O calendario de 2022 de O Rosal terá como protagonistas ás mulleres traballadoras do concello. A iniciativa, posta en marcha polo consello de Igualdade municipal, ten como obxetivo principal por en valor o traballo das rosaleiras na historia e tamén na actualidade. A estructura do calendario será que en cada mes figurará unha gran fotografía que representa a unha muller ou a un grupo de mulleres de O Rosal.
O mes de xaneiro está adicado ás argaceiras; febreiro ás mestras; marzo ás matronas cunha fotografía de Xulia Suárez, rosaleira que reivindicou os dereitos das mulleres durante e despois do franquismo; abril ás condutoras de autobús coa mención á Silvia, a primeira muller condutora de autobús do Baixo Miño; maio ás costureiras; xuño ás traballadoras da terra; agosto ás que traballan con maquinaria no agra; setembro ás percebeiras; outubro ás tendeiras, con especial mención a Adela Álvarez, unha dinamizadora da colectividade dende un ámbito rural como a parroquia de Fornelos e autora de diversas pezas poéticas en galego; novembro ás artistas, representadas na figura Rufina Domínguez, actriz declamadora do Rosal que foi represaliada polo Franquismo, e decembro ás menciñeiras.
O calendario tamén inclúe información e definicións sobre igualdade, violencia de xénero e teléfonos de interese para mulleres que sufran violencia machista. "Queremos que o almanaque sexa un lugar para educarse en igualdade e que tamén informe ás mulleres, de xeito rápido e sinxelo, dos recursos que teñen da súa man en caso de sufrir violencia por parte das súas parellas", explican dende o concello de O Rosal. Ademáis, Anxela Fernández, alcaldesa, destaca que "con este calendario queremos homenaxear as nosas mulleres mentres educamos en igualdade", ao tempo que dá "os parabéns a Angelina Gándara, Rosa Maceiras, Noemí Baz, Moncho Leal e a Sara Vicente, persoas que integran a Comisión de Igualdade, polo seu gran traballo".
Os Reis Magos serán os encargados de repartir os calendarios no percorrido que realizarán o vindeiro día 5 de xaneiro por todos os barrios de O Rosal. Despois de ese día, todas as persoas que o desexen poden solicitar un exemplar de maneira totalmente gratuita no Concello.
Sanidade señala que ya trabaja en un plan de contingencia ante el el "alto riesgo" de una huelga indefinida en el sector
La colisión frontal entre un turismo y una ambulancia en la N-120 en Ourense deja a los conductores de ambos vehículos heridos de gravedad
El TSXG confirma trabaja en la redistribución de plazas de funcionarios para solucionar el "problema" de la ejecución civil en Vigo
La alerta de los vecinos permitió a la Guardia Civil detener a un joven que llevaba la caja registradora del bar en el que acababa de robar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL