• Piscinas en Vigo
  • Cine de verano Vigo
  • Galleta Vigo Mascotas
  • Pozas en Galicia
  • Solpor a Bocados Vigo
  • Reggaeton Beach Festival
  • Puente colgante Galicia
  • Ana Peleteiro
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Municipales 2019

Sandra González (BNG): "A futura biblioteca será un antes e un despois na educación e cultura de Tomiño"

Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Carlos I. CastrillónÁngel VilaPorCarlos I. CastrillónyÁngel Vila
20/05/2019

Que motivos lle das ás veciñas e veciños de Tomiño para que apoien a súa candidatura o vindeiro 26 de maio?

Fomos capades de cambiar Tomiño, de facelo crecer e evolucionar. Logramos que as veciñas e veciños se sintan orgullosos de vivir aquí. Ofrezo solvencia, renovación e novos compromisos nos que imos traballar.

Másnoticias

Sesión de djs (Foto: Freepik)

Ocho artistas y varias horas de música en directo en un festival de música gratuito en Tomiño

06/07/2025

El folklore tomará Tui con conciertos, certamen de gaitas y un "Día da Muiñeira" este finde

04/07/2025

Como imaxinas o Tomiño de dentro de catro anos?

Imaxino un Tomiño con grandes espazos públicos e coas parroquias melloradas. Ofrecendo novas alternativas para o saneamento e cunhas traídas de auga exemplares como xa son en Galicia. Imaxino unha nova biblioteca e unha cidade dos nenos e das nenas. A verdade e que temos propostas para que Tomiño sexa un referente no Baixo Miño. Xa o somos e queremos darlle un empuxón. Coa cantidade de proxectos que temos xa con cofinanciamento a punto de saír estamos en pleno sprint de cambio.

Cales son os retos culturais de Tomiño?

Traballamos durante dous anos nun proxecto longo como é a nova biblioteca de Tomiño. Xa temos o proxecto e queremos que sexa o corazón da vida cultural do concello. Máis alá, queremos seguir traballando nunha programación estable que se converteu nunha referencia no teatro, na música e nas actividades para os máis pequenos. E por último, é importante seguir colaborando coas asociación que fan unha gran labor no concello. Son os eixos fundamentais.

Cree que a ausencia de Centristas de Tomiño pode beneficiar ao BNG?

Son cauta facendo prognósticos, non me gusta nada. O día 26 soamente haberá dúas alternativas: votar ao goberno que transformou Tomiño ou á volta ao pasado cando Tomiño era aquel lugar entre Tui e A Guarda onde non pasaba nada. Os veciños teñen que escoller entre esas dúas alternativas. Nós gobernamos cos Centristas de Tomiño durante catro anos e foi unha experiencia positiva, os tres partidos estivemos á altura. Eu lle pediría aos seus votantes que apoiaran ao goberno que eles iniciaron cambiando Tomiño no 2007.

Cal sería un bo resultado?

Será o que decidan os veciños e veciñas. Para o BNG e para min sería renovar o apoio maioritario que tivemos. O noso equipo pasou de catro a dez concelleiros e renovalo sería un éxito.

E un mal resultado?

Que non haxa participación. Se a xente non se implica no futuro do seu concello, a súa administración máis próxima, sería pésimo. Hai que ir a votar e decidir.

Débese potenciar o turismo baixo a marca do Río Miño?

A tendencia é a evitar o microturismo dende os concellos potenciándoo con entidades máis grandes. Por iso estamos no xeodestino e no proxecto de Visit Rio Minho. O Concello aporta natureza e patrimonio. É un eixo vertebrador. O río estivo esquecido. Levamos tempo traballando nunha senda que una a extensa ribeira do Miño. Xa temos o estudo de impacto ambiental. Son proxectos lentos, pero o importante é non pararse para poder sacalos adiante. Hai que ter proxectos de largo alcance.

Continuará afondando na relación da Eurocidade?

É un instrumento crucial para lograr novos fondos europeos. Europa está poñendo recursos e a ollada nas fronteiras como lugares dinámicos. Queremos estar aí. Temos os deberes feitos para que no próximo cadro eurocomunitario Tomiño tamén pinte. O obxectivo é traballar en común, coordinadamente e complementariamente.

Que lles aporta aos veciños?

Aporta programas de deporte, os orzamentos participativos transfronteirizos e a riqueza dun territorio de dous países e dúas culturas. Un territorio con moitas posibilidades e moito futuro. Estamos entre Vigo e Porto, os dous grandes motores económicos.

A oposición critica que a acción do goberno centrouse nos centros urbanos en detrimentos das parroquias.

Hai servizos que soamente se poden dar nun lugar. Unha cuestión de intelixencia é que hai que centralizar servizos como escolas infantís, centros de días, comercio... Iso significa que se fan cousas nas parroquias? Non. Estamos replicando este pequeno modelo nas prazas e nas contornas das igrexas ou arredor dun centro cultural. Nas parroquias tamén hai que mellorar camiños, traballar coas traídas de auga e coa asociación cultural de cada unha. A crítica é un mantra da oposición ante a falta de proxectos propios.

Lograches unha maioría absoluta amplísima. Como se logra?

Se consigue traballando coa xente. Escoitamos o que teñen que dicirnos. Moitas veces é bo, pero outras tantas é malo. Son críticas que escoitamos para corrixir. Estamos no día a día das persoas. Estou nas parroquias, na praza, no súper, nos bares... como unha persoa normal e corrente como é obvio.

Que se xoga Tomiño?

Xógase un novo impulso neste cambio que experimentamos. Quedar no sitio estancado ou seguir avanzando. En Tomiño o mellor está por vir, é o lema da campaña. Fomos capaces de xestionar máis de 4 millóns de euros en proxectos que están aquí. Están adxudicados e van a saír. Non falamos de proxectos utópicos.

Se tiveras que pedir un desexo para Tomiño?

Que so veciños e veciñas estean cada día máis orgullosos de vivir aquí e que sintan orgullo de Tomiño porque é exemplar, dinámico e con futuro. É a idea que nos trouxo ao goberno. Estamos a conseguilo.

Que proxecto lle gustaría liderar en Tomiño nos próximos catro anos?

Quédome con dous. Un que non se ve e outro que si. O primeiro é o apoio que damos ao departamento de Benestar e as familias e persoas que teñen unha discapacidade, persoas maiores, nenos con problemas, mulleres que sofren violencia de xénero. Quero seguir traballando con máis e mellores medios. O segundo é a futura biblioteca, que será un antes e un despois na educación e cultura no noso concello.

BNG TOMIÑO

Ver programa electoral completo
Fai clic aquí para ver a lista completa

BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (B.N.G.)

1. SANDRA GONZALEZ ALVAREZ

2. UXIO BENITEZ FERNANDEZ

3. ANA CRISTINA MARTINEZ SOUTO

4. JOSE LUIS VAZQUEZ CALVO

5. ALEXANDRE PEREZ SOUTO

6. ANA ISABEL FERNANDEZ CARRERA (Independiente)

7. ISMAEL TRONCOSO MARTINEZ

8. FRANCISCO CAMPO LAGO

9. MANUEL ALVAREZ GONZALEZ

10. ANA BELEN CASALEIRO GONZALEZ (Independiente)

11. FATIMA RODRIGUEZ GONZALEZ

12. MARIA XOSE VAZQUEZ RODRIGUEZ (Independiente)

13. SANTOS RODRIGUEZ OZORES

14. AGUSTIN GONZALEZ RODRIGUEZ (Independiente)

15. NOEL CLARO PORTAS (Independiente)

16. RAMON CARNEIRO VALVERDE (Independiente)

17. MARIA LUISA HOMBRE EIRAS (Independiente)

Suplentes

1. MIGUEL DIZ ALVAREZ (Independiente)

2. CARLA ALONSO OZORES

3. RUBEN GARCIA FILGUEIRAS (Independiente)

4. OLGA ORDUÑA PEREIRA (Independiente)

5. CHRISTIAN VILLAVERDE DA CRUZ (Independiente)

6. CESAR PUERTAS CALZADO (Independiente)

7. MARIA DEL ROSARIO LORENZO CRESPO (Independiente)

8. MARIA DOLORES MONTEIRO MARTINEZ (Independiente)

9. JESUS MONTERO VILLAR

10. CAMILO RIVEIRO ALONSO (Independiente)

Temas: BNGelecciones municipalesmunicipales TomiñoO Baixo MiñoTomiño
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Volver al Mes actual

Más noticias

Municipales 2019

El PP gana en Redondela, pero AER decidirá quién gobierna

Javier Bas resiste al "efecto Ciudadanos" y mantiene sus nueve concejales, la misma cifra que suman PSOE (7) y BNG (2). AER, con tres, será clave

PorCarlos I. Castrillón
27/05/2019
Municipales 2019

Euforia del PP en Mos e incógnitas en O Porriño y Salceda

Nidia Arévalo logra mantener la mayoría absoluta en Mos mientras que el PP no lo consigue en O Porriño y Movemento Salceda pierde el liderazgo

PorÁngel Vila
27/05/2019
Municipales 2019

O Val Miñor se tiñe de rojo: el PSOE se impone en los tres municipios

Juan González y Paco Ferreira renuevan sus mandatos con sendas mayorías absolutas mientras que Carlos Gómez aspira a la Alcaldía de Baiona

PorÁngel Vilay1 Otros
27/05/2019
Municipales 2019

O BNG convértese na primeira forza de Moaña e podería revalidar a alcaldía

O Morrazo continuará gobernado pola esquerda estes próximos catro anos, aínda que namentres o BNG crece en Moaña en Bueu perde a maioría absoluta

PorÁngel Vila
27/05/2019
Enfoque

O Campus Auga celebrará en setembro o I Congreso Transnacional da Xuventude Investigadora

PorMetropolitano
04/07/2025

Está aberto o prazo de inscrición e tamén o de envío de comunicacións e pósters - A cita terá lugar os días 24 e 25 no edificio Politécnico

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

Volver al Mes actual

01julTodo el díaFeira do Libro de Vigo

04julTodo el díaFiestas de Coia en Vigo | Programación 2025FIESTAS | VIGO

09jul19:30Verbenas na Caridade con Rumbantela en VigoPLANES | VIGO

10julTodo el díaVigo SeaFest - Festival Arvi do Peixe en VigoFESTIVAL | VIGO

12jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Ana Belén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

17jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Gente de Zona en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

18jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Trueno en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

24jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Rozalén en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

26jul22:00Conciertos de Castrelos 2025 - Coral Casa Blanca en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

31jul22:00Conciertos Castrelos 2025 - Vanesa Martín en el Vigo en FestasCONCIERTOS | VIGO | GRATIS

Ver más eventos
Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X