O BNG criticou con dureza que na campaña publicitaria coa que o Concello de Vigo vai promocionar o turismo co gallo do Nadal en doce cidades de España e Portugal, se inclúan soportes cunha imaxe do alcalde. O concelleiro, Xabier P. Igrexas, expresou esta mañá “estupefacción e profunda vergoña allea” diante dos anuncios que se instalaron en Madrid cunha fotografía de grande tamaño de Caballero. “Nós xa sabiamos que Barcelona tiña a Cobi, que Sevilla tiña a Curro, e parece claro que en Vigo Abel Caballero quere disputarlle o lugar ao propio Dinoseto como mascota emblema da cidade”, ironizou.
O portavoz nacionalista asegurou que non lle van pedir ao rexedor que abandone “o frikismo político ao que xa nos ten acostumados, porque probabelmente non sabe facer outra cousa”, pero si que exixen que non se financie a cargo de fondos públicos. “Se Caballero quere poñer carteis coa súa cara en Madrid para promocionarse, que o pague el mesmo ou o PSOE de Vigo, pero non o Concello con diñeiro de todas as viguesas e os vigueses”, reclamou.
Para Igrexas é evidente que a cidade dispón de moitísimas imaxes, mesmo do Nadal, “máis acaídas para promocionarse que a faciana do alcalde”. “Que diría Caballero se a Xunta do Partido Popular promocionase Galiza como destino turístico cunha foto de Feixóo? Pois con toda a razón diría que é intolerábel que se faga uso de cartos públicos para autobombo persoal”, afirmou o edil nacionalista. “Nin o Concello, nin a cidade de Vigo se reducen a Abel Caballero e iso é algo que é preciso comezar a entender, inda que for por pura hixiene democrática”, remachou.
Casi 200 escolares participaron en la iniciativa "Operación Ola". Una propuesta que les llevó a practicar surf en la playa de Patos
El pleno aprobó la rehabilitación, por 25.000 euros, de la antigua escuela unitaria de Chandebrito. Estos son los trabajos que se harán
"Gloria e Olvido" se está grabando estos días en la provincia de Pontevedra. Un filme con caras conocidas como la de Antonio Resines
La Fiscalía también pide para Padín inhabilitación por un periodo de 13 años para la profesión de patrón de barco
El vigués Jorge Lens, premiado en un certamen de fotografía urbano promovido por PhotoEspaña. En una convocatoria cerca de 2.500 imágenes
No hay eventos
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL