O Concello de Nigrán inicia ata o 18 de decembro a campaña “Agasallos de Corazón”, destinada á recollida de xoguetes para repartir entre usuarios dos Servizos Sociais do municipio e tamén para promover o Roupeiro Municipal (tanto para doazóns como para recoller prendas). O obxectivo é que o Nadal non se traduza para as familias en risco de exclusión social de Nigrán nun agravamento da súa condición, polo que o Concello levará adiante máis iniciativas solidarias (como unha recollida de alimentos non perecedoiros en decembro nos colexios que desexen participar).
"Lamentablemente, a crise sanitaria conleva unha crise económica que está a minar a economía de moitas familias debido ao peche de negocios ou ERTES, polo que sabemos que de aquí ao Nadal o número de usuarios dos Servizos Sociais aumentará, así que, máis que nunca, debemos promover a solidariedade entre a veciñanza", subliña o alcalde, Juan González.
Deste xeito, ata o 18 de decembro, recolleranse na Oficina de Información Cidadá da Casa do Concello (planta baixa, de luns a venres de 10,00 a 13,00 horas) todo tipo de xoguetes coa condición indispensable de que se atopen en bo estado e debidamente hixienizados. "O que non nos gustaría que lle regalasen aos nosos fillos tampouco sirve para os demais nenos, sexamos conscientes diso. Teñen que ser xoguetes novos ou seminovos, en perfecto estado; en todas as casas con cativos sempre hai cousas que case non se chegaron a usar ou que se conservaron intactas, iso é o que buscamos para darlle unha segunda vida entre quen non poden facer o esforzo económico de mercarlos", incide o alcalde. Todos serán debidamente empaquetados e preparados no Concello para entregar entre as familias en risco de exclusión social (atendendo á idade de cadanseu neno e os seus gustos).
Paralelamente, o Concello promove tamén nesta campaña o Roupeiro Municipal, ben para realizar doazóns ou ben para recoller prendas de cara a realizar agasallos (desde infantil a adulto en todas as tallas, incluído zapatos, e mesmo roupa de cama).
Calquera persoa pode doar pero tamén recoller, trátase dunha entrega directa, xa que este banco municipal ten paralelamente o obxectivo de contribuír á sostibilidade medioambiental dándolle unha segunda vida á roupa. Localízase na rúa Paradellas (ao carón do IES Val Miñor), é xestionado por voluntarias, e abre mércores e xoves de 10:00 a 12:30 horas e venres de 16:30 a 18:00 horas (este día mediante cita previa no 986383081). "O obxectivo do Roupeiro non é acumular e almacenar, se non distribuír entre quen o precisa, calquera persoa pode acudir a el, mesmo se quere prendas para agasallar no Nadal, por iso é importante manter o nivel actual de doazóns”, incide González.
El alcalde de Vigo desvela en una entrevista exclusiva que se publicará en Metropolitano.gal dónde estará la estatua de Iago Aspas
El alcalde de Vigo anunció que se invertirán más de 26 millones de euros para transformar más de 370 calles de la ciudad
El rodaje de la nueva producción de Antena 3 y Portocabo continúa en la calles viguesas. Se ha descubierto al elenco en una nueva ubicación
Vigo creará un plan especial para la zona del Ensanche. Amplía la delimitación y promoverá la protección de su arquitectura o la movilidad sostenible
Prevén que la descentralización empezaría a implantarse de forma progresiva el curso que viene, durante un plazo de tres años
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL