Os "Días de Mar" de Moaña rematarán este domingo a súa programación do xeito máis doce posible. Os xardíns da Casa do Concello acollerán ao longo de toda a xornada do domingo 18 de agosto a primeira Feira do Mel do municipio.
En total, 15 postos achegarán produtos gastronómicos, artesáns e, por suposto, do froito do traballo das abellas e apicultores. De todos eles, sete serán de produtos apícolas, namentres que no resto poderanse atopar xoguetes artesáns, queixos, marmelos, confituras, embutidos ou viños.
A cita comezará ás 11:00 horas, momento no que se espera xa non haxa nin rastro de chuvia, segundo as previsións das principais axencias meteorolóxicas. De feito, cos cambios na previsión, esperase que o domingo sexa unha xornada de ceos despexados ou anubrados, o que poderá favorecer a celebración da feira. Non en van, os xardíns do Concello atópanse a escasos metros da praia da Xunqueira.

Ademais dos postos, que segundo explicou a concelleira de Turismo, Coral Ríos, estrearán un novo modelo de madeira e tea branca, haberá tamén actividades ao longo da xornada como un obradoiro de extracción de mel (11:30 e 17:30 horas) ou unha cata de viño tinto co sumiller Antonio Portela -neste caso precisa de inscrición no enderezo electrónico [email protected].
Coma o resto da programación de verán do concello morrancense, os cativos tamén atoparán o seu espazo co espectáculo “Cores, contos e rock’n roll” de Pakolas, que arrancará ás 12:30 horas, e o obradoiro do recoñecido ilustrador Marc Taeger -que dará comezo ás 18:30 horas-.
A cita está organizada en colaboración coa Asociación Galega de Apicultura -AGA- e a súa delegación no Morrazo -DAGA-. Serán eles quen entreguen, sobre ás 12:00 horas, 20 quilos de mel a Iago Aspas -tantos como goles marcou na pasada tempada-. Un agasallo que terá tamén unha pequena contrapartida como é o sorteo de agasallos asinados polo delanteiro do Celta.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Después de celebrar su primer aniversario, una cafetería y "patisserie" de Vigo abre su segundo local. Así celebrará su inauguración
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL