• Propuesta gastro Nigrán
  • Conciertos Vigo
  • Festival Azul
  • Mercadillo Vigo
  • Festa da Coca
  • Festa da Rosa
  • Desafío Verdugo
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo

A Universidade de Vigo lidera un proxecto europeo centrado no fortalecemento do agroturismo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

Carlos I. CastrillónPorCarlos I. Castrillón
26/11/2025

Fortalecer o agroturismo mediante clústeres intelixentes que integren patrimonio cultural inmaterial, prácticas agrícolas sostibles e mercadotecnia dixital avanzada. Con este obxectivo bota a andar TourisFarm, un proxecto con financiamento europeo no que participan socios académicos e empresariais de cinco países liderados desde a Universidade de Vigo.

Ademais da UVigo forman parte do consorcio de TourisFarm outras tres universidades europeas, como son a Università degli Studi di Padova (Italia); o Porto Business School, da Universidade de Porto (Portugal) e a Univerza na Primorskem-Università del Litorale (Eslovenia). Tamén participan dúas empresas: a empresa de tecnoloxía FeedYou SRO (República Checa) e a consultora de gobernanza territorial e desenvolvemento sostible Sherpa SRL (Italia). O equipo da Universidade de Vigo que lidera a iniciativa está formado por Diego R. Toubes (coordinador principal), José Antonio Fraiz e Noelia Araújo, persoal docente e investigador da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo do campus de Ourense, membros do Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (Cispac) e do grupo de investigación da UVigo Organización e Comercialización (OC2). A iniciativa forma parte e dá impulso á liña de traballo deste equipo en turismo rural sostible.

Másnoticias

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

03/06/2026
Ni soja ni avena, la UVigo avanza para crear bebidas vegetales 100% gallegas con castaña o fabas

Ni soja ni avena, la UVigo avanza para crear bebidas vegetales 100% gallegas con castaña o fabas

28/05/2026

TourisFarm ten unha duración de tres anos e un orzamento total de 400.000 euros, senso seleccionado e financiado pola convocatoria de proxectos Erasmus+ KA220-HED. Cooperación entre Organizacións e Institucións, da Unión Europea. A xornada de lanzamento da iniciativa celébrase estes días no campus de Ourense, contando coa participación presencial de socios de España, Eslovenia, Italia e República Checa e coa participación virtual dos demais membros. Na súa apertura, a delegación da UVigo amosou a súa satisfacción por liderar este proxecto, subliñando del o seu enfoque nun desenvolvemento rural sostible e tamén pola oportunidade que ofrece o programa Erasmus+ “de crear vínculos e compartir coñecementos, establecer lazos e pontes con outras universidades e empresas de Europa”. Alén do traballo no campus de Ourense, a xornada, que conta co apoio da Oficina de Proxectos Internacionais da UVigo, inclúe a visita a iniciativas rurais en Allariz e Verín ás que se unirán tamén alumnado do mestrado e do programa de doutoramento en Turismo da Universidade de Vigo.

Obxectivos e actividades previstas

Os principais obxectivos de TourisFarm son: codeseñar e pilotar un currículo aberto en turismo rural sostible e dixital para institucións de educación superior e pemes; desenvolver ferramentas dixitais para a comercialización responsable; establecer clústeres agrícolas piloto en dúas zonas transfronteirizas (España-Portugal e Italia-Eslovenia) para mellorar os ingresos locais, preservar as tradicións e aumentar a resiliencia climática; e formular recomendacións baseadas na evidencia para promover o turismo rural sostible, inclusivo e resiliente.

TourisFarm, sinalan as entidades promotoras, “entende a dixitalización non só como unha mellora da competitividade, senón sobre todo como formación e empoderamento do tecido empresarial e rexional, centrándose nas persoas e nas pequenas empresas”. Un elemento clave neste senso, engaden, “é o desenvolvemento de módulos educativos para estudantes de institucións de educación superior (IES) e persoal de granxas e aloxamentos rurais, centrados no desenvolvemento rexional sostible, o turismo rural intelixente e a integración do cambio climático”.

Concretamente, as actividades previstas no proxecto agora lanzado inclúen o despregamento de plataformas dixitais, formación en prácticas sostibles e obradoiros para alumnado e partes interesadas locais. Como resultado do seu traballo, TourisFarm ofrecerá currículos actualizados, módulos de formación, solucións de mercadotecnia dixital (chatbots de IA e experiencias XR) e clústeres piloto de agroturismo. A longo prazo, sinalan desde a organización do proxecto, “espérase que estes resultados enriquezan as ofertas das organizacións participantes, contribúan ao fortalecemento das comunidades rurais, promovan a preservación do patrimonio inmaterial e proporcionen ferramentas innovadoras para abordar os desafíos climáticos, fomentando así o desenvolvemento turístico sostible e intelixente”. TourisFarm, engaden por último, “pretende ser o embrión dunha secuencia de proxectos similares que involucren a outras áreas transfronteirizas da UE nas que as afinidades recomendan a integración en eidos da economía, a cultura e os medios de vida”.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Uno de los pioneros de la cocina fusión de Vigo aterriza en una privilegiada terraza frente al mar
Enfoque

Uno de los pioneros de la cocina fusión de Vigo aterriza en una privilegiada terraza frente al mar

...

PorSara Rodríguez
04/06/2026
O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"
Enfoque

O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"

...

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Confusión, retrasos y billetes "bloqueados" para los pasajeros de Renfe en Vigo, ¿qué pasa con los trenes?
Enfoque

Los trenes de Vigo se verán afectados por las obras en la estación de A Coruña

...

PorMetropolitano
04/06/2026
Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño
Enfoque

Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño

...

PorEuropa Press
04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X