O BNG critica a “imprecisión lectora” de Caballero: “É falaz dicir que Europa aplaude o proxecto de Porta do Sol"

Enfado no BNG de Vigo polas declaracións de Abel Caballero. O rexedor vigués aseguraba onte que a Unión Europea se "estaba a rir" da fronte nacionalista pola súa pregunta sobre a construción do túnel na peonalización de Porta do Sol. O portavoz no Concello, Xabier Pérez Igrexas, respondeu hoxe que “o único ridículo o fai o alcalde de Vigo coa súa incomprensión lectora”. O concelleiro do BNG explica que "é falaz" que a Comisión Europea apoie nunha carta a actuación que está a facer o goberno municipal en Porta do Sol. “O único que di a CE é que as competencias desta actuación corresponden ao Ministerio de Facenda. Non se pronuncia porque non coñecen ese proxecto”.

Pérez Igrexas insta ao Executivo de Abel Caballero á mesura e á tranquilidade. “Que non lle falten ao respecto non só ao BNG, senón a veciñanza que está en contra dese proxecto”. O portavoz da fronte nacionalista afirmou que o compromiso dos nacionalistas é escoitar, “que é precisamente o contrario do que fai Abel Caballero”. Igrexas convidou ao rexedor vigués a “facer un esforzo” por mellorar a súa "incomprensión lectora".

Abel Caballero admitiu este mércores que o Concello aínda non tramitou aínda a solicitude para poder contar con fondos da UE para cofinanciar a peonalización da Porta do Sol que inclúe a construción dun túnel para soterrar o tráfico. O alcalde reafirmouse en rolda de prensa nas declaracións feitas onte e preguntou se os responsables do BNG de Vigo “non se poñen colorados pola reprimenda da Comisión Europea". O rexedor sinalou que a fronte nacionalista emprega "os seus europarlamentarios para ir contra Vigo".

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*