"A golpes de mar desancóranse as palabras da boca” é o novo verso que ilustrará o histórico valo de Pereira na Avenida de Beiramar. A autora da cita é a poeta galega Miriam Reyes, Premio Nacional de Poesía 2025, quen se incorpora así á listaxe de autores e autoras que participaron nesta iniciativa cultural impulsada pola compañía desde o ano 2012. A frase é do poema que abre o seu libro “Con”.
A presentación oficial do novo valo tivo lugar este mércores a bordo do Argos Pereira, nun acto no que participaron representantes da empresa e a propia autora. “Cada ano buscamos que este valo sexa algo máis que unha intervención visual. Queremos que sexa tamén unha maneira de reivindicar a nosa identidade, a nosa relación co mar e o vínculo de Pereira coa cultura galega. É unha satisfacción contar nesta edición cunha voz tan singular e recoñecida como a de Miriam Reyes”, sinalou Ruy Andrade, director de comunicación do Grupo Pereira.
Pola súa banda, Miriam Reyes destacou a forza simbólica do mar ligada tanto á vida orgánica como á vida interior, subliñando que a identidade galega pasa polo mar, tamén a trasatlántica. Ademais, engadiu que o mar e os produtos do mar están relacionados para ela co gran amor do seu avó, nado en Cuba, fillo de lucenses, co que percorría as beiras das praias viguesas, de nena, e cazaba cangros. O valo poético é para ela unha maneira de volver atoparse co mar da súa infancia, que garda como un tesouro.
Ruy Andrade destacou tamén a boa acollida que esta proposta cultural segue tendo entre a cidadanía viguesa. “Ano tras ano recibimos mensaxes de persoas que agardan con interese a renovación do valo e que valoran que unha empresa como Pereira aposte por integrar a poesía e a cultura galega nun espazo tan visible e tan ligado á cidade. Para nós, ese apoio é o mellor estímulo para continuar impulsando esta iniciativa”.

Miriam Reyes naceu en Ourense e aos oito anos emigrou a Caracas, onde residiu ata os vinte e un. En 2001 publicou Espejo negro (DVD, 2001). O seu segundo poemario, Bella durmiente, foi finalista do Premio Hiperión (2004). Despois chegaron os títulos: Desalojos (Hiperión, 2008), Haz lo que te digo (Bartleby, 2015), Prensado en frío (Malasangre, 2016) e Sardiña (Chan da Pólvora, 2018). O seu título máis recente, Con (La Bella Varsovia, 2024), recibiu o Premio Nacional de Poesía 2025. A finais de 2025 publicou a súa primeira novela, La edad infinita (Tránsito), na que explora o proceso transformador que provoca a migración.
A súa obra foi recollida en numerosas antoloxías nacionais e internacionais e traducida a máis de media ducia de linguas. Tamén traduciu ao castelán poetas de lingua galega, catalá e portuguesa. Desde o ano 2001 experimenta coa reescritura audiovisual do poema e co recital multimedia.
A iniciativa do valo poético naceu en 2012 co obxectivo de unir cultura e identidade mariñeira. Desde entón, estas foron as frases e autores que ilustraron o valo de Pereira:
Casi 200 escolares participaron en la iniciativa "Operación Ola". Una propuesta que les llevó a practicar surf en la playa de Patos
El pleno aprobó la rehabilitación, por 25.000 euros, de la antigua escuela unitaria de Chandebrito. Estos son los trabajos que se harán
"Gloria e Olvido" se está grabando estos días en la provincia de Pontevedra. Un filme con caras conocidas como la de Antonio Resines
La Fiscalía también pide para Padín inhabilitación por un periodo de 13 años para la profesión de patrón de barco
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL