Durante os meses de marzo e abril en Redondela levaranse a cabo obradoiros de mindfulness (conciencia plena), co obxectivo de mellorar o benestar emocional das mulleres vítimas da violencia de xénero a través de técnicas guiadas de relaxación e meditación. "Segundo os expertos, os obradoiros de mindfulness son unha ferramenta importantísima á hora de xestionar as emocións ou facer fronte a situacións complexas. Nese sentido, a súa utilización nas mulleres vítimas de violencia machista demostrou a súa efectividade en canto á mellora do seu estado emocional", explican dende o Concello de Redondela.
A iniciativa, impulsada polo Centro de Información á Muller (CIM), estará dirixida a mulleres derivadas dende o Servizo de Igualdade do Concello e terá unha periodicidade de unha vez á semana. A actividade comezará coa explicación ás participantes acerca de que é o mindfulness e a utilización de distintas técnicas como o control da respiración ou técnicas de relaxación. Posteriormente, analizaranse aspectos como que é o estrés, as situacións que o xeran, a xestión emocional ou os pensamentos recorrentes.
Unha das razóns polas que o Concello de Redondela optou por poñer en marchas os obradoiros de mindfulness é porque "permiten completar e perfeccionar a axuda que se lle presta ás mulleres vítimas de violencia machista e ofrecen técnicas efectivas para combater o estrés e a ansiedade contribuíndo a inducilas a un estado de calma e claridade mental que lles permita reorganizar o control da súa vida", aseguran. Outro dos obxectivos é "fomentar a creación de redes entre as mulleres participantes para mellorar o apoio que se poidan prestar entre elas e establecer relacións interpersoais", subliñou Digna Rivas.
"A loita contra a violencia machista ten múltiples facetas e unha delas é conseguir que as mulleres que foron vítimas desta lacra social, poidan superalo emocionalmente, consigan reducir a ansiedade que esta dramática situación provocoulles e que consigan incrementar os niveis de asertividade e empoderamento", explicaba a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, na presentación da iniciativa.
"Esta loita foi, é e será unha prioridade e inclúese non só a posta en marcha de medidas preventivas dirixidas a acadar a igualdade, senón tamén a axuda precisa para que as mulleres que foron vítimas e que pasaron por unha das situacións máis traumáticas que calquera persoa poida vivir, conten coas ferramentas que lles permitan volver a controlar novamente a súa vida e ser donas do seu futuro", engadiu.
El alcalde "no discute que se apoye a Santiago" pero pide que la Xunta haga lo mismo con Vigo y le entregue el triple que a la capital gallega
Vigo recibe el primer 'ok' a su Plan Especial do Ensanche. Un plan que definirá la ciudad en las próximas décadas con soterramiento de tráfico y más
El DOG recoge los nombramientos de Susana Pérez Iglesias y Natalia Botana como responsables de Emprego y Portos de Galicia
Tendrán menos potencia, estarán más concentrados y usarán un sistema más direccional que evita la dispersión del sonido
Un estudiante de la UVigo logra la plata en Europa. Acaba de ser proclamado subcampeón de piragüismo y ya tiene la mente en sus exámenes
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL