados do mundo. A vocalista principal Karen Matheson -posuidora dunha “garganta tocada por Deus”, segúndo dixo Sean Connery- está considerada como unha das máis finas cantantes escocesas, tendo ampliado os seu rexistros nunha serie de álbums en solitario e tamén en colaboracións a nivel mundial.
Ademais de participar en concertos como o Transatlantic Sessions, ou levar a dirección artística do Celtic Connections de Glasgow, Donald Shaw (acordeón, teclados) é continuamente requirido coma produtor e compositor.
Charlie McKerron, o violinista da banda da costa leste, tamén é recoñecido polas súas habilidades compositivas e proxectos paralelos, incluído o seu papel como violinista no supergrupo Session A9.
De procedencia irlandesa gaeltachd, o guitarrista Manus Lunny é o eixe rítmico da banda dende a súa gravación seminal Sidewaulk, e ademais de escribir e xirar coa banda, dedica gran parte do seu tempo a colaboracións no seu estudo de Donegal.
O extraordinario frautista Michael McGoldrick, considerado como o sucesor do icónico Matt Molloy, dedicou gran parte dos últimos anos a percorrer o mundo como membro da banda de Mark Knopfler; e a sección rítmica: o baixo Ewen Vernal (ex Deacon Blue), o baterista Che Beresford e o percusionista David Robertson, encarnan a síntese perfecta de enerxía e sensibilidade nos seus espectáculos en vivo.
O Intercéltico do Morrazo, que terá lugar entre o 26 e o 28 de xullo, confirmou xa a presenza de Plantec, Project Smok, Xabier Díaz e Budiño.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL