A concelleira de Ensino, Cristina Fernández Dávila, quixo trasladar en primeira persoa a arte ancestral das alfombras florais aos quince alumnos e alumnas irlandeses que un ano máis visitan Ponteareas dentro do programa Erasmus.
No IES do Barral, os trinta alumnos e alumnas participantes no proxecto asistiron a un obradoiro impartido por alfombristas de Ponteareas no que ademais de coñecer os materiais naturais que se empregan introducíronse na técnica de alfombrar ao xenuino estilo "Ponteareas". Concelleira e alfombristas trasladaron ao alumno a importancia social e turística do Corpus e as actividades que se desenvolven no marco destas festas.
Tuia, fiuncho, coca de eucalipto, casca de arroz, caraveis ou queiroa (brezo) son algúns dos materiais naturais que deixaron o seu arrecendo na mans do alumnado ponteareán e irlandés.
Co obxectivo de promocionar a nosa arte efímera única no mundo polo seu sentir e pola súa longa tradición, a concelleira Cristina Fernández, que tamén é alfombrista colaborou na confección desta alfombra na que se reproducía o escudo dos dous lugares.
Esta tarde tamén desputarán no campo da Lomba un partido de fútbol gaélico no que os de Tuam amosarán parte das súas tradicións deportivas aos de Ponteareas.
La mujer fue trasladada al hospital Álvaro Cunqueiro de la ciudad olívica, donde permanece ingresada, estable y fuera de peligro
La Xunta de Galicia dará este paso tras la "valoración favorable por mayoría" del Consello Consultivo de Galicia
La superficie total de intervención es de unos 270 metros cuadrados, por lo que las obras durarán unos 4 meses
Ángeles Vázquez Suárez sustituye a la nueva conselleira do Mar en el puesto de nueva directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro
Un estudio realizado por investigadores de la UVigo pone el foco en la importante de evitar el sobrepeso y la obesidad
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL