A editorial Belagua presenta este xoves, 10 de maio, o libro infantil "Rosaura e o mar" escrito por Isabel Blanco e ilustrado por Luz Beloso. O acto terá lugar ás 20:00 horas na Casa del Libro de Vigo e nel participará, xunto ás autoras, a patrona maior da Cofradía de Pescadores de Arcade e presidenta da Asociación Nacional de Mujeres do Mar, Rita Míguez.
O álbum, de 36 paxinas ilustradas a toda cor, está escrito en verso e rende homenaxe ás traballadoras do mar achegándonos, a través do personaxe de Rosaura, que desenvolve todos os labores relacionados co mar, o coñecemento de detalles sobre a pesca, o marisqueo, os arranxos de redes, a venda nas lonxas ou, entre outros, o traballo nas conserveiras.
"Rosaura e o mar" é o segundo título da colección Rosaura, iniciada con "As receitas de Rosaura", libros ambos que estimulan a imaxinación e os sonos dos lectores máis novos, a través da divulgación de aspectos relacionados coa súa realidade social máis próxima.
Ademais da presentación deste xoves, co gallo do lanzamento de "Rosaura e o mar", a Casa del Libro de Vigo acollerá o vindeiro sábado, día 12 ás 18:30 horas, un taller de ilustración infantil dirixido por Luz Beloso, que ensinará aos participantes técnicas e recursos para a creación dunha personaxe. Precisamente, no mes de decembro, Metropolitano.gal conversaba coa escritora e a ilustradora con motiva da publicación da primeira "aventura" de Rosaura.
Isabel Blanco (Vigo, 1962) é autora dos libros de relatos "Historias de almas inquietas" e "Los mundos ajenos" e do poemario «Verbas cum», todos publicados por Belagua Ediciones. O seu espírito sensible e apaixonado revelouse aos primeiros lectores no libro "As receitas devRosaura", que recibiu en 2017 o terceiro premio «Fervenzas Literarias» ao Mellor Libro devLiteratura Infantil e Xuvenil. A súa obra poética e narrativa foi premiada en distintos certames.vExerce en Vigo como avogada especialista en Familia e Violencia de Xénero.
Luz Beloso (Monforte de Lemos, 1968). Exerce como profesora de Plástica e desenvolve iniciativas para aplicar a creatividade no ensino nun instituto de Moaña (Pontevedra). É coautora dos contos infantís "Rosaura e o mar", "As receitas de Rosaura", "Mel, unha mosca agradecida", "O valente coello que quixo soñar" e "O soño de Esther", este último doble finalista en 2014 dos prestixiosos premios "Isaac Díaz Pardo" ao Mellor Álbum Ilustrado Galego e "Neira Vilas" ao Mellor Libro Infantil e Xuvenil.
Un área con el encanto del Espazo Fortaleza de Goián acogerá el próximo 5 de julio la Gladiator Race Junior, cita totalmente gratuita
La primera cita del Castrelos infantil estará protagonizada por un clásico de Disney: "La bella y la bestia, el musical"
La provincia de Pontevedra cuenta con diez campamentos de la Xunta este verano. ¡Consulta aquí cuáles, sus actividades, precios y fechas!
Descubre todos los detalles de la nueva edición de los campamentos de verano de Vigo, que arrancarán el 23 de junio
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL