• Tapería Nautilus Vigo
  • Casa extraña
  • Restaurante Baiona
  • Tortilla Vigo
  • Panorama y París de Noia
  • PortAmérica
  • Incendio Casco Vello
  • Fiestas Ourense
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Municipales 2019

Juan González (PSOE): "Unha maioría absoluta faría que Nigrán sexa mellor dentro de catro anos"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaCarlos I. CastrillónPorÁngel VilayCarlos I. Castrillón
24/05/2019

Que motivos lle daría ás veciñas e veciños de Nigrán para que elixan a súa candidatura este domingo?

Dou os motivos que levamos dando os últimos catro anos. Miramos aos ollos á xente. Hai cousas que queremos facer nestes catro anos, pero o que queremos transmitir é que somos así. Nos coñecen e saben como traballamos. O noso obxectivo é atender a todas as parroquias por igual e, sobre todo, atender ás persoas cunha política próxima ao cidadán. Ofrecemos catro anos máis dun goberno que atende as persoas.

De seguir como alcalde, como se imaxina o Nigrán de dentro de catro anos?

Mellor que o de agora. En Nigrán, dende fai 30 anos, un alcalde non repite. Sempre se van alternando. Iso o que fai e que os proxectos non poidan completarse. Catro anos é o tempo que permite mostrar a forma de gobernar, pero que non permite completar un proxecto. Precisamos outros catro anos para facelo. Para lograr un Nigrán diferente e para as persoas. Un Nigrán no que ninguén quede fóra.

Cales son os retos a nivel cultural que ten Nigrán?

Dimos un cambio importante a nivel cultural con moitísimas actividades no auditorio municipal e con actividades na rúa. Somos referentes en festivais como o Nigranjazz, o Solpor en Monteferro ou o Vive Nigrán. Tivemos concertos de todo tipo. Convertemos as Letras Galegas nun mes dedicado á cultura. Pero a cultura non soamente son actividades. A recuperación do Castro de Chandebrito vai marcar un antes e un despois. Imos ter unha gran escavación arqueolóxica recuperada. E, por suposto, a gran biblioteca que será un centro cultural. E tamén a recuperación do mosaico de Panxón ou a intención de recuperar todo o arco visigótico. Tamén queremos crear a Escola Municipal de Música que, probablemente, se converterá nunha realidade a final deste ano.

Como valora a primeira experiencia do goberno?

Feliz. Son feliz. Ser alcalde do teu pobo é máxico. Teño a sorte de que a xente me trata ben. Eu tamén a trato o mellor que podo. A miña vida política é pública e privada na rúa, que é moita, non son alcalde de despacho. A miña relación cos veciños, coa xente do meu pobo, dáme unha gran satisfacción. E despois tamén o fai ver como construímos un concello máis inclusivo para todos. Onde se poida vivir tranquilamente.

Que sería un bo resultado?

Lograr máis votos que nas anteriores eleccións. A xente me coñecía pero non sabía como gobernaba. Agora o meu resultado sería gañar con maioría absoluta, por suposto. E penso que así vai a ser. É o meu obxectivo.

Estará aberto a un goberno de coalición no caso de non lograr maioría absoluta?

Estes catro anos gobernamos con sete concelleiros e para nós foi unha experiencia boa. Quero gañar con maioría absoluta, polo que é un resultado que non o temos contemplado. Se os veciños e veciñas de Nigrán deciden co seu voto que é iso o que queren, haberá que ver os escenarios e ver de que xeito se pode gobernar. Agora soamente temos un obxectivo e é gañar con maioría absoluta.

Que papel debe xogar Nigrán na comarca do Val Miñor?

Somos tres concellos e tres por igual. Aquí non hai nin un de primeira nin un de segunda. Nigrán, Gondomar e Baiona temos que traballar conxuntamente para mellorar a vida dos cidadáns do Val Miñor. O temos ben claro. Por riba dos nosos intereses políticos está a nosa comarca.

Estás dacordo na constitución da Área Metropolitana de Vigo?

Claro. Está claro que se debe reactivar. Foi un momento de moita ilusión e penso que fomos quen de transmitila aos cidadáns, pero os intereses políticos evidentes da Xunta de Galicia de non permitir unha área metropolitana na que non tivera maioría o PP fixo que puxeron paos nas rodas para acabar por paralizala con procesos xudiciais. Ogallá que se dean conta de que non poden ir contra o que propoñen os cidadáns.

Cal é o modelo turístico que se debe aplicar en Nigrán?

Antes falaba do Castro de Chandebrito. É un exemplo de como podemos atraer turismo. En verán, en Nigrán e O Val Miñor estamos satisfeitos. Hai que mantelo e coidalo, pero queda o que non é de verán. Aí hai que multiplicar os esforzos. Estamos creando o Parque Forestal entre Camos e Chandebrito, de 24 hectáreas, que será un atractivo. O surf, todo o ano, o Camiño de Santiago...

No verán hai en Nigrán eventos como o Vive Nigrán, o Solpor, o Nigranjazz ou o Season Fest, continuará o seu goberno con estas citas?

A programación deste verán está xa fechada. Teremos de novo o Solpor Monteferro, que é xa un referente na primeira fin de semana de xullo. Temos o Vive Nigrán en indie pop. Temos Nigranjazz, probablemente o mellor de jazz de Galicia, Chandefolk, Rock in Patos, Val Miñor Fest, Rilla na Rúa... En Nigrán hai moitísima vida. E despois están as actividades que fan as entidades veciñais como as baixadas de carro de bolas, festa dos ovos fritos, flota como poidas... Non hai un día sen actividade cultural e festeira. Estamos no bo camiño e así continuaremos.

Xa sei que non é competencia municipal, pero ¿tedes algún plan forestal para evitar que ocorra unha traxedia como a de Chandebrito?

Fixo que Nigrán cambiara radicalmente a súa relación co monte. Non se pode dicir que serviran para algo, porque morreron dúas persoas, unha catástrofe irreparable, e sufrimos unha destrución moi importante. Pero agora as comunidades de montes e os veciños de Nigrán somos quen de facer unha nova relación cos montes. Un esforzo inmenso por cambiar. Plantamos miles de especies autóctonas e de resistencia ante o lume. Sabemos que non pode haber eucaliptos xunto aos núcleos. E estamos co Parque Forestal cunha cesión das comunidades de montes ao Concello. Será o primeiro e une as dúas parroquias máis afectadas. Será un antes e un despois.

Por que se renunciou a solicitar as bandeiras azuis?

O tiñamos moi meditado. No Grove fai dous anos que non as teñen e non perdeu nin un cuartillo de turistas. Non somos pioneiros. Con todo o respecto, é unha bandeira que outorga unha entidade privada que busca que lles vaia ben. Da a sensación que defenden o medio ambiente e non é así. E despois hai unha tremenda presión durante todo o verán coa ameza de “imos quitar a bandeira azul”. Iso é a ameaza de todos os anos, que sempre coincide coa ponte do 15 de agosto. E iso si é grave. Se ese día retiran a bandeira a Praia América porque un cartel está mal colocado, que pasa, iso é portada de xornais. Quen o mira pensa que é por contaminación ou por algo gravísimo. A bandeira azul non significa absolutamente nada. Todo seguirá igual. Os primeiros que nos felicitaron foi a Protección Civil, os surfistas e as entidades medioambientais. Tomamos unha decisión acertada e pouco a pouco máis concellos tomarán esta decisión.

Que proxecto lle ilusionaría a Juan González facer por Nigrán?

Seguir traballando para as persoas. Seguir traballando coas entidades veciñais para sacar adiante este Concello. É certo que Nigrán ten necesidade dun auditorio máis grande, e o levamos no programa, pero si te pos a valorar que dúas parroquias este ano pasado tiveron auga por primeira vez e outra parte non teñen auga... que é máis importante que todas as vivendas teñan auga ou un gran auditorio? Pero probablemente sexamos quen de facer ambas cousas. Temos claro moitísimos soños e nos próximos catro anos van a ser realidade grazas a unha maioría que nos permita gobernar sen cortapisas, sempre consensuando. Unha maioría absoluta faría que Nigrán sexa en catro anos moito mellor do que é agora.

PSOE NIGRÁN

Ver programa electoral completo
Fai clic aquí para ver a lista completa

PARTIDO DOS SOCIALISTAS DE GALICIA -PSOE (PSdeG-PSOE)

1. JUAN ANTONIO GONZALEZ PEREZ

Másnoticias

Un restaurante de Baiona se prepara para resurgir de sus cenizas tras un incendio

18/05/2025

Nigrán permite la ampliación de Delta en Porto do Molle y se confirma como punto de innovación

18/05/2025

2. RAQUEL GIRALDEZ ARMAS

3. DIEGO GARCIA MOREIRA

4. RUBEN RIAL SANCHEZ

5. NURIA LORENZO LOPEZ

6. JOSE LUIS SANROMAN ROMAN

7. ALFONSO VAZQUEZ PEREZ

8. BIBIANA PEIXOTO IGLESIAS

9. MARINA VIDAL LORENZO

10. PATRICIA DIEGO TRAVIESO

11. CRISTINA DOSIL VALVERDE

12. MARIA ESPERANZA MAYAN AREAL

13. LADISLAO ALONSO VALVERDE

14. MARIA LUZ PEREZ VIDAL

15. JOSE FERNANDEZ RODRIGUEZ

16. LUCIANO IGLESIAS COSTAS

17. ROSA AUREA BRION TOUCEDO

Suplentes

1. JESUS MANUEL COSTAS GARBIN

2. JOAQUINA BARROS SANROMAN

3. RAFAEL CASTRO DE LA CRUZ

Temas: elecciones municipalesmunicipales NigránNigránO Val MiñorPSdeG-PSOE
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Municipales 2019

El PP gana en Redondela, pero AER decidirá quién gobierna

Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave

PorCarlos I. Castrillón
27/05/2019
Municipales 2019

Euforia del PP en Mos e incógnitas en O Porriño y Salceda

Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo

PorÁngel Vila
27/05/2019
Municipales 2019

O Val Miñor se tiñe de rojo: el PSOE se impone en los tres municipios

Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona

PorÁngel Vilay1 Otros
27/05/2019
Municipales 2019

O BNG convértese na primeira forza de Moaña e podería revalidar a alcaldía

O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta

PorÁngel Vila
27/05/2019
Enfoque

A UVigo acada cinco contratos con empresas para desenvolver tecnoloxías aeroespaciais

PorMetropolitano
16/05/2025

Belén Rubio destaca “a fortaleza do modelo de colaboración entre academia e tecido empresarial"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

15mayTodo el díaMERCARTE EN TUIMERCADO ARTESANAL | TUI

24may10:00Andaina interpretativa no RosalANDAINA | O ROSAL

24may10:00Fiesta con Mercado en SalvaterraFIESTA | SALVATERRA | GRATIS

31may12:00VERBENA MARKET EN VIGOMERCADILLO | VIGO

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

×
X