O conxunto histórico de Cangas constitúe unha clara mostra do modelo construtivo das vilas mariñeiras ademais de contar con elementos singulares e característicos da península do Morrazo. Co gallo de descubrirnos os seus segredos, o Concello organiza unha serie de visitas guiadas dentro da programación municipal da Semana Santa.
Este roteiro guiado de balde visitará, entre outros, a Ex-colexiata Santiago de Cangas, a Capela do Hospital ou as casas patín.
O templo relixioso da ex-colexiata levántase na rúa Real, columna vertebral da vila onde aínda podemos atopar vellas mansións fidalgas ou relevantes esculturas. Aínda que foi contando con diferentes ampliacións e modificacións, a súa construción dátase a comezos do século XVI e constitúe a gran xoia artística do municipio como unha das achegas do renacentismo de Galicia.
Outro dos puntos que se visitarán son as casas de patín, que se caracterizan por contar cun acceso exterior de escaleira encastada, o denominado patín. No mesmo conxunto histórico os camiñantes poderán atopar máis dunha trintena de cruceiros, numerosas capelas y escudos das vellas casas brasonadas.
Estas visitas guiadas de balde celebraranse o martes, 27, mércores, 28, e xoves 29 de marzo. A saída, todos os días, será ás 11:00 horas dende a Oficina Municipal de Turismo.
Dende o pasado 3 de febreiro o Concello de Cangas vén celebrando unha nova edición do programa “Inverno en Ruta” que busca fomentar o turismo activo e desestacionalizado á vez que se ofrece unha visión diferente do municipio do Morrazo.
No que resta de mes de marzo os veciños e visitantes poderán gozar das tres derradeiras visitas. O 17 de marzo terá lugar “Cangas e o mar”, o día 24 será a quenda da “senda costeira de Areamilla a Liméns” namentres que o programa de Inverno en Ruta pecharase coa visita “O Facho, gardián milenario” que se celebrará o 31 de marzo.
Estas rutas son tamén gratuítas e precisan de inscrición previa a través da Oficina Municipal de Turismo. [Saber máis de Inverno en Ruta
O Salnés esconde una bonita ruta de unos siete kilómetros. El recorrido lleva a los senderistas entre molinos, árboles y junto al río
La playa Pozo Negro, a 40 minutos de Vigo, se convierte en una gran opción para bañarse este verano. Así es esta idílica zona fluvial
Romería, la película rodada en Vigo que se estrenó en el Festival de Cannes ya tiene su propia ruta inmersiva por la ciudad
La entrada a esta curiosa piscina en mitad de una playa es gratuita. Es posible darse un baño en ella tanto por la mañana como por la tarde
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL