En poucas palabras, por que as veciñas e veciños de Mos deben apoiar a súa candidatura nas eleccións municipais?
Porque ofrecemos o proxecto máis serio, que dá máis seguridade a Mos e porque nos avalan os feitos. Queremos converter a Mos no que xa é, un territorio de oportunidades, un territorio de convivencia, máis habitable e, por suposto, cunha maior aposta polo deporte.
No caso de continuar como alcaldesa, como imaxinas Mos dentro de catro anos?
Imaxino un Mos con moitas máis zonas humanizadas, as seis grandes que se fixeron nesta lexislatura se multiplicarían por dous e por iso digo que queremos un Mos máis habitable, de máis convivencia. Imaxino ese Mos cun montón de zonas nas que os mosenses poidan pasear, compartir e desfrutar do noso concello, que é marabilloso. E tamén imaxino un Mos cun desemprego máis baixo do que temos agora. Imaxino un polígono da Veigadaña ao 100% e un polígono que sería A Veigadaña II, no que xa estamos traballando e que en catro anos non estaría ao 100%, pero si podería estar ao 50%. E imaxino un Mos que empece a traballar nunha Cidade Deportiva para o Celta que traerá emprego, futuro, máis auga e máis monte.
Cales son os retos culturais que ten Mos?
Seguir potenciando o noso recurso turístico máis importante e case único, o Camiño de Santiago. Nestes últimos catro anos creamos a Mesa do Camiño onde implicamos a comerciantes, a veciños, a asociacións culturais e á propia Xunta de Galicia. Todos xuntos estamos a conseguir que o Camiño de Santiago en Mos sexa máis fermoso e se fagan moitísimas máis actividades á vez que se potencie para que os peregrinos traten de quedarse unha noite en Mos. Por iso creamos un novo albergue e, por iso, ao redor do Camiño dende marzo ata outono facemos moitísimas actividades. O outro punto é seguir a potenciar a nosa rosa, que xa é de interese turístico autonómico. E, por suposto, seguir a potenciar as súas parroquias coas súas asociacións culturais.
Non teme que toda a polémica coa construción da Cidade Deportiva do Celta lle afecte nas eleccións?
Por suposto que non. Ese é o obxectivo dos outros partidos, que non pensan en Mos e só na rendabilidade política. O que censuro e censurarei é a manipulación e mentirlle aos veciños. Eles saben perfectamente o que estou a defender e por iso o digo alto e claro. Primeiro, o proxecto do Celta se fará se os veciños queren; segundo, o proxecto do Celta lle trae a Mos máis e mellor calidade de auga da que teñen hoxe as traídas; terceiro, o proxecto do Celta vai traer máis economía e máis emprego. Trae tamén máis monte, porque lle daría á Comunidade de Montes de Tameiga o dobre de terreos que lle van a requerir. Sería monte reforestado con especie autóctona. Un monte onde participarían e desfrutarían del todos os veciños porque se lle compraría aos particulares para entregarllo ao Comunidade de Montes. Permitiría ter un gran parque forestal que hoxe non temos para que todos poidamos desfrutar del. E por suposto trae emprego, trae economía e trae futuro.
A oposición asegura que vostede gaña as eleccións expropiará eses terreos? É verdade?
Creo que acabo de contestalo. Se fará se os veciños queren, se chegan a un acordo económico con quen en este caso vai desenvolver o proxecto. Por que falan de expropiacións se saben que é mentira? O que teñen é que chegar a un acordo económico. No caso da Comunidade de Montes de Pereiras chegou a un acordo dunha cantidade creo que razoable de 18 euros o metros. Por que falan de cousas que non son certas? E repito unha vez máis. O máis importante para min é Mos e o mellor que lle pode pasar a Mos é que a Cidade Deportiva, pero insisto que será se os veciños queren, non se lle vai a expropiar a ninguén.
Para vostede quen é máis rival este domingo: GañaMós, PSOE ou BNG?
Para min son os tres iguais. Evidentemente aquí soamente hai dúas opcións: a opción da alcaldesa actual e o equipo que se presenta con ela, que é un único equipo, cun único programa e un aval de traballo. Ao outro lado hai tres alcaldes que queren ser alcaldes e a ver como comparten o sillón. Hai tres alcaldes con tres programas diferentes. Invítolles a que dunha vez por todas vaian a facer publicidade xuntos e digan como se van a poñer de acordo. Ou gobernamos nós ou gobernan tres. Xa temos experiencia noutros gobernos bipartitos, ahora tripartito. O que máis llew importa é a foto e a rendabilidade política e o que menos lle importa é Mos. Coma eses experimentos xa os tivemos digo que son os tres iguais. Son os tres iguais de inexpertos porque nunca estiveron no Concello.
Voulle pedir unha reflexión tamén política sobre este domingo. Cre que lle pode beneficiar que non se presenten a estas eleccións partidos como Ciudadanos ou Vox?
Se o centro dereita só ten un partido é porque as cousas as debemos facer relativamente ben. Non é o caso doutros concellos. Levamos no goberno dez anos e que non haxa outra candidatura de centro dereita demostra a unidade, o sentido común, o apoio importante dos veciños, que soen apoiar a quen lle ofrece confianza e non está no tripartito, senón que está no PP e na candidatura que encabeza a alcaldesa Nidia Arévalo.
Que sería para Nidia Arévalo un bo resultado este domingo?
Ter de novo a confianza dos veciños.
E pola contra, un mal resultado?
Para min un mal resultado sería a perda de confianza dos meus veciños.
Falaba fai un intre que levaba dez anos na Alcaldía, que lle queda por facer?
Estamos a humanizar Mos para que sexa máis habitable. O meu reto é seguir a humanizar todas as estradas e viais que sexan posibles. Quero seguir traballando ata acadar un desemprego moi baixo. Somos o concello que menos parados ten da comarca e ese é o meu obxectivo. E, por suposto, traballar por eses colectivos que están en desigualdade para que non teñan barreiras de ningún tipo.
Un dos grandes proxectos foi a aprobación do PXOM, que significa para Mos contar cun Plan Xeral?
É tan importante que, grazas a contar cun Plan Xeral, temos a plantilla do que queremos para o futuro municipio. Por aí hai outros que se dedican a pór plantas e construír beirarrúas altísimas e a facer política de pantalla. O importante non o teñen feito como é o caso de Vigo. O máis importante para un concello é ter aprobado o documento que lle permite crecer e crecer de forma ordenada e legal, falando medio ambientalmente e urbanísticamente. Levamos xa uns anos dándolle contido a ese Plan Xeral. A partir de aí podemos crecer como concello de oportunidades, poder ter grandes empresas que están en Mos e non van a outro sitio, podemos seguir dando respostas como é o caso de ter unha Cidade Deportiva con todo o que iso conleva, e podemos falar de converter o Rebullón nunha residencia de maiores.
Por que Mos carece dun centro urbano?
Eu creo que a historia de Mos se produciu dunha forma que vén a xustificar por que non ten un núcleo, un casco, ao redor dunha Casa Consistorial. O Concello de Mos se cambiou de ubicación en dúas ocasións ao longo de século pasado. Este foi o motivo polo que non se creou un lugar de crecemento. Con este Plan Xeral está deseñado que teñamos definitivamente ese lugar que esperemos que sexa o futuro casco urbano de Mos. A autovía tamén nos dividiu tremendamente. Cando se fala de como será o Mos de dentro de catro anos, quero que poidamos coemzar a ver xa un pequeno desenvolvemento en torno a este casco histórico.
Onde estaría?
Nas Pozas.
Ser un concello limítrofe con Vigo, beneficia ou prexudica a Mos?
Ata agora tiñamos as dúas cousas. Creo que xa é o momento de ter máis beneficios que prexuicios. Dende longo estar á porta de Vigo ten cousas desgraciadas como ternos dividido coa autovía, a autopista, o aeroporto e no futuro un AVE, unha nova autovía e un novo túnel. Ata agora que tivemos a cambio? Penso que bastante pouco. Que tivemos? Tivemos un concello industrial, importante, onde hai empresas que chegan ao estar Mos próximo á primeira cidade de Galicia. Nada é suficiente. Dicir que se compensa todo o sacrificio de territorio dividido e afectado non é suficiente con ter o cuarto concello industrial máis importante de Pontevedra. Creo que un exemplo como poder albergar a Cidade Deportiva do Celta ou como que escolas importantes de Vigo estean en Mos empezan a compensar máis. No tema da Cidade Deportiva do Celta, ogallá cheguemos a un consenso cos veciños, ogallá esta manipulación política e esta campaña desastrosa que se está ofrecendo remate e despois das eleccións poidamos volver ao punto cero de hai dous anos cando estábamos todos felices, os partidos completos da Corporación, defendendo isto.
Unha vez pasen as eleccións, será posible a activación da área metropolitana de Vigo?
Pois só depende de quen sexa o alcalde de Vigo. Mentres siga sendo o que é, eu non vou perder nin un minuto máis do meu tempo en poñerme na mesa que a el lle gusta, que é a mesa da confrontación, na mesa de buscar culpables sempre para quedar como o salvador da patria. Eu non me presto a que se intente rir máis dos mosenses. Caballero quere que Vigo sexa de primeira e que todos os demais sexamos os pobriños que non temos categoría para ter un Vitrasa, pero si para que nos destrocen cunha autovía; si para os vigueses veñan a Mos para bañarse na nosa piscina e paguen o mesmo que os mosenses ou si para que os nenos de Vigo estuden en colexios de Mos. Para iso si. Pois, dende logo, o digo alto e claro, non imos permitir que se siga rindo de nós e aquí imos ser sempre contundentes e taxantes. Mos é un concello tan importante como Vigo. Non lle vou consentir ao alcalde de Vigo un menosprezo máis a un veciño de Mos e invito á candidata socialista a que deixe de facer o ridículo traendo a ese señor a Mos porque é lamentable que se poña ao lado do alcalde de Vigo defendendo o que? Nós quedamos sen Vitrasa e sen aparcadoiro no Álvaro Cunqueiro. Polo tanto, defender a Mos é defendelo de Abel Caballero porque é tóxico para Mos. Só quere a Mos para que teña o que Vigo non quere.
A oposición sempre criticou os altos niveles de débeda que ten Mos.
Podo dicilo e argumentalo con documentos. Hai anos chegamos a 12 millóns de euros de débeda e hoxe pechamos a lexislatura con 5,8 millóns de euros. Esa é a realidade, que hai menos da metade da débeda. Iso foi grazas a aprobar un orzamento anual, a gastar o que está no orzamento. Isto se consegue tendo un alcalde e non tres. A débeda seguirá rebaixándose se hai un goberno que o único que lle importa é Mos.
Vai vostede a baixar os impostos aos veciños e veciñas de Mos?
Evidentemente os nosos impostos están sendo realistas. Son impostos para que o concello poida dar un servizo e soportar unha parte do gasto. Poño un exemplo co lixo. Coller o lixo dunha vivenda en Mos costa ao ano 120 euros e cobramos ao veciño 82. Así, soamente podemos baixar o prezo do lixo un 10%. Eu vou de fronte e son realista. É necesario que o resto dos impostos sigan como está para que o Concello poida prestar os servizos e para que siga rebaixando a débeda. Ademais, a alcaldesa está buscando fontes de ingresos que supoñan unha mellora na calidade de vida e un futuro. Por iso, aposto por unha Cidade Deportiva respectuosa co monte e coa auga, pero que repercutirá a Mos cada ano cun imposto de IBI de catro millóns de euros. Así nos futuro poderemos baixar os impostos e baixalos ben.
Que proxecto lle ilusionaría a Nidia Arévalo facer por Mos?
A residencia de maiores nas antigas instalacións do psiquiátrico Rebullón.
PARTIDO POPULAR (PP)
1. NIDIA MARÍA ARÉVALO GÓMEZ
2. CAMILO AUGUSTO MARTÍNEZ
3. SARA MARÍA CEBREIRO ALONSO
4. ALBERTO MENDEZ LAGO
5. LEOPOLDO COSTAS ALONSO
6. JULIA LOUREIRO CAMPO
7. BEGOÑA TOUCEDO RODRÍGUEZ
8. GONZALO ALONSO TABOAS
9. BALDOMERO LORENZO GARCÍA
10. JOSÉ AREAL GIRALDEZ
11. OSCAR SOTO ABADÍN
12. CAMILO GRANDAL PEREZ
13. PEDRO LOUREIRO DOMINGUEZ
14. LARA DAS DORES GONZALEZ
15. MARÍA LOURDES CASTRO PEREZ
16. ISIDORO JOSÉ TABOAS MOLDES
17. LUCIA BLANCO CAMPO
Suplentes
1. LUIS ABRAHAN RODRÍGUEZ SEIJO
2. LORENA BAQUERO LORENZO
3. MARÍA JORGE GONZÁLEZ
4. ANTONIO ALONSO ESTÉVEZ
5. SARA PÉREZ ARAUJO
6. ALBERTO CUEVAS LORENZO
7. MARÍA JOSÉ LORENZO RODRÍGUEZ
8. DAVID GARCÍA ESTÉVEZ
9. ANDREA MOURIÑO MARTÍNEZ
10. MIRIAN CAMPOS CAMPO
Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave
Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo
Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona
O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta
Trátase de facilitar contactos para practicar habilidades lingüísticas mediante conversas informais. Participaron 120 persoas
No Events
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL