• Entradas Abraham Mateo
  • Apertura en Vigo
  • Festival Nigrán
  • Chiringuitos Vigo
  • Nuevo puente internacional
  • Fiesta gastronómica
  • Fiesta mexicana Galicia
  • Festival Cerveira
  • Playas Baiona
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer Fiestas

Guía imprescindible para non perderte nada no San Xoán de Vigo

Guía imprescindible para non perderte nada no San Xoán de Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
Ángel VilaPorÁngel Vila
22/06/2018

Vigo prepárase para unha das noites máis máxicas do ano. Como cada San Xoán, decenas de fogueiras prenderán para espantar aos malos espíritos e recibir ao verán nunha noite iluminada polo lume. Segundo confirmou esta mañá o alcalde, Abel Caballero,  os bombeiros están xa a revisar as diferentes cacharelas para que mañá sábado, ás 16:00 horas, a inspección comprobe que se cumpre a normativa municipal. Se todo vai ben, "o razoable é pensar que todas terán autorización", explicou o rexedor, 31 fogueiras arderán nesta noite, unha máis que  o ano pasado.

Consulta os horarios dos servizos de bus a Samil e Panxón
Consulta o mapa de fogueiras en Vigo

O Berbés

Lugar: Praza do Berbés
Que haberá: A habitual noite de San Xoán vívese un ano máis no Berbés. O programa para a "Noite das fogueiras, solsticio de verán" arrancará ás 21:30 horas con "As lideiras do Berbés" e continuará co "Obradoiro de danzas do mundo" (22:00 horas) e "Os Cuncheiros" (23:00 horas). Ás 0:00 horas os encargados de poñer a música serán os gaiteiros do Casco Vello. Haberá, como non, sardiñas e lume.

Praza da Industria

Lugar: Joaquín García Picher
Que haberá: O paseo de Joaquín García Picher, na contorna do Toysrus, acollerá unha cita na que se mestuarán as Letras Galegas e a celebración do verán. A festa arrancará ás 17:00 horas con música galega baseada en obras literarias e continuará con diferentes actos en torno á figura de Mª Victoria Moreno.

O San Xoán, como tal, comezará ás 21:00 horas co espectáculo de carácter cómico de Peter Punk "Chungo que te cagas". O artista transfórmase nun personaxe imaxinario chegado do país de Nunca Máis no que a comicidade se mestura coa habilidade na procura da gargallada do público. Ás 22:00 horas seguiralle un pasarrúas coa charanga "Vaite Xa!" que soamente se verá interrompido polo acendido da fogueira á medianoite.

Programación

(Pode sufrir cambios)

Letras Galegas – Homenaxe a María Victoria Moreno

17:00 Música galega baseada en obras literarias
18:00 A festa no faiado, de Victoria Moreno – Semente Vigo
18:30 Lectura pública Anagnórise, de Victoria Moreno
19:30 Presentación proxecto “Libros ceibes” no barrio
20:00 “Poemario para unha victoria” – Silvia Penas

Celebración do verán – fogueira de San Xoán

21:00 Peter Punk “Chungo que te cagas”
22:00 pasarrúas charanga Vaite Xa!
00:00 encendido fogueira
00:10 actuación Vaite Xa!

Alcabre

Lugar: Torreiro da Igrexa Vella de Alcabre (cuberto con carpa).
Que haberá: A partir das 20:00 horas celebrarse un espectáculo de animación infantil da man do Paiaso Popín e ás 21:00 horas comezará a gran sardiñada e chourizos asados. A fogueira de San Xoán acenderase, como corresponde, a partires da medianoite.

A música correrá a cargo do grupo de gaitas "Vagalume", das pandereteiras "Ghandainas" da A.V.V. Nosa Terra de Alcabre, dos grupos de pop-rock "Os Juais" e "Tribu" e da disco móbil "Freddy's".  Ademais, Alcabre contará co espectáculo de animación da man de "Troula".

Navia

Lugar: rúa Ufa (As Teixugueiras)
Que haberá: O barrio máis mozo de Vigo contará cunha amplísima programación para a xornada deste sábado de San Xoán. Ás 17:30 horas celebrarán unha recollida de herbas de San Xoan na Carballeira onde poder coñecer unha das partes máis tradicionais e máxicas desta festa. Ás 19:00 horas comezarán as actuacións que non rematarán até o acendido da fogueira e o Meco feito por APAMP, a Asociación de Familias con Parálise Cerebral, á medianoite.

Programación

17:30h - Recollida de herbas de San Xoan na Carballeira

19:00h - "Caixa dos desexos para mellorar e/ou cambiar..." e grupos de baile da ANPA "O Muíño" do CEIP Castelao

Másnoticias

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

Vecinos de Teis señalan que la vegetación ocupa calles y caminos y piden al Concello que la rocen

21/07/2026
Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

Un boleto de la Bonoloto sellado en Coruxo deja un premio de más de 30.000 euros en Vigo

21/07/2026

20:30h - Sardiñas, chourizos, empanadas, bebidas...

21:00h - "Grupo de gaitas do Rueiro" de Coia

21:45h - Pandeireteiras "Pándega Das Teixugueiras" da A.VV. Novo Vigo

23:00h - Conxuro da queimada "Mouchos, curuxas, sapos..."

00:00h - Acendido da cacharela co Meco feito por APAMP  

Freixo, Valladares

Lugar: Torreiro de Festas de Freixo
Que haberá: En Freixo, parroquia de Valladares, a cita estará marcada pola ambientacion musical con Operación Karuncho, Vai na herva, Cantareiras Bouzacova, Os Tabáns e o show de Furanchazo.  O pregón correrá a cargo de Manolo "Pipas".  Tras o mesmo, o Trío Cibeles liderará a verbena que rematará co DJ Mac Arra.

Saiáns

Lugar: Terreos da antiga Radio Costeira (rúa Eira Vella, 4)
Que haberá: A cita en Saiáns comezará ás 22:30 horas coa tradicional sardiñada con pan de millo e bocadillos de chourizo asado. "A polémica banda dos Bechuchos" será a encargada da música nesta noite máxica.

https://www.youtube.com/watch?v=wTxaayNeLjY

Beade

Lugar: Torreiro de Festas da Irmandade de Santa Ana
Que haberá: O torreiro de festas da Irmandade se Santa Ana acollerá dende as 21:00 horas unha gran sardiñada con ración de sardiñas de balde para todos os socios e socias. A cita estará amenizada por grupos folclóricos do CSCR de  Beade.

Santa Rita

Lugar: Plaza de Santa Rita
Que haberá: Dende as 21:00 horas a contorna da Praza de Santa Rita será o escenario dunha noite de bo comer. A cita, amenizada por música, contará coa tradicional sardiñada, pero tamén con churrasco e a necesaria queimada para pechar unha noite de maxia.

Teis

Lugar: Camiño de Maceiras, fronte ao auditorio de Teis
Que haberá: O barrio de Teis celebrará, sen dúbida, o San Xoán máis galáctico. A partir das 22:00 horas, haberá postos de comida, doces, bebida e herbas de San Xoán. A xornada estará amenizada coa actuación do grupo de gaitas da Asociación DJ Pichy e coa representación da "Tropa Korriban Star Wars" de Galicia para que a forza nos acompañe na noite máis especial e máxica do ano.

Balaídos

Lugar: Asociación de Veciños Val do Fragoso
Que haberá:  Dende as 19:30 horas celebrase o Festival de Fin de Curso das actividades culturais da asociación con baile moderno, hip hop ou break, ademais da música do grupo de gaitas, pandeiretas e baile tradicional. A partir das 0:00 horas acenderase a fogueira de San Xoán.

A Miñoca

Lugar: Praza da Miñoca
Que haberá: A Praza da Miñoca acollerá a súa Festa da Chourizada organizada pola Asociación de Veciños.  A cita comezará ás 19:00 horas con bocadillos de chourizo a 1,80€.  A cita contará con conxunto musical e coa tradicional fogueira.

Cabral

Lugar: Local social da asociación de veciños (Avenida de Santa María, 95)
Que haberá: A noite de San Xoán de Cabral comezará ás 21:00 horas con sardiñas, chourizos, pan viño e, por suposto, música para unha noite de festa rachada.

Casco Vello alto (sen fogueira)

Lugar: Praza do Abanico
Que haberá: A asociación de Veciños do Casco  Vello alto organiza a súa festa de San Xoán na praza do Abanico nunha cita que arrancará ás 20:00 horas. Os que se acheguen até alí poderán desfrutar das tradicionais sardiñas con pan e empanadillas artesás. Tamén haberá empanada, tortillas e  bebidas ademais da música de DJ Gramola.

Importante: Para asegurar que non quedas sen sardiñas poderás mercar os tickets de reserva por 5€ para dúas sardiñas con pan, e unha empanadilla artesana en El Castro e Matina. 

Bouzas

Lugar: Bouzas (Pavillón)
Que haberá: En Bouzas celebrarán o seu San Xoán coa música da Orquesta Marazul.

Matamá

Lugar: Torreiro da festa de Matamá
Que haberá: Pola mañá, en Matamá contará cunha charla sobre as herbas de San Xoán (10:30h - auditorio da Soc. Atlántida) e unha andaina para coñecelas sobre o terreo (11:30h - saída dende a Cultural).

Xa na tarde, a cita comezará con inchables para nenos e nenas dende as 18:00 e até as 23:00 horas.  O torreiro de festas acollerá ás 19:30 horas unha mostra das herbas de San Xoán e o reparto de sardiñas comezará ás 21:00 horas. A partir das 22:00 horas a música correrá a carrgo do grupo de gaitas da Sociedade Atlántida, das cantareiras da Sociedade Atlántida, de "Bate no Cobre", "Sete Cuncas" e a charanga "Os Jalácticos". Á medianoite terá lugar o prendido da fogueira.

Coruxo

Lugar: Torreiro de Festas do Carme, Coruxo
Que haberá: A cita en Coruxo, organizada polo Centro Recreativo Artístico e Cultural, comezará coa tradicional sardiñada ás 21:30 horas acompañada de viño e música coa "Charanga Os Imperiais". A fogueira prenderase á medianoite nunha cita na que tampouco faltará a queimada.

Candeán

Lugar: U.V.C.D. de Candeán (Subida á Madroa)
Que haberá:  A noite de San Xoán de Candeán estará protagonizada pola actuación do grupo de gaitas "Roncosón" e de pandereteiras "Augas de Maio". A cita comenzará ás 21:30 horas con sardiñada con pan de millo, choripán e viño tinto. O acendido da cacharela será ás 0:00 horas. 

Listado completo de Fogueiras de San Xoán en Vigo


Consulta aquí o mapa


AAVV, SAN MAMEDE ZAMANS Estrada zamans 251
ASOCIACION VECIÑAL SAN XURXO Eira Vella nº4
A.V.C.D. MONTE DA MINA DE CASTRELOS Rua Galindra 16
ASOC, DE VECIÑOS NOSA TERRA Baixada a Igresa nº1
S.V.C.D. NAUTILIUS Camiño Sanin 564
COMS. DE FESTAS SAN XOAN BAUTISTA Rua san Xoan 88
REAL AEROCLUB DE VIGO Avd. Aeropuerto 5
ASOC.VECIÑAL  CULTURAL CASCO VELLO Rua Oliva 12
AOC, VECIÑAL DR.JOSE CASÁS BOUZAS Fronte ao Pavillón de Bouzas
U.V.C.D. CANDEAN Devesa 25
SOCIEDAD. DEPORTIVA ATLANTIDA Rua Manuel Cominges, 15
ASOCIACION DE VECIÑOS DE CABRAL Santa Mariña 95
C.R.A.C. DE CORUXO Rua Canido, 89
ASOCIACION VECIÑAL NOVO VIGO Rua Ullas
COMIS. VERBENA DO CARREGAL Camiño do canizo s/n
Asoc. Veciñal Teis Maceiras
ASOC. AMIGOS DO SEIXO Rua do Seixo, 67
ASOCIACIÓN VECIÑAL VAL DO FRAGOSO Val Miñor 1-3
ASOC. COMERCIANTES ENTORNO  XERAL Santa Rita
ASOC. VECIÑOS PRAZA A MIÑOCA Praza da Miñoca
ASOC. VECIÑOS AS FONTES Vilar Gandarón Vilar 21
Asoc. De Vec. Curva San Gregorio, Asoc. O Torreiro de Coya Praza Industria
ENTIDADE LOCAL MENOR DE BEMBRIVE Pedras, 3
ASOC. DE FESTAS A XUVENTUDE DE BALAÍDOS (VIRTUAL) Manuel de Castro 42 3A
CLUB DE CAMPO DE VIGO Carret, Canido 95
CENTRO  VECIÑAL DE VALLADARES Carrt. Valladares 261
CALEXÓN DO VISO (TRAVESIA DE VIGO) CALEXON DO VISO 86
ASOC. FOLKLORICA VENTOS COMESAÑA Carretera Casas  38
BAR DANAIS Av. de Ramón Nieto 197
AV SANTA ANA BEADE Estrada Coutada 42
ARENGA PADEL CLUB Camiño devesa 1

 

*NOTA: As fogueiras están pendentes de autorización. Algunha delas podería non celebrarse se non cumpre coa normativa.

Temas: San Juan 2018San Juan en VigoSan Xoán 2018Vigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Nigrán celebrará su festival más especial junto al mar para encontrar una cura para Mauri
Música

Nace un nuevo festival en distintos escenarios de Nigrán con conciertos gratis durante el atardecer

Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica
Fiestas

La mayor fiesta mexicana de Galicia ya tiene fecha para su nueva edición, con mariachis y comida auténtica

Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo

PorIván Dacal
21/07/2026
Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal
Qué hacer

Grandes hinchables, fiesta de la espuma y música en un festival junto al Miño en el norte de Portugal

Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura

PorIván Dacal
21/07/2026
Fiestas gastronómicas, mercadillos vintage y verbenas para despedir enero en Vigo y su área
Qué hacer

Un concello del área de Vigo propone una sesión de cine de verano bajo las estrellas

Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar

PorIván Dacal
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X