• Incendios Ourense
  • Playa fluvial top
  • David Civera Vigo
  • Conciertos gratis
  • Parque acuático Valença
  • Fiesta Paella Tomiño
  • Planes Finde
  • Fiestas gastro Galicia
  • Planes Rías Baixas
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Gafapasta

Culturgal, éxito asegurado: 9.000 persoas participan na gran festa da cultura galega

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
28/11/2021

Volveu a Feira, volveu a xente a ateigar o recinto feiral de Pontevedra para gozar da Culturgal. A organización da Feira manifesta a súa satisfacción polo decorrer do evento durantes os días 26, 27 e 28 de novembro no que participaron nove mil persoas. Culturgal 2021 despedíase cunha xornada na que o público familiar volveu ser protagonista dunha oferta de sete espectáculos e diversos obradoiros especialmente pensados para el. Pero ademais, cinema, presentacións de proxectos para 2022 como a xira teatral de “Fariña” e moitas autoras e autores encontrándose cos seus lectores na Feira. O prato forte do día, o fin de xira de Tanxugueiras, encheu de público novo o Auditorio do Pazo da Cultura de Pontevedra coas entradas vendidas desde hai semanas.

A organización de Culturgal agradeceu especialmente ás empresas expositoras, auténtica columna vertebral do evento, a súa confianza e o retorno ao Pazo da Cultura de Pontevedra tras case dous anos de pandemia. Nos próximos días a organización da Feira comunicarase coas empresas participantes para coñecer a súa valoración do paso por Pontevedra e das novidades da edición como ter habilitado o venres 26, primeira xornada do evento, como día de montaxe co recinto feiral pechado ao público. Obrigado é tamén o agradecemento aos patrocinadores institucionais. Xunta de Galicia, Concello de Pontevedra e Deputación de Pontevedra contan con stand propio no recinto feiral e, ademais, participan con diversas iniciativas na programación xeral da Feira. Precisamente o domingo 28 a Xunta de Galicia presentaba no Espazo Foro o Proxecto Nós de intelixencia artificial para a creación de entornos de voz en galego.

Másnoticias

Culturgal, a "casa común" da cultura galega, abre as súas portas en Pontevedra

02/12/2023

El Culturgal sale por primera vez de Pontevedra y se expande a Vigo con dos días de actividades

21/11/2023

Durante os tres días da Culturgal 2021, malia estar o recinto feiral pechado ao público na primeira xornada pola montaxe de stands, máis de nove mil persoas achegáronse á Feira. “Volveu a pasar. E volveu a pasar en Pontevedra, unha cidade coa que xa hai unha identificación plena, que responde á Feira como un proxecto propio. Cremos que a Feira se reequilibra, cun modelo de feira máis sustentable no que seguiremos afondando nas vindeiras edicións, máis cómoda para visitantes, expositores e para nós como organización. Todos os nomes de referencia na cultura actual estiveron aquí. Máis da metade das entradas vendidas foron adquiridas online, é un cambio sustancial respecto das anteriores edicións; tamén acontece cos pagos na feira por parte dos visitantes. En definitiva, cultura segura para todos ”, sinala o director da Feira, Xosé Aldea. “Temos que dicir que a afluencia de público superou as nosas expectativas xa que hai só unhas semanas os aforos que manexabamos eran moito máis reducidos. Recibimos unha resposta moi positiva dos participantes que nos manifestaron a importancia de reencontrarnos, o que fai que nos decatemos da dimensión humana ou emocional, se se quer de Culturgal, como cita de referencia para o sector”, conclúe.

Tivo a xornada de clausura tempo para o teatro coas pezas “A parábola do angazo”, de Talía Teatro, e “Dreaming Juliet” de Elefante Elegante, esta última, que forma parte do programa FalaRedes da Xunta de Galicia, foi representada no Teatro Principal de Pontevedra ante cento cincuenta persoas. O audiovisual veu da man das proxeccións do documental Xela Arias. A poeta nas marxes, dirixida por Beatriz Pereira, e de Cuñados, a película producida por Portocabo e ópera prima de Toño López. Ademais, Portocabo aproveitou o espazo da Culturgal para presentar coa Xunta de Galicia RAPA, a nova serie para Movistar +.

Durante toda a xornada de peche foron moitas as autoras e autores que se achegaron a presentar os seus novos títulos e a participar en sinaturas e conversas cos lectores: Manuel Rivas, Andrea Maceiras, Lorena Conde, Emma Pedreira, Manuel Gago, Santiago Lopo, Pablo Otero, Alberto Lema, Antonio García Teijeiro, etc. E como xa acontecera o sábado 27, o Espazo Infantil foi do máis concorrido da Feira con espectáculos de maxia, contacontos musical e até un método de inglés-galego para a cativada da man de Aira Editorial e Beatriz Cabaleiro.

Tanxugueiras e convidadas

Tanxugueiras, o grupo galego do que máis se fala nos últimos meses, despediu a súa xira Contrapunto na Culturgal, na xornada de clausura, coas setecentas butacas do Auditorio do Pazo da Cultura esgotadas desde semanas atrás. O público que se achegou a Culturgal compartiu coas tres pandereteiras o peche dun ano espectacular para o grupo e gozou dun concerto especial no que Tanxugueiras subiron ao escenario a colaboradores como Xabier Diaz, Uxía, Lilaina, Sabela e Edelmiro Fernández. Neste 2021, as cantareiras liberáronse de prexuízos para consolidar a identidade dun grupo que explora con curiosidade a fusión da tradición con sonoridades urbanas e modernas. O foco está sobre elas, unhas artistas audaces, chamadas a levar os ritmos e a enerxía da terra por escenarios de todo o mundo e que, como quedou demostrado nesta Culturgal, conectan de maneira extraordinaria cos públicos novos.

Temas: Culturgal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Enfoque

Vigo salta a la gran pantalla en Nueva York con una de las películas más esperadas del año

La película Romería, grabada en Vigo, se podrá ver en Estados Unidos. Su estreno en Norteamérica será en el Festival de Cine de Nueva York

PorPaula Carballo
06/08/2025
Gafapasta

Romería, la esperada película de Carla Simón rodada en Vigo, inaugurará el FICBueu 2025

La proyección de "Romería" tendrá lugar el 5 de septiembre en el FICBueu, el mismo día que la película llega a las salas de cine

PorMetropolitano
31/07/2025
Enfoque

El "súper ventas" Santiago Díaz presenta uno de los thrillers del año en Vigo: "Jotadé se hace querer"

El escritor Santiago Díaz narra la historia de "Jotadé", un policía gitano, en su nueva novela. Es el inicio de una nueva trilogía

PorIván Dacal
21/07/2025
Gafapasta

A RAG dedicará en 2026 o Día das Letras Galegas á viguesa Begoña Caamaño

O próximo 17 de maio estará dedicado a Caamaño, quen debutou na madurez como narradora, aos 45 anos de idade, con 'Circe ou o pracer do azul'

PorMetropolitano
20/06/2025
Enfoque

Investigadores do CIM estudan o papel do plancto mariño no almacenamento de CO₂ nos océanos

PorMetropolitano
01/08/2025

O investigador Pablo Serret realizará medicións semanais na ría de Vigo durante 3 anos

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

13agoTodo el díaTradition, the origin of circus con Evolution Circus en NigránCIRCO | NIGRÁN

14agoTodo el díaProgramación de las Fiestas de San Roque de Vigo 2025FIESTAS | VIGO

16ago20:00Festa Gastronómica do Miño en TuiFIESTAS | TUI

23ago18:00Programación con horarios del Entroido de Verán en RedondelaFIESTAS | REDONDELA

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X