O Concello de Nigrán inaugurará o sábado 18 de febreiro a programación de Entroido co tradicional concurso de comparsas presentado polo monologuista Pepo Suevos e con animación de rúa a cargo da batucada ‘Bate no Cobre’ na apertura do desfile e durante a deliberación do xurado.
En total, no desfile de Entroido de Nigrán participarán preto de 1.000 persoas repartidas en 13 comparsas de toda a comarca, sumando a máis numerosa delas 108 integrantes e a que menos 43. O desfile, como é habitual, comezará ás 21:00 horas e irá desde a rúa Telleira ata a Casa Consistorial e o fallo e achega de premios será in-situ. En caso de previsión de choiva a data mudaría para outra que se anunciaría con suficiente anticipación.
A programación do Concello continuará o luns 20 de febreiro cunha festa de entroido infantil no Auditorio Municipal desde as 17:30 horas e, ao día seguinte, martes 21 desde ás 18:30 horas, organízase un baile con música en directo do trio Azar e concurso de disfraces para todos os públicos con premio para o disfrace máis simpático, máis elaborado e parella máis danzarina. O entroido nigranés proseguirá cunha excursión para maiores o domingo 26 de febreiro á ‘Festa do Lacón con Grelos’ de Cuntis, evento para o que o Concello abrirá o 15 e 16 de Febreiro o prazo de inscrición previa (de 9:00 a 12:00 no Pavillón de Panxón).
O seguinte prato estrela chegará na tarde do sábado 4 de marzo co tradicional enterro do kiko de Parada que, unha vez máis, partirá desde a Casa do Concello tirado por un carro de bois para ser velado e sentenciado no Torreiro de Parada, onde haberá festa durante toda a tardiña.
Esta peculiar celebración naceu da man do Centro Cultural e Recreativo Parada do Miñor como alternativa ao típico ‘Enterro da Sardiña’, xa que a parroquia non ten mar pero si presume de múltiples galiñeiros con "kikos" (ata o punto de que é a figura que representa á entidade). Ao longo de preto dunha década de vida foi adquirindo sona na localidade e, o que comezou como unha festa entre veciños, é hoxe en día un evento de referencia no municipio ao incluír o Concello hai oito anos a saída da comitiva desde o Auditorio Municipal e co kiko tirado por un carro de bois.

El Casco Vello de Vigo también se transformará por Samaín. La Santa Compaña recorrerá sus calles y habrá "foliada dos defuntos" incluso
Valença acoge durante dos días la "madre de todas las ferias". Habrá cientos de puestos, con productos de todo tipo, y gastronomía
O Porriño ofrecerá excursiones durante el mes de noviembre para mayores de 55 años. Unas experiencias ecoturísticas totalmente gratis y con comida incluida
El norte de Portugal acoge durante cuatro días la réplica de la Nao Victoria. ¡Consulta aquí el lugar, cuándo y a qué hora se puede ver?
A dotación económica dos VII Premios de Investigación, Transferencia e Divulgación Científica ascendeu a 12.000 euros
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL