O alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, quere deixar atrás a polémicas dos últimos meses co padeeiro tudense Manu Garrido. Despois das súas declaracións en redes sociais, que posteriormente retirou tras pedir desculpas, o rexedor tudense quere firmar a paz co deportista local sendo el persoalmente quen lle entregue un premio se resulta gañador na Gala do Deporte que se celebra esta noite.
“Pedín expresamente ser eu quen entregue o premio se é gañador”, explicou esta mañá a preguntas de Metropolitano.gal.
Pode interesarche: Tui recupera a Festa do Meixón nun San Telmo 2018 "low cost"
Ás 20.30h o Teatro Municipal de Tui acollerá a VI Gala do Deporte Tudense na que se recoñecerá o traballo dos deportistas, clubs, entidades ao longo do ano 2017. O acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a deputada de Deportes, Chelo Besada, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, os membros da corporación municipal de Tui, entre outras autoridades.
No transcurso da gala farase entrega dos Premios Deporte Tudense 2017 ao deportista masculino e feminino, deportista sub 23, deportista masculino e feminino promesa e veterano, club deportivo, club deportivo na promoción do deporte base, adestrador, firma comercial, e entidade colaboradora do deporte. Tamén se entregará o Premio Deporte Tudense Mención Especial e realizaranse unha serie de recoñecementos a entidades e persoas vinculadas ao deporte. O acto contará amais coa actuación musical do grupo Piscore.
O Teatro Municipal de Tui presentará un cheo esta noite xa que as butacas están xa completas coas invitacións remitidas aos máis de 40 clubs deportivos tudenses.
El Celta ya tiene una cara nueva para la próxima temporada. Aleix Febas, una las revelaciones de la liga, aterriza en Vigo
El Rallye de Ourense desvela sus tramos, horarios y recorrido. Guárdate esta guía para no perderte una de las pruebas más top de Galicia
"Todos tenemos que hacernos a la idea y pasar este año de duelo", subrayó Marián Mouriño en la firma del contrato
"Estaba tumbado en el sofá con mi novia", señala Javi Rodríguez sobre el momento en el que se enteró de su llamada a la selección española
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL