• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Gafapasta

Un novo petisco do Festival de Cans este sábado na Sala Ingrávida

Un novo petisco do Festival de Cans este sábado na Sala Ingrávida
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
17/05/2019

O Festival de Cans, que se celebrará do 22 ao 25 de maio, inicia esta fin de semana na Sala Ingrávida as proxeccións da que será a primeira retrospectiva internacional da historia do certame dedicada ao director alemán Hannes Stöhr. Este cineasta naceu en Stuttgart en 1970, formouse na Deutsche Film- und Fernsehakademie de Berlín e, na actualidade, exerce de profesor de dirección e guión na Universidade de Stuttgart. Esta panorámica, que achegará a Cans as catro longametraxes que compoñen a súa filmografía, recolle a mirada deste cineasta moi ligado a Galicia, marcada pola temática social, os toques de humor intelixente e uns personaxes que se caracterizan polo seu pouso underground.

O sábado 18 de maio, ás 20:00 horas, terá lugar a primeira sesión con Berlin Calling, unha película que se estreou dentro do Festival de Locarno en 2008. O filme conta a historia de excesos de Martin Karow, DJ Ickarus, un famoso produtor e DJ de música electrónica que pasa a súa vida, noite tras noite, pinchando en salas e clubes arredor de todo o mundo. Este personaxe foi interpretado polo músico e DJ Paul Kalkbrenner, un dos artistas da música electrónica máis aclamados do mundo, que compuxo ademais a banda sonora do filme.

Másnoticias

O Porriño toma medidas especiales por el "gran apagón" que afecta a toda España

"Hito histórico" para O Porriño, aprueban su escudo y su bandera con estos elementos

21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

21/07/2026

https://www.youtube.com/watch?v=gD96ccLTBAI

O domingo 19 de maio pasarase á mesma hora (20:00 horas) na Sala Ingrávida o filme One Day in Europe (2005), coñecido en Galicia como Galatasaray-Dépor. Trátase dunha película de episodios, formada por catro historias que suceden en catro países diferentes no día dunha hipotética final da Champions entre o Galatasaray de Estambul e o Deportivo da Coruña. One Day in Europe estreouse no Festival de Cine de Berlín, e nela participan unha parte importante de actrices e actores galegos como Miguel de Lira, Luis Tosar e Blanca Cendán, intérpretes que Hannes Stöhr coñeceu en Santiago de Compostela, cidade na que viviu durante un tempo nos anos noventa.

Berlin is in Germany, que se proxectará o luns 20 de maio, é a opera prima de Hannes Stöhr, coa que debutou en 2001. Esta historia transcorre no Berlín reunificado trala caída do muro, onde o protagonista Martin Schulz terá que desenvolverse e vivir tendo só o carne de identidade e diñeiro da RDA logo de pasar 11 anos en prisión. A Berlinale acolleu en 2001 a estrea deste filme, que obtivo o Premio Panorama do Público.

A Sala Ingrávida terá para este ciclo un aforo reducido a 40 butacas, que serán ocupadas por orde de chegada. O público que se achegue a este espazo poderá ver ademais unha parte da exposición “Outra pel, outro rostro”, da fotógrafa Cris Andina.

O colofón final da retrospectiva de Hannes Stöhr terá lugar o xoves 23 de maio, xa en pleno Festival de Cans. Ese día o cineasta estará presente para proxectar o seu filme máis recente, Global Player (2013), ás 17h00 no Círculo Recreativo Cultural do Porriño. Esta película, que se estrea en Galicia no Festival e que non chegou ás salas de cine en España, fálanos en clave de comedia da influencia da globalización e do capitalismo a través da difícil situación dunha pequena empresa familiar do téxtil do sur de Alemaña. Ao remate da proxección haberá un coloquio co director.

Temas: A LouriñaCineFestival de CansFestival de Cans 2019festivales de cinefestivales de cine en Galiciafestivales en GaliciaO Porriño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán ofrece gratis en su cine la mejor película del festival de Venecia 2025
Gafapasta

Nigrán ofrece gratis en su cine la mejor película del festival de Venecia 2025

La película que se proyectará fue la Ganadora del León de Oro del Festival Internacional de Cine de Venecia de 2025

PorUxía Pérez
23/06/2026
Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026
Extra

Alberto Lema, Ivana Gómez e Santiago Lopo, gañadores dos Premios Xerais 2026

Xerais celebrará unha festa de entrega dos premios no outono, cando os libros xa estean en librarías. O acto terá lugar en Vigo

PorPaula Carballo
23/05/2026
El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España
Gafapasta

El festival del "agroglamour" convierte a esta aldea de O Porriño en la capital del cine de España

El Festival de Cans arranca este martes con la proyección de la nueva película de Julio Medem y el homenaje a Celso Bugallo

PorCarlos I. Castrillón
18/05/2026
El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans
Gafapasta

El gran evento cultural que convierte el rural de O Porriño en salas de cine, así será el Festival de Cans

Del cineasta icónico Julio Medem al adiós de Siniestro Total, así es la programación del Festival de Cans que se celebra en O Porriño

PorCarlos I. Castrillón
06/05/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X