O Concello das Neves vén de poñer en marcha un portal inmobiliario público, vivenasneves.gal, que ten coma obxectivo impulsar a "recuperación de poboación", facilitando que aquelas persoas que o desexen, podan atopar vivenda nas Neves, en venta o en alugueiro.
Como sinalaron o alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, e o primeiro tenente de alcalde, Marcelino Couto, esta nova plataforma forma parte da filosofía de #ViveNasNeves, un proxecto impulsado polo Goberno local neste mandato, que quere "amosar e impulsar as vantaxes de vivir no noso concello", o seu atractivo cultural, e natural, servizos, oferta educativa en todos os niveis o a súa proximidade ás dúas grandes cidades do noroeste peninsular: Vigo e Oporto.
Vivenasneves.gal facilitará o contacto, "dun xeito ordenado" entre aquelas persoas que queren atopar casa nas Neves e ás que a están buscando. Para iso conta cunha nova oficina, situada no edificio do Mercado Municipal, que estará aberta de 10:00 a 14:00h.; o propio portal web, vivenasneves.gal; un enderezo electrónico no que será posible pedir cita, vivesnasneves@asneves.gal, e un teléfono, o 604 045 298, no que é posible facer, tamén consultas e solicitar e ofrecer información, tanto chamando directamente como por WhatsApp, incluindo fotos do inmoble que se queira poñer en aluguer o en venda.
Na actualidade hai xa unha "bolsa considerable" de ofertas que permitiron que a plataforma botase a andar con máis de 40 propiedades (casas, chalets, pisos, fincas, naves, áticos e oficinas) á disposición de particulares interesados en trasladarse ás Neves, axencias inmobiliarias e empresas que busquen locais nos que establecerse.
Os trámites son moi doados: hai que darse de alta na plataforma e seguir os pasos para publicar o teu inmoble. Unha vez rexistrada calquera persoa pode ver e editar o seu 'anuncio', accedendo ao seu perfil e facendo os cambios que queira.
Tamén é posible enviar por correo electrónico o formulario que se atopa na web e dende vivenasneves.gal incluirán directamente a propiedade que quere venderse ou alugarse.
Un entrenador especializado en la salud integral de las mujeres abre su propio centro en Vigo. Un revolucionario concepto a punto de inaugurar
Una sorprendente casa de una planta con jardín, barbacoa y piscina se vende en Nigrán por casi un millón y medio de euros
Redondela volvió a viajar en el tiempo para recrear la Batalla de Rande. Representaciones teatrales, mercado y mucho más durante el fin de semana
Un accidente está dificultando la circulación en la A-55 en Mos en sentido Vigo. Hay retenciones en una jornada marcada por la lluvia
La UVigo reafirma su compromiso institucional con las políticas de sostenibilidad y destaca su esfuerzo por las energías renovables y el ahorro energético
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL