• Vigo en un anuncio
  • Inauguración tienda Vigo
  • Mina Galicia
  • Hora encendido Navidad
  • Habitantes Vigo
  • Gripe Aviar
  • Navidad Portugal
  • Área comercial Vigo
  • Entrevista Abel Caballero
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal
PORTADA Qué hacer

Os centros singulares da Uvigo convidan aos cidadáns a descubrir a ciencia "Made in Galicia"

Os centros singulares da Uvigo convidan aos cidadáns a descubrir a ciencia "Made in Galicia"
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
14/11/2019

O centro de investigación en Tecnoloxías de Telecomunicación da Universidade de Vigo, atlanTTic, abrirá de novo as súas portas ao público este venres 15 de novembro nunha xornada na que se desenvolverán unha vintena de actividades para todos os públicos e que contará con visitas guiadas a espazos destacados dentro das súas instalacións. Esta xornada celébrase ao abeiro do programa de actividades de divulgación científica e tecnolóxica Ciencia Singular, que chega á súa segunda edición co obxectivo de dar a coñecer á sociedade o traballo desenvolvido nos catro centros singulares de investigación da universidade viguesa: atlanTTic, o Centro de Investigación Mariña (CIM), o Centro de Investigaciones Biomédicas (CINBIO) e o Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (Cintecx).

Todas as actividades serán gratuítas e para toda a familia e desenvolveranse entre as 16.00 e as 19.00 horas nas instalacións de atlanTTic na Escola de Enxeñería de Telecomunicacións no campus universitario de Vigo.

Másnoticias

El BNG censura la "estafa" de "repagar" a Abanca el Teatro Fraga: "Ya lo pagamos sobradamente"

El resurgir del Teatro Cine Fraga para que Vigo sea una potencia cultural

12/11/2025
Día de “agradecemento infinito” na UVigo aos 44 docentes e 20 PTXAS xubilados o curso pasado

Día de “agradecemento infinito” na UVigo aos 44 docentes e 20 PTXAS xubilados o curso pasado

12/11/2025

Todas as persoas participantes poderán asistir a un, a varios ou a todos os talleres, deseñados en forma de demostracións prácticas e pedagóxicas para dar a coñecer as tecnoloxías da telecomunicación. Deste xeito, ao longo da tarde desenvolveranse os seguintes obradoiros:

  • Lightboard. Nesta actividade amosarase unha lousa de cristal luminosa para proporcionar unha formación máis transparente.
  • Impresión 3D, coa visualización do funcionamento dunha impresora deste tipo.
  • Fabricación de placas de circuíto impreso (PCBs). Amosaranse os distintos pasos necesarios para a fabricación destes circuítos, desde o deseño e a fabricación da placa ata o resultado final con todos os compoñentes xa soldados.
  • Redes de comunicación 5G.
  • Comunicacións ópticas (I) e (II). Nesta actividadw tratarase de comprender de forma didáctica os mecanismos fundamentais da luz, con experimentos prácticos realizados sobre auga, dulces ou M&Ms ou coa transmisión de información a grandes distancias a través dun láser.
  • Apps accesibles. Presentarase talkAACtive, unha aplicación que busca axudar no marco laboral a persoas que padecen Trastorno de Espectro Autista.
  • Bot de entretemento e acompañamento (BEA), un chatbot con empatía para acompañar a persoas maiores a través de noticias de interese que buscan mellorar o seu día a día.
  • Aplicacións accesibles: Panoramix. Un novo método de detección precoz do alzhéimer a través dunha batería de xogos de sete áreas cognitivas.
  • Se o vexo non o creo. Con este taller demostrarase o funcionamento das ferramentas de análise forense de contidos multimedia, detectando manipulacións en fotos e vídeos imperceptibles para o ser humano.
  • Biometría. Recoñecemento biométrico de persoas con énfase en aplicacións de internet.
  • Radar e xeolocalización para mellorar a loita contra os incendios forestais.
  • Nanosatélites. Membros de atlanTTic levan desde 2007 desenvolvendo nanosatélites baixo o estándar CubeSat, sendo responsables do lanzamento ao espazo en 2012 de Xatcobeo, o primeiro nanosatélite español.

Ademais, como complemento a estes talleres as persoas interesadas poderán participar na visita guiada que se fará ao laboratorio de seguimento de satélites, que conta cun gran número de antenas e un moderno equipamento electrónico que permite participar en todas as etapas que seguen ao lanzamento dunha misión espacial; o laboratorio de medidas radioeléctricas, onde se realizan ensaios de medidas de antenas ou medidas de compatibilidade electromagnética, entre outros; e os laboratorios de acústica, onde se farán probas para experimentar de primeira man as diferentes posibilidades acústicas.

Aínda que non é imprescindible realizar inscrición previa, todas as persoas interesadas en asistir poden rexistrarse na web e axudar así á organización a ter unha estimación de participación.

Temas: Universidade de VigoUVigoVigo
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

Castañas gratis y pan con chorizo a "precios populares" en un magosto de Vigo
Qué hacer

Castañas gratis y pan con chorizo a "precios populares" en un magosto de Vigo

Teis disfrutará este fin de semana de un nuevo magosto popular. Será por la tarde y ofrecerá castañas gratis a los asistentes

PorIván Dacal
11/11/2025
Vila Nova de Cerveira anuncia la fecha de su Navidad, con pista de hielo, tren y mercado
Qué hacer

Vila Nova de Cerveira anuncia la fecha de su Navidad, con pista de hielo, tren y mercado

Vila Nova de Cerveira ha desvelado la fecha de encendido de su Navidad. Anunció un programa con pista de hielo, tren, mercado y conciertos

PorIván Dacal
11/11/2025
Vigo autoriza a cerrar dos horas más tarde a hostelería y ocio nocturno durante O Marisquiño
Qué hacer

Nace una nostálgica fiesta 'retro' para vibrar con las canciones que marcaron las noches de Vigo

Island Club Vigo se abraza también a la moda de las fiestas nostálgicas con este evento retro en el que sonarán temas de los 90, 2000 y 10´s

PorSara Rodríguez
11/11/2025
Pontevedra acoge una gran pasarela de moda con más de 30 colecciones de los diseñadores del futuro
Qué hacer

Pontevedra acoge una gran pasarela de moda con más de 30 colecciones de los diseñadores del futuro

Llega la decimoctava edición de Debut, que además se completará con otras actividades como una exposición con Bimba & Lola

PorMetropolitano
11/11/2025
Pontevedra acoge una gran pasarela de moda con más de 30 colecciones de los diseñadores del futuro
Qué hacer

Pontevedra acoge una gran pasarela de moda con más de 30 colecciones de los diseñadores del futuro

PorMetropolitano
11/11/2025

Llega la decimoctava edición de Debut, que además se completará con otras actividades como una exposición con Bimba & Lola

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

15novTodo el díaEncendido de la Navidad de Vigo 2025STREAMING | VIGO

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de contacto@metropolitano.gal

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Planes
  • Enfoque
  • Extra
  • Pequeocio
  • Fogones

© Hansei Media SL

X