Normalizar e celebrar a diversidade. Con esta premisa, as concellerías de Igualdade, Mocidade e Turismo do Concello de Moaña organizarán na primeira fin de semana de xuño a I Festa da Diversidade do municipio. O propio cartel do evento pretende unir todas as identidades facendo unha metáfora na que se da a entender que todos somos persoas, sen máis, independentemente do noso xénero, sexo biolóxico ou identidade sexual.
Pódeche interesar: Así será a festa do Orgullo "Agrogay" de Tomiño
A cita, que nace despois de que diversos colectivos e veciños solicitaran maior visibilidade da loita pola tolerancia e a liberdade do colectivo LGTBIQ+, contará cunha programación divida en dúas xornadas.
A partir das 20:30 horas do venres 1 de xuño, terán lugar os actos institucionais. Na Praza do Concello instalarase o “banco da diversidade” pintado coas cores do arco da vella –símbolo do movemento– e que incluirá tamén referencias ao movemento transexual e a súa iconografía de cores azuis e rosas. Aos pes, unha placa lembrará que “a riqueza dunha sociedade está na diversidade”.
A xornada continuará coa danza contemporánea de Xiana Vilas e Isabel Sánchez, da compañía CISMA e o seu espectáculo “Entre nanas e cascallos”.
Xa o sábado, 2 de xuño, será o día gran de da festa trasladándose ao Parque da Xunqueira. Alí, a Compañía de teatro Moito Morro será a encargada de inaugurar os festexos ás 20:00 horas con “Impro-diversa”, espectáculo creado ad hoc para o evento, cargado de improvisación e comedia.
Ás 22:00 horas chegará a cita co grupo vigués Broken Peach. A formación, que puxo a música aos acendidos de Nadal de Vigo e a Torre Picasso de Madrid, ou ás festas de San Telmo de Tui, está integrado por catro mulleres vocalistas e tres músicos á batería, baixo, guitarra e piano. Na Festa da Diversidade achegarán ao público versións dos anos 70, 80 e 90 até a actualidade, nun concerto pensado para todas as idades e para desfrutar bailando. O grupo vén de estrear o seu último videoclip no que versionan a Beyoncé e o seu "Crazy in Love".
Os seus directos caracterízanse por unha coidada estética tan elegante como extravagante que sitúan ao espectador en diferentes épocas e ambientes. Amais o seu eclecticismo musical vai do soul hasta el rock, pasando polo gospel, funk ou o pop.
Tras o concerto, ás 23:45 horas será a quenda dunha performance da Drag Queen Angélica Naia para dar paso á unha sesión do DJ Adrián Rios dende as 0:30 horas.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL