• Concierto Castrelos
  • Futuro súper Vigo
  • Tren Rías Baixas
  • Mini Pisos Vigo
  • Mundial Vigo
  • Mercado piso Vigo
  • Ruta senderismo
  • Obras en Balaídos
  • Concurso pan
  • París de Noia
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Enfoque

Panjón o Puenteareas: xigantes como Google continúan a deturpar a toponimia galega

Panjón o Puenteareas: xigantes como Google continúan a deturpar a toponimia galega
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaPorÁngel Vila
16/01/2018

Villagarcía de Arosa*. Sangenjo*. Bayona*. La Guardia*. Puenteareas*. Oya*. Panjón*. Así até unha listaxe interminable de topónimos alterados. Os grandes da internet, nomeadamente Google, continúan a incumprir as leis que afectan á toponimia de Galicia e inclúen nos seus buscadores e servizos de mapas online nomes que non obedecen nin ó uso, nin á legalidade, nin á coherencia.

Falando de legalidade non existen dúbidas. “Os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega”. Así o establece a Lei 3/1983 de Normalización Lingüística quen engade que unicamente é a Xunta de Galicia a encargada de determinar “nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia”. O propio Parlamento de España aprobou en 1998 a lei “sobre el cambio de denominación de las provincias de La Coruña y Orense”, recoñecendo que “la actual provincia de La Coruña se denominará oficialmente A Coruña, en concordancia con el nombre oficial de A Coruña que tiene reconocida su capitalidad”. O mesmo acontece con Ourense. Porén, servizos como Google ou Facebook parecen omitir decididamente a legalidade vixente.

Másnoticias

El BNG anima a los vecinos y vecinas de Vigo a galleguizar sus nombres y apellidos

El BNG anima a los vecinos y vecinas de Vigo a galleguizar sus nombres y apellidos

21/02/2026
Las pruebas de la selectividad de 2019 ya tienen fecha con la "repesca" en julio

Abre el plazo para inscribirse en la nueva convocatoria de exámenes Celga

14/09/2025

No caso do uso, a experiencia indica que a deturpación da toponimia galega complica as cousas máis que favorecelas. Coas institucións empregando, como corresponde, a forma oficial en lingua galega, e os cidadáns facendo o propio, esta alteración implica que se dificulte a procura de empresas, negocios e lugares nestes servizos empregados masivamente por millóns de usuarios. No peor dos casos provocará que potenciais clientes ou visitantes non dean co que buscaban e se decanten por unha opción alternativa.

Pero a incoherencia das multinacionais vai máis alá xa que mestúranse topónimos castelanizados irregularmente con outros na súa forma en galego. Soamente na Área Metropolitana de Vigo atópamos nunha primeira ollada Porriño* (O Porriño), xunto a Puenteareas* (Ponteareas), O Toxo, A Granxa o San Xoán. Cal é o criterio empregado para usar un ou outro servizo? Sen resposta. A propia Xunta de Galicia asegura que fixo constar a Google os erros nos nomes das localidades e se puxo a disposición da empresa para traballar en común. Polo de agora, sen resposta da multinacional.

Na mesma páxina mestúrase o termo Puenteareas*, que non obedece a ningunha listaxe nin clasificación oficial, co legal Ponteareas // Wikipedia

Tanto o “Nomenclátor Geográfico Nacional y Toponomia Oficial” do Ministerio de Fomento como o “Nomenclátor de Galicia”, elaborado pola Xunta inclúen soamente os termos oficiais e non é posible atopar denominacións como Puenteareas*, Oya* ou Bayona*. Empresas como Google non se poderían defender asegurando que empregan esas listaxes oficiais. Cal é o motivo entón? Tamén a Wikipedia continúa emperrada nunha política disparatada na que se mesturan castenalismos, topónimos inventados con outros oficiais nunha castelanización totalmente demente.

No caso de Facebook ou Apple, que no pasado incumprían a normativa, xa recuaron e modificaron parcialmente os seus servizos de mapas. Facebook fai uso agora da tecnoloxía de Here Maps, que é respetuosa coa lexislación vixente. Tampouco alternativas como Open Street Maps inclúen toponimia deturpada. Porén, os servizos de Google son os empregados pola maioría, polo que a constante violación da normativa oficial supón non soamente un erro que non parecen querer arranxar, senón tamén un menosprezo á cultura galega.

Temas: galegogoogleinternetlingua galega
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"
Enfoque

O Porriño se vuelve viral tras enamorar a un popular influencer, "de los lugares más bonitos de España"

Un conocido influencer argentino de casi medio millón de seguidores se enamora de O Porriño. "De los ayuntamientos más bonitos de España"

PorSara Rodríguez
04/06/2026
Confusión, retrasos y billetes "bloqueados" para los pasajeros de Renfe en Vigo, ¿qué pasa con los trenes?
Enfoque

Los trenes de Vigo se verán afectados por las obras en la estación de A Coruña

Renfe advierte de alteraciones en los trenes de Galicia por las obras en la estación de A Coruña. Estos serán los cambios de cara a verano

PorMetropolitano
04/06/2026
Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño
Enfoque

Una televisión o un deshumidificador, el botín del ladrón que se coló en una casa de Tomiño

Detenido un vecino de Tomiño como supuesto autor de un robo con fuerza en una vivienda. Accedió con una llave obtenida ilícitamente

PorEuropa Press
04/06/2026
Arranca oficialmente la Festa da Coca de Redondela entre homenajes y con una gran programación
Enfoque

Arranca oficialmente la Festa da Coca de Redondela entre homenajes y con una gran programación

Redondela ha inaugurado oficialmente su Festa da Coca. Un fiestón que promete conquistar todo el área de Vigo

PorMetropolitano
04/06/2026
El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón
Enfoque

El fotógrafo de Vigo que conquista a España con la imagen de un fotomatón

PorCarlos I. Castrillón
03/06/2026

El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

No hay eventos

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X