• Pulmón verde Teis
  • Vigo Arena
  • Entradas The Dorrs
  • Festival Baiona
  • Liquidación en Vigo
  • Porrigalia
  • Próxima apertura
  • Visitas gratis O Rosal
  • Fiesta gastro
  • Fiestón Ourense
  • Playa O Cocho
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Arranca o curso na UVigo cunha taxa de ocupación de preto do 100% nas prazas de grao de novo ingreso

Arranca o curso na UVigo cunha taxa de ocupación de preto do 100% nas prazas de grao de novo ingreso
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp

MetropolitanoPorMetropolitano
11/09/2023

Despois de que o pasado venres o campus vigués acollese o acto inaugural do curso 2023/2024 das universidades galegas, este luns as aulas das diferentes facultades e escolas dos tres campus volvían encherse de alumnos e alumnas, no inicio da actividade académica na Universidade de Vigo. O curso arranca na institución viguesa coa posta en marcha do Grao en Deseño, catro mestrados e un programa de doutoramento como principais novidades e coa “moi boa acollida” que están a acadar os seus diferentes graos por parte do alumnado de novo ingreso, como recoñece o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente, Alfonso Lago. A falta dos últimos chamamentos a matrícula por parte da Comisión Interuniversitaria de Galicia (CIUG), a taxa de ocupación das prazas de novo ingreso nos estudos de grao que se ofertan nos tres campus sitúase no 100,21%, como apunta Lago, que subliña que é preciso ter en conta que esta porcentaxe alcánzase polo feito de que, pese a que aínda quedan titulacións con prazas vacantes, outras contan cun algúns matriculados e matriculadas máis que o número total de prazas inicialmente ofertadas.

En conxunto, a Universidade de Vigo ofertaba para este curso un total de 3839 prazas de grao de novo ingreso, ás que se suman outras 1704 de mestrado e 535 de doutoramento. No referido aos estudos de grao, este luns tiñan lugar as primeiras clases, xunto cos actos de benvida que centros como a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ou a Facultade de Comunicación dedicaban aos novos universitarios e universitarias, sumándose aos xa celebrados noutros centros ao longo da pasada semana e os que se leven a cabo nos próximos días. A pasada semana, así mesmo, os tres campus acolleron tamén unhas xornadas de benvida dirixidas a achegarlles información sobre os diferentes servizos que a institución académica pon a súa disposición.

Másnoticias

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

22/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

16/07/2026

Novas titulacións

O curso 2023/2024 vén marcado pola posta en marcha, no campus de Pontevedra, do Grao en Deseño, unha titulación que, como sinala Lago, “espertou moito interese”, como amosa o feito de que “na preinscrición había 61 solicitudes de primeira opción para as súas 45 prazas, cunha lista de espera de 91 persoas”. A nova titulación ten como sede a sexta planta do edificio administrativo da Xunta de Galicia, na rúa Benito Corbal, onde este luns daba a benvida aos 52 alumnos e alumnas finalmente matriculados a vicerreitora do campus, Eva María Lantarón. Ademais de darlles a noraboa por terse incorporado a un grao que botou a andar cunha nota de corte de 8,4, a vicerreitora trasladou ao estudantado a “alegría do equipo reitoral porque dese comezo un grao que foi loitado nos últimos anos, nos que houbo pequenos problemas para que se puxera en marcha”. Lantarón lembroulles así mesmo que as instalacións nas que inician a súa formación “non son as definitivas”, xa que o obxectivo da Universidade é dotar á Facultade de Deseño dun “edificio propio” no futuro.

Alén do único grao que se suma á oferta do Sistema Universitario de Galicia, a UVigo imparte tamén por primeira vez catro novos mestrados no presente curso. No campus de Ourense botará a andar o máster en Aeronáutica, que dá acceso a unha profesión regulada, completando o itinerario de aprendizaxe na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo. Tamén se estrean tres novos mestrados de carácter interuniversitario, dous deles pertencentes ao catálogo Galicia 2030, os mestrados de Xestión Sostible da Auga e Fabricación Aditiva. O primeiro, impulsado polas tres universidades galegas, impartirase na Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, mentres que o segundo, promovido xunto coa Universidade da Coruña, terá como sede na UVigo a Escola de Enxeñería Industrial. Finalmente, compartido polas tres universidades galegas, na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación botará a andar o Mestrado Universitario en Ciencia e Tecnoloxía de Información Cuántica. Por outra banda, as novidades académicas coas que a UVigo inicia o curso 2023/2024 complétanse co Doutoramento en Nanciociencia e Biomedicina, vinculado ao Centro de Investigación en Nanomateriais e Biomedicina (CINBIO).

Varios prazos de matrícula por diante

Alén da “moi boa acollida” que, como sinalaba Lago, están a obter os diferentes graos ofertados na UVigo, o proceso de matriculación para o alumnado de novo ingreso continuará nas próximas semanas. Tras pecharse o pasado luns a matriculación correspondente ao sexto chamamento efectuado pola CIUG, o 15 de setembro publicarase o sétimo chamamento, tras o que se efectuarán dous máis a finais de setembro e comezos de outubro. “A partir de aí, se hai prazas vacantes, as universidades publican unha relación de titulacións con prazas que poderán cubrirse”, explica Lago.

No caso da continuación de estudos, o período de matrícula péchase hoxe luns 11 de setembro, tanto para os estudos de grao como para os de mestrado. Neste segundo caso, tras a preinscrición aberta en agosto, entre o 15 e o 18 de setembro abrirase o segundo período de matrícula para as titulacións con prazas vacantes. A este poderá sumarse un teceiro, por solicitude expresa da comisión académica dos mestrados que aínda non cubriran prazas. Neste terceiro prazo, a Universidade permite ademais a realización dunha “matrícula condicionada”, que poderán solicitar “as e os estudantes que, no momento de preinscribirse, só teñan pendente a acreditación do nivel de idioma estranxeiro para obter o título de grao, se é o caso, ou réstelles por superar o traballo de fin de grao e, como máximo, outros nove créditos ECTS”, explica o vicerreitor de Titulacións e Innovación Docente.

Temas: Universidade de VigoUVigo

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El BNG denuncia que el Concello de Vigo recauda "más que nunca" pero solo usa un 27% del dinero
Enfoque

El BNG denuncia que el Concello de Vigo recauda "más que nunca" pero solo usa un 27% del dinero

...

PorUxía Pérez
23/07/2026
O Porriño reformará el velódromo para crear en un espacio referente del deporte urbano
Enfoque

El histórico Velódromo de O Porriño se transforma en el Halcón Milenario, así será el "skatepark galáctico"

...

PorCarlos I. Castrillón
23/07/2026
Vigo pone en marcha la primera fase para transformar la plaza del Concello uniéndola a O Castro
Enfoque

Vigo pone en marcha la primera fase para transformar la plaza del Concello uniéndola a O Castro

...

PorÁngel Vila
23/07/2026
Vigo estrena este viernes el "submarino" gratuito en plena Ría en el que podrás ver el fondo del mar
Enfoque

Vigo estrena este viernes el "submarino" gratuito en plena Ría en el que podrás ver el fondo del mar

...

PorCarlos I. Castrillón
23/07/2026
De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas
Enfoque

De Vigo a Xapón para estudar novas solucións fronte ás mareas vermellas

PorUxía Pérez
22/07/2026

Explora o potencial das macroalgas para frear as proliferacións de algas nocivas - A investigadora do CIM Rocío Blanca Sújar realiza unha estadía en Sapporo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X