O Servizo de Normalización Lingüística de Vigo volver organizar, un ano máis, un roteiro literario que percorra a vida de Rosalía de Castro na urbe galega. A cita, que se celebrará o sábado, 23 de febreiro, na véspera do seu nacemento, é totalmente de balde.
A actividade, que non precisa de inscrición previa, estará guiada por Xurxo Martínez e levaranos a coñecer a cidade no século XIX, os cambios sociais e políticos producidos tras a Reconquista.
Durante o percorrido coñeceremos o esforzo dunha elite intelectual viguesa que se ofreceu á cultura e descubriremos os lugares concretos das persoas que tiveron relación directa coa publicación de “Cantares gallegos” como a familia Chao ou Juan Compañel.
O itinerario pasará polas prazas do Peñasco e da Constitución, polas rúas Chao, Real e Oliva. Na ruta terán un lugar destacado a imprenta de Compañel, a biblioteca pública, a imprenta do Faro de Vigo ou a sede do goberno provincial.
O paseo literario polo Vigo de Rosalía será unha viaxe pola cidade dos nosos devanceiros que nos axudará a completar o relato de cidade traballadora e industrial xa que Vigo tamén foi, e é, cidade cultural.
Para participar abonda con estar o 23 de febreiro ás 11.00 horas no Paseo de Afonso, ao carón da Oliveira.
El Expreso Rías Baixas, que hará parada en Vigo, ofrece la oportunidad de descubrir el norte de España a bordo de un histórico tren
Una piscina fluvial a una hora de Vigo es un espacio ideal para el baño. Tiene zonas verdes, área recreativa y espacio para pasear
La ruta de O Fuciño do Porco, una de las más conocidas de Galicia, reabre este martes tras varios meses cerrada. Es necesaria una reserva
Un chef con Estrella Michelin se lanza con un nuevo hotel en el corazón de las Rías Baixas. Un pazo histórico que no te puedes perder
O proxecto está liderado desde o CINBIO pola investigadora María M. Mayán. Contará cunha axuda de 25.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL