Espectáculos, Qué hacer A TVG grava este xoves en Vigo o show cómico “Malo Será!” metropolitano el 29/01/2019 Más en Espectáculos: El humor pucelano de Quique Matilla llega a Vigo 19/02/2019 José Sacristán y la “Señora de rojo sobre fondo gris” llegan a Vigo 18/02/2019 Las tapas abren el telón a una nueva “Caperucita Roja” en Vigo 13/02/2019 A televisión volve ao teatro. Este xoves, 31 de xaneiro, o Teatro García Barbón de Vigo acollerá unha nova gravación do programa de humor “Malo Será!”. O espectáculo, que percorre os grandes teatros galegos con público en directo, basease nunha sucesión de sketches sobre temas universais e moi galegos nos que se inclúen chiscadelas a distintas localidades. O show estará liderado pola actriz e presentadora Marta Doviro que será a “mestra de cerimonias” dun grupo composto por sete actores e actrices, con ampla maioría feminina. Marcos Pereiro, Federico Pérez, Lucía Veiga, Cristina Andrade, Oswaldo Digón, Sara Fandiño ou Sabela Hermida volverán tirar de retranca e humor 100% galego. Diez planes para despedir el mes de enero Ademais, nesta ocasión, a gravación en Vigo contará coa visita dos actores Alfonso Agra e Monti Castiñeiras que participarán nos diferentes sketches con grandes doses de improvisación. A cita arrancará ás 20:30 horas. As entradas á venda en Ataquilla teñen un prezo de 10€. Malo Será! emítese os mércores na Televisión de Galicia. Tras Vigo, o programa gravarase tamén en Ourense, en Pontevedra e Santiago.