A próxima fin de semana, 19 e 20 de maio, terán lugar en Carril as últimas dúas rutas gratuítas de “Marisqueo nas Rías Baixas”, unha actividade organizada pola Deputación de Pontevedra para coñecer de primeira man o oficio do marisqueo a pé e sensibilizar sobre a importancia do coidado das rías para garantir a sustentabilidade da provincia.
As persoas interesadas en participar nestas rutas poderán formalizar a súa inscrición ata o vindeiro 16 de maio a través do correo electrónico medioambiente@depo.es. As prazas están limitadas a 25 persoas (maiores de 12 anos) por día e cubriranse atendendo á orde de inscrición na actividade.
O obxectivo destas novidosas rutas da Deputación é amosar a experiencia do marisqueo a pé á poboación da provincia, ofrecéndolles unha actividade na que poderán levar a cabo un obradoiro práctico nas augas da ría, co apoio da asociación de mariscadoras AmarCarril, e na que recibirán formación sobre este oficio e a súa historia. O punto de encontro para o inicio das rutas será, tanto o sábado coma o domingo, o miradoiro Alto da Rosa (PO-548) 102 do Carril, en Vilagarcía de Arousa, ás 11.30 horas. As persoas que formalizasen a súa asistencia e que vaian participar na actividade deberán levar calzado axeitado para a parte do obradoiro que se levará a cabo na auga (o resto do material necesario será facilitado pola organización).
Esta actividade de turismo sustentable está deseñada para transmitir a historia do marisqueo galego ás novas xeracións e inculcar na sociedade un crecente respecto e consideración pola profesión, como garantía para concienciar sobre os problemas que afectan o marisqueo a pé en Galicia: a consideración social, a substitución xeracional, o furtivismo e a contaminación. ” A experiencia “Marisqueo nas Rías Baixas” combina a vertente turística coa ambiental, sensibilizando deste xeito á poboación local sobre a conservación e posta en valor dos nosos activos turísticos e das nosas rías como un recurso cun enorme potencial, que debe ser optimizado de xeito sustentable.
As primeiras rutas, que se realizaron na última fin de semana de abril, foron todo un éxito e tiveron unha gran afluencia. Os participantes puideron coñecer o traballo das mariscadoras de Carril e entender o valor desta profesión para a economía da provincia de Pontevedra.
El norte de Portugal cuenta desde hace meses con un sorprendente y novedoso mirador 360 grados. Está a más de 1.000 metros de altura
Baiona ofrecerá a lo largo del verano visitas guiadas para conocer su historia y naturaleza y "veladas musicales" para disfrutar de la música
¿Te imaginas recorrer el Miño en barco? Así es la experiencia sostenible que se ofrece en la provincia de Ourense para descubrir su paisaje
Galicia ya puede disfrutar de unas termas únicas en toda España. Así son estas bonitas pozas ubicadas junto al río
A obra conta cun orzamento de 10 millóns de euros e durará arredor de 20 meses
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL