A estrea mundial da "Sinfonietta Rococó" pecha a sexta edición do festival Groba





A estrea mundial da Sinfonietta Rococó en Re de Rogelio Groba porá o ramo á sexta edición do festival do mesmo nome mañá, venres 24 de setembro, en Ponteareas. Un espectáculo que acolle o auditorio municipal da vila e que, como o resto dos concertos do programa, será de balde. A Orquestra de Cámara Galega (OSG), baixo a batuta de Rogelio Groba Otero e con Sandro D’onofrio ao piano, ofrecerá un repertorio que inclúe tamén pezas de Mozart e Herzchell.

¿NO TIENES EL SERVICIO DE ALERTAS DE WHATSAPP?
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo.

Darme de alta <> Quiero saber más

O Festival Groba, organizado pola Orquestra de Cámara Galega e co apoio da Xunta de Galicia e a Deputación de Pontevedra naceu para poñer en valor a figura dun dos compositores máis prolíficos e comprometidos co patrimonio musical galego, Rogelio Groba Groba que segue a nutrir o festival coas súas composicións. Esta iniciativa contribúe a diversificar a oferta cultural do verán en Galicia, así como a garantir unha oferta cultural de calidade, ademais de ser un referente pola súa aposta pola educación de novos valores musicais.

A programación desta edición, que deu comezo o pasado día 18, tivo como principal novidade a incorporación de dous sons, o do vento-metal e o da voz coral. O primeiro contou como máximo representante co grande instrumentista Pacho Flores, artista de Deutsche Grammophon, considerado como unha verdadeira referencia mundial no eido da trompeta, e a Hércules Brass. O quinteto galego foi o encargado de interpretar a obra Distorsións ubedianas, do mestre Groba, dedicada á creación do pintor pontevedrés Rafael Úbeda.

O segundo son, a voz coral, chegou co Coro de Cámara de Pamplona, un dos máis importantes do panorama europeo, convidado de excepción no festival e encargado doutra das estreas do festival, Rosalía na catedral, unha das últimas obras compostas polo mestre Groba. Ademais das obras de Rogelio Groba, formaron parte do repertorio dos concertos de cada noite compositores como J. Neruda, C. Saint-Saëns, G. Faure, E. Granados, Mendelsson, J. Turina, ou Beethoven, entre outros.




As clases maxistrais desta edición, Trompeta por unha banda e Violín, Viola, Cello, Piano e Música de Cámara pola outra correron a cargo dos músicos convidados do festival.

Formación e difusión musical

Co fin de favorecer a formación musical e a difusión dos novos talentos, a Consellería vén colaborando con diversas propostas que se desenvolven en varios puntos da comunidade galega. Así, canda o Festival Groba, colaborou con outras iniciativas levadas a cabo este verán, como o Encontro Galego de Saxofón, o Festival Peregrinos Musicais ou o Festival Hércules Brass, entre outros.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

*