En poucas palabras, por que as veciñas e veciños de A Guarda deben apoiar a súa candidatura nas eleccións municipais?
Na Guarda vense demandando un cambio e pasa por votar ao BNG. Parece que rachou por fin o binomio de goberno de PP e PSOE e hoxe hai unha nova alternativa. Hai que rachar coas políticas que se viñeron facendo na Guarda até agora. Temos goberno do BNG en municipios ben próximos que demostran que hai outro modelo que pode aplicarse na Guarda. Queremos cambiar e tranformar A Guarda dunha vez por todas.
No caso de ser alcalde, como imaxinas A Guarda dentro de catro anos?
Temos claro que as primeiras liñas serán devolver os espazos públicos ás persoas. Poremos en valor todo o patrimonio cultural, artístico e natural que temos desestacionalizando o turismo para facelo sostible doce meses ao ano. Poñendo en valor as Salinas, o Trega, os castros, as casas indianas, etc.
Cales son os retos culturais que ten A Guarda?
Esa é unha das grandes preguntas. Durante estes 40 anos de gobernos do PP e PSOE xa vimos promesas de auditorios e polideportivos de todos os tamaños, cores e formatos. Pero a realidade é que non temos ningunha desas infraestruturas nin un proxecto orzamentado. Comprometémonos non a sacar unha foto no programa, senón a abrir un diálogo constante para lograr un proxecto xustificado.
Cal sería un bo resultado o 26M?
O BNG non se marca metas. Dentro da prudencia e da humildade, a nosa meta é a alcaldía. Estamos nunha oportunidade enorme para o BNG e para a cidadanía dese cambio real.
Estaríades abertos a un goberno de coalición?
Temos claro que o noso obxectivo é chegar á alcaldía. Un goberno non vai ser para calquera cousa, será para transformar o pobo nun novo modelo de vida consensuado coas diferentes entidades sociais, culturais e a xente de a pe. En base a ese programa trataremos de gobernar, sos ou se é preciso con apoios. O noso pacto é coa cidadanía. Os veciños e veciñas son partícipes do noso programa.
E un mal resultado sería?
Creo que o BNG hai tempo que deixou de ter resultados malos. Nos últimos 20 anos o BNG está a facer as cousas ben, sen grandes alardes.
Como valora esta lexislatura?
As grandes promesas quedaron sen cumprir. O gran proxecto xustificado e orzamentado é a saída sur e para levalo adiante o alcalde tivo que darse conta que non podía ir no PXOM como defendía. Tivo que darse conta de que había que xustificar o proxecto sectorial, como defendía o BNG, para darlle dinamismo ao Porto. Concepción Arenal deixou de ser un vial de acceso para ser unha rúa comercial e urbana e isto xustifica a necesidade dun novo vial para o Porto. Foi o BNG na Deputación quen fixo o anteproxecto e ante a pasividade da Xunta fixo o proxecto. Falta o compromiso da Xunta. Por outro lado, despois de 15 anos tamén caen da burra para adherise á rede de escolas infantís da Xunta. Por último, o BNG foi quen de insistir na necesidade de elaborar un Plan de Mobilidade para que Concepción Arenal se transforme nunha rúa de prioridade peonil. Tardamos dous anos en facerlles entender isto. Non teñen un proxecto claro.
A Guarda perde poboación dende 2011, como se debe afrontar este problema?
Para que non marche a xente hai que dar alternativas de negocio e fomentar as potencialidades da Guarda. En Tomiño teñen dende hai anos un modelo en marcha de devolverlle as rúas as persoas. Hai que poñer ese modelo baixo á realidade da Guarda e obteriamos resultados similares ou mellores.
Debe enfocarse o modelo económico da Guarda cara o turismo?
O turismo é unha das competencias municipais nas que máis se pode traballar. Dá oportunidades ao comercio se o traballamos ben e logramos desestacionalizalo. Pero hai máis alternativas como a pesca, que sempre foi puxante e xeradora de dinamismo e riqueza na Guarda a pesar dos momentos complicados que pasa por decisións políticas da Xunta e do Estado.
Aposta pola creación dunha Eurocidade con Caminha?
A Guarda ten os deberes moi atrasados e levou un retroceso enorme. Historicamente, A Guarda gardou uns lazos enormes con Portugal. Atreveríame a dicir que aquelas lanchiñas que tiñamos antes eran máis dinámicas que o ferry insostible que temos actualmente, economicamente inviable. A Guarda tiña que ter en marcha uns lazos abertos e unha Eurocidade que fora unha realidade.
Entendo entón que aposta pola Eurocidade...
Si. As estratexias están marcadas. O deputado de Mobilidade, Uxío Benítez, ten feito estratexias para unir todos os concellos dunha e outra beira. É unha proba manifesta de que as políticas do BNG van máis alá dos concellos. Temos moi claro que o río deixou de ser unha fronteira para ser nexo de unión.
Estará a saída sur do Porto nesta lexislatura?
Gústame denominala acceso ao Porto. É unha entrada para que o Porto volva a reactivarse. Se o pavillón e o auditorio se converteron nun discurso de papel mollado polos incumprimentos de PP e PSOE, co novo acceso pasou algo así. Podo dicir abertamente que é unha realidade que soamente precisa do compromiso de Núñez Feijóo e aproveito para dicirlle que ten unha oportunidade histórica para facer algo pola Guarda.
Que proxecto lle ilusionaría a Anxo Baz?
Falamos de proxecto de pobo. Podería mencionar un montón de infraestruturas como o estado caótico da biblioteca, as aulas de estudo que non existen, o espazo para os traballadores da área social que seguen en condicións precarias, podo falar da Casa Taller a caer, podería falar de moitas infraestruturas que seguen ano tras ano así. Que fixo o PSOE e o PP nos últimos 40 anos? Temos que ser un goberno aberto con políticas participativas e, xa adianto, que non será todo en catro anos.
BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)
1. ANXO LOIS BAZ VICENTE
2. BEATRIZ LOMBA RODRIGUEZ
3. XAN LOIS LOMBA ALONSO
4. MARIA BEGOÑA GONZALEZ MARTINEZ
5. XOSE MANUEL MENDEZ DIAZ
6. JOSE MIGUEL FERNANDEZ LOMBA
7. CARIDAD DE SANTIAGO GOMEZ (Independente)
8. RUBEN ADROVER ALVAREZ (Independente)
9. NURIA VAZQUEZ RODRIGUEZ (Independente)
10. MANUEL ALEJANDRO PEREZ RODRIGUEZ
11. CARMEN MARTINEZ MARTINEZ (Independente)
12. MANUEL ADROVER ALVAREZ (Independente)
13. MARIA DEL CARMEN BAZ ALONSO (Independente)
14. FELIX PEREZ CIVIDANES
15. FATIMA MARIA GONZALEZ BAZ
16. JOSE BENITO ALONSO DA COSTA
17. MARIA MERCEDES MARTINEZ VAZQUEZ
Suplentes
1. VALENTIN CANDIDO VERDE ANDRES
2. MARIA AURORA ALVAREZ OTERO
3. FERNANDO LOUREIRO COBALLES
4. XAQUIN PORTELA VERDE
5. GLORIA INES VAZQUEZ CASTRO
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL