• Obras Avenida de Madrid
  • Apertura en Vigo
  • Nuevo mirador
  • Barrio do Cura
  • Precios Parque Acuático
  • Mejores Tapas
  • Festa da Rosa
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA General

A UVigo aposta por regresar á presencialidade total no vindeiro curso académico

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
26/06/2021

A UVigo desenvolverá a actividade docente no inicio do vindeiro curso 21/22 en modalidade totalmente presencial, excepto naquelas titulacións, cursos ou materias nas que a capacidade dos espazos non a permitan, ou cando as condicións sanitarias por mor da pandemia, non a fagan posible. A aplicación desta denominada “normalidade adaptada”, foi aprobada este venres na sesión de Consello de Goberno, na que se abordaron as medidas sobre o inicio do próximo curso académico, no que a modalidade mixta ou non presencial quedaría, reservada para situacións puntuais e localizadas de curta duración, derivadas de restricións locais ou por gromos nalgunha dependencia universitaria.

Este foi un dos acordos adoptados na sesión que o órgano de goberno da UVigo celebrou este venres, e na que tamén se aprobaron as contas anuais correspondentes ao 2020, así como o nomeamento do investigador e director científico do CICbiomaGUNE, Luis Liz Marzán, como investigador distinguido da UVigo ,na que desenvolveu boa parte da súa carreira. “Foi unha mágoa cando marchou”, dixo o reitor, que destacou a calidade científica e humana de Liz Marzán. Reigosa comezou a sesión ordinaria co seu informe manifestando a súa expectativa en que antes de setembro se produza un acordo entre as universidades galegas e as consellerías de Educación e Facenda sobre o vindeiro Plan de Financiamento Universitario. “Hai unha proposta das universidades e outra das consellerías e aínda que están relativamente lonxe, esperamos que haxa acordo antes de setembro”, dixo o reitor, que tamén manifestou o seu desexo de que se acade o máximo consenso en relación co mapa de titulacións, sobre todo despois que se chegase a un acordo sobre os criterios. “É unha boa nova que antes de facer o reparto se acordasen as regras de xogo”, sinalou Reigosa, que lembrou o consenso alcanzado no caso de grao e do mestrado en Intelixencia Artificial que se impartirá nas tres universidades.

Másnoticias

Vista exterior de un establecimiento de Ikea // SHUTTERSTOCK

Ikea crece en Vigo y desembarca en Vialia con una tienda de 355 metros cuadrados

09/06/2025

Aparece una llamativa etiqueta en los productos de varios supermercados de Vigo

09/06/2025

No seu informe o reitor tamén confirmou que, tras fracasar unha primeira negociación do servizo de mediación para intentar desbloquear o conflito xerado pola proposta do Mestrado en Exercicio Terapéutico en Funcional en Fisioterapia, entre as facultades de Fisioterapia, promotora do título, e a de Ciencias da Educación e do Deporte, farase unha segunda mediación, ademais de encargarse un informe a unha asesoría externa especializada. Por outra banda, Reigosa avanzou a próxima apertura ao público do edificio Redeiras do Berbés, que xa a partir do mes de setembro acollerá varios servizos que agora se prestan no campus de As Lagoas Marcosende.

Normalidade adaptada para o curso 2021/22 e valoración positiva do 20/21

Logo cun curso que está a piques de rematar e no que, por mor da pandemia, a docencia presencial conviviu coas modalidades mixta e non presencial, a UVigo aposta por iniciar a actividade no curso 21/22 de xeito totalmente presencial, excepto naquelas titulacións, cursos ou materias nas que a capacidade dos espazos docentes que calcule a Unidade Técnica non permitan a presencialidade total. Esta “normalidade adaptada”, que atenderá ás limitacións fixadas pola Xunta de Galicia, e ás medidas sanitarias, e que establece ocupacións do 50% para bancadas fixas e 1,2 metros para mobiliario non fixo, trasladarase logo da súa aprobación polo Consello de Goberno aos centros da UVigo, que deberán analizar se poden iniciar o vindeiro curso de xeito totalmente presencial ou teñen que solicitar unha excepción.“Non podo valorar se algún centro pedirá non empezar con presencialidade total, pero tendo en conta que as restricións en canto a distancias se relaxan e que moitos centros xa tiveron presencialidade total nas condicións deste curso, debe haber poucas excepcións, se é que hai algunha”, prevé Manuel Ramos, vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado, que explicou que a adopción destas medidas deriva de reunións mantidas entre a Consellería de Educación, Sergas, Acsug e universidades, e que parten de dúas ideas básicas sobre as que traballa a Xunta: o avance cara á normalidade e o principio de prudencia.

As medidas acordadas para o vindeiro curso contemplan que a normalidade adaptada poderá verse modificada por restricións locais derivadas de gromos ou peches na localidade na que se sitúa o centro docente, dando así lugar a unha modalidade mixta ou non presencial. En canto ás prácticas externas, estas deberán desenvolverse segundo as medidas activas en cada momento de seguridade, autoprotección e distancia física e en función da normativa vixente e o do establecido no correspondente convenio de cooperación educativa. Así mesmo, as medidas recollen que as guías docentes conterán, de xeito xeral, un escenario de normalidade adaptada.

Sobre o presente curso, cando está a piques de rematar, o vicerreitor de Ordenación Académica e Profesorado fai “unha valoración moi positiva. Non houbo incidencias destacables na impartición da docencia na modalidade mixta, nin nas probas de avaliación e a incidencia de contaxios nos centros foi moi inferior á que se daba a nivel de rúa nas cidades, onde están os campus”. Ramos lembra que non houbo ningún gromo en todo o curso, e unicamente foi preciso pechar uns poucos días algún curso completo con carácter preventivo. “A mellor noticia é que o curso transcorreu con normalidade dentro da situación de anormalidade vixente”, asegura Manuel Ramos.

Aprobadas as contas anuais do ano 2020

O Consello de Goberno aprobou este venres por asentimento as contas anuais correspondentes ao ano 2020, que a vindeira semana deberán ser ratificadas polo Consello Social, como paso previo a súa remisión á Xunta de Galicia antes do 30 de xuño. O vicerreitor de Economía, José María Martín Moreno, foi o encargado de presentar a conta anual do ano pasado, que inclúe o balance de situación, conta de resultado económico patrimonial, estado de cambios no patrimonio, estado de fluxos de efectivo e liquidación do orzamento e memoria. Martín Moreno, que destacou o que orzamento definitivo de ingresos da UVigo acadou os 209,3 millóns de euros, o que supón un 7,38% máis que a cifra inicialmente estimada, salientou que as modificacións orzamentarias no ano 2020 sufriron un ascenso debido á maior incorporación de remanentes dos proxectos de investigación e á xeración de créditos pola consecución de fondos alleos, sobre todo derivado da covid-19. Así mesmo, Martín Moreno destacou o comportamento do apartado de incorporación de remanentes, que reflicte un pequeno incremento debido á prórroga das axudas á infraestruturas científicas da anualidade 2018-2019.

Segundo explicou o vicerreitor de Economía na súa intervención no Consello de Goberno, o resultado orzamentario do exercicio acada a cifra negativa de -3,2 millóns de euros, e ao engadirse os axustes do resultado orzamentario axustado alcanza os 7,5 millóns de euros. “Como sempre a Universidade cumpre en tempo e forma coa presentación e aprobación das contas anuais para a súa remisión á Xunta de Galicia e este ano, ao igual que vén ocorrendo en ocasións anteriores presentamos unha liquidacións axustada positiva de máis de 7 millóns de euros. Isto indica que soubemos soportar a pandemia e todo o que isto implica sen afectar á estabilidade financeira da institución”, explica Martín Moreno, para quen “a situación financeira da UVigo, tal e como amosan as contas anuais é moi positiva, e das tres universidades do SUG a mellor con diferenza”, asegura.

En comparación coas contas do 2019, o vicerreitor de Economía destaca a mellora “substancial” do resultado orzamentario axustado grazas a ingresos non esperados da Xunta de Galicia para investimentos relacionados coa dixitalización da docencia.

Luis Liz Marzán novo investigador distinguido da UVigo

Outra das decisións adoptadas polo órgano de goberno da UVigo foi o nomeamento de Luis Liz Marzán como investigador distinguido da UVigo. Logo de incorporarse en 2013 ao CIC-Biomagune, desde a Universidade de Vigo na que desenvolvía a súa actividade docente e investigadora, Liz Marzán convértese agora en investigador distinguido da institución académica viguesa por iniciativa do Departamento de Química-Física. “É unha honra para esta universidade ter a Luis Liz Marzán como investigador honorífico”, dixo a vicerreitora de Investigación, Belén Rubio, en relación con este nomeamento que non é contractual, senón que se acollería ao regulamento de persoal investigador honorífico, que pode colaborar coa docencia e coa investigación na UVigo, algo que Liz Marzán xa estaba a facer. Belén Rubio incidiu na súa exposición na excepcionalidade do CV de Liz Marzán do que destacou que ten máis de 500 artigos en revistas JCR, 20 capítulos de libros e nove patentes, ademais de ser investigador principal de máis de 60 proxectos e contratos con empresas por máis de 10 millóns de euros. “A súa investigación ademais é moi recoñecida a nivel internacional, ten máis de 50.000 citas, e leva sendo investigador altamente citado de xeito ininterrompido desde o 2014”, detalla.

Por outra banda, na sesión se deu luz verde ao Plan de retención de talento investigador para 2021, trátase dunha convocatoria semellante ás de anos anteriores, que oferta o mesmo número de prazas que o ano pasado, catro, e tamén se plantea deixar unha lista de agarda, que se pode cubrir coas vacantes que poida haber de anos anteriores. A redacción da convocatoria foi modificada a instancias do docente e investigador José Manuel Cruz, de xeito que recolla as convocatorias de carácter competitivo que aparecen mencionadas “ou as equivalentes”. Doutra banda, a convocatoria engade, tamén como novidade, un criterio de desempate de corrección de maior infrarepresentación de xénero dunha área de coñecemento da Universidade de Vigo, dentro do profesorado con vinculación permanente. “É un pequeno sinal que pode axudar a mellorar os desequilibrios de xénero que existen na carreira investigadora, o famoso gráfico de tesoiras. A ver si conseguimos pouco a pouco que a tesoira se vaia pechando”, sinala Belén Rubio.

Temas: coronavirusUniversidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Enfoque

Renfe modifica los horarios de varios trenes en Galicia a partir del 9 de junio, seis de ellos en Vigo

Renfe recomienda a las usuarias y usuarios de la compañía en Galicia consultar los horarios actualizados antes de viajar

PorMetropolitano
24/05/2025
General

La Guardia Civil registra un buque en el Puerto de Vigo para investigar si transporta droga

Interceptan un portacontenedores en el Puerto de Vigo. La Guardia Civil ha subido al buque ante la sospecha de que transporta droga

PorEuropa Press
15/05/2025
Foto: Mercado Reciclado
General

El Mercado Reciclado más sostenible llega a Vigo este fin de semana con múltiples actividades

Este fin de semana se celebra una nueva edición del Mercado Reciclado. Habrá talleres, sesiones de baile, ropa de segunda mano, vintage o upcycling

PorIván Dacal
02/05/2025
Foto: Pazo A Toxeiriña (Moraña)
General

La provincia de Pontevedra celebrará una Gala de Turismo histórica en una de sus joyas interiores

Un viaje por el interior de la provincia de Pontevedra, con música en directo y reconocimientos. Así será la Gala de Turismo de la Diputación

PorAlfredo Teja
28/04/2025
Enfoque

A UVigo pon en marcha un título propio de Experto en Auga, Termalismo e Saúde

PorMetropolitano
06/06/2025

O prazo de inscrición para este título xa está aberto

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

15junTodo el díaFesta dos Callos en CabralFIESTA GASTRONÓMICA | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X