Un grupo de traballadoras e traballadores da Fundación Fundación Biomédica Galicia Sur forzou hoxe unha xuntanza co ministro de Sanidade, Salvador Illa, co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e co alcalde de Vigo, Abel Caballero, para trasladarlles a súa problemática laboral, en concreto a precariedade que padecen e a falta de negociación do convenio para as tres fundacións galegas de investigación sanitaria.
Persoal de Galicia Sur e membros da CIG-Saúde aproveitaron a visita dos tres dirixentes políticos ás instalacións do pooling no hospital vigués Álvaro Cunqueiro para desenvolver unha concentración durante a que amosaron cartaces nos que se podía ler “Investigación solución xa”, “Estabilidade laboral”, “Convenio xa” ou “Investigación en precario”.
En consecuencia, o máximo responsábel da sanidade española viuse na obriga de recibir a unha representación das traballadoras e traballadores, encontro no que tamén participaron o conselleiro e o alcalde. Por parte do persoal estiveron presentes as tres representantes da CIG no comité de empresa, Paula Cerezo, Ana Muñoz e Carlos Spuch.
Segundo explican, en primeiro lugar expuxeron a situación de estancamento na negociación do convenio para es tres fundacións galegas de investigación sanitaria e da precariedade xeral que hai arredor da investigación. “O ministro díxonos que se facía cargo e que o entendía, pero que non era o seu ámbito, polo que se comprometeu a poñernos en contacto co ministerio de Ciencia e Innovación”.
Pola súa banda, o conselleiro confirmoulles que xa tiñan designado substituto para a mesa negociadora, “e que en breve nos comunicarían unha data para retomar as negociacións”.
Diferentes localizaciones de Galicia acogen el rodaje de Operación Camarón 2. Hay escenas grabadas en diferentes puntos de las Rías Baixas
Se espera que la ampliación esté totalmente finalizada en 2030. Además de industria, albergará grandes espacios comerciales
Tras triunfar en Vigo con su moderno concepto de vinoteca, este local se expande en el área de Vigo. Así es su nuevo proyecto
El PP de Vigo señala que el gobierno vigués "no solo no gasta lo que presupuesta, sino que ni siquiera hace bien lo poco que ejecuta"
La nueva rectora de la UVigo pide a la Xunta "financiación y confianza" y una apuesta por la universidad pública. Carmen García Mateo toma posesión
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL