• Chiringuitos Vigo
  • Chayanne Castrelos
  • Super 24 horas Vigo
  • Entradas Chayanne Vigo
  • The Champions Burger
  • Nuevo puente internacional
  • Festival Vigo
  • Mercado Vigo
  • Fiesta gastronómica
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes
No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
Metropolitano.gal

PORTADA Qué hacer

Un pasarrúas festivo e un espectáculo inédito, para comezar a cuarta edición do MUMI en Tui

O Festival MUMI consolida a Tui e a Valença como a ponte cultural de Galicia e Portugal
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
MetropolitanoPorMetropolitano
20/09/2023

Tui e Valença prepáranse para acoller a partir deste xoves a programación da cuarta edición do Encontro de Músicas Profesionais Galiza-Portugal MUMI 2023. O único mercado de músicas que existe na Galiza neste momento naceu hai catro anos co obxectivo de reunir as mellores propostas musicais de ambos territorios para mostralas antes as principais entidades e empresas programadoras, pero tamén co propósito dalas a coñecer aos públicos galego e portugués que inexplicablemente viven de costas ás músicas que se fan no país veciño.

Por iso, este xoves a programación do MUMI comezará nas rúas de Tui, onde a partir das 19:30 horas a música de Habelas Hainas sairá ao encontro da xente cun pasarrúas festivo e contestatario onde se cruzan os camiños de catro mulleres que beben das músicas de raíz galegas, e que sinten a natural necesidade de expresarse dende unha ollada feminista e social, experimentando coa tradición, explorando outras músicas, e creando un son propio, fresco e orixinal, que se traduce en concertos enérxicos e reivindicativos.

Másnoticias

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

La experiencia de "La Casa de Papel" llega al área de Vigo con una prueba inmersiva en Tui

20/07/2026
Tui descubre su memoria democrática con una visita guiada completamente gratuita

Tui descubre su memoria democrática con una visita guiada completamente gratuita

20/07/2026

Concerto especial de apertura

Tras este primeiro petisco musical, a programación continuará no Teatro Municipal de Tui, onde ás 20:30 dará comezo o gran espectáculo inaugural creado especialmente para a apertura deste encontro de músicas que vai rendir homenaxe ás músicas de raíz seguindo o fío da lusofonía a unha e outra beira do Atlántico. Desde Brasil, Destino do Clã reúne aos músicos Nanan, Gustavito e Luizga, imbuídos da inluencia das culturas indíxenas e a ancestralidade suramericana, que eles recrean en cancións e arranxos que reverencian este rico territorio de coñecemento e sabedoría. Desde Portugal, O Gajo presenta o encontró de João Morades coa Viola Campaniça, un instrumento de raíz tradicional portuguesa co que explora novos territorios sonoros e ao que se une o Grupo As Sanfonas da Ponte Vella. E desde Galiza, Encaixe completará a proposta artística do concerto de apertura achegando as voces de 18 cantantes profesionais que prooñen un novo concepto de coro, recoñecido co Premio Martín Códax da Música 2018 a mellor proxecto de música vocal, e desde onde fan unha aposta forte pola música galega contemporánea, con versións vocais de grupos como Marful, Narf ou Malandrómeda, e tamén pola música lusófona, con versións do Zeca Afonso ou Djavan, entre outros. Tres propostas artísticas de Portugal, Galiza e Brasil que reunirán enriba do escenario a máis de 30 persoas ensamblando as súas propostas musicais para ofrecer ao público un espectáculo ao vivo irrepetible que supón toda unha declaración de intencións do traballo que pretende desenvolver a feira. O acceso a este concerto será libre ata completar aforo.

Programación a partir do venres

O MUMI chega á súa cuarta edición co obxectivo de seguir construíndo novas e mellores formas de traballar pola música en vivo. Con ese propósito, a feira presenta un bo feixe de novidades como a colaboración coa prestixiosa Fira Mediterrània de Manresa, que abre as nosas músicas ao mercado internacional; ou o Espazo Loja destinado á promoción dos traballos publicados polas editoras musicais.

O Encontro Profesional de Músicas prevé acoller nesta cuarta edición a máis de 200 profesionais da industria musical galega e portuguesa para presentarlles artistas e bandas nas que se mesturan os novos traballos de proxectos consolidados coa vibrante nova escena musical que está agromando. Un total de 20 propostas artísticas que abrazan a diversidade estilística e que comparten en moitos casos un sustrato onde as músicas de raíz son a fonte da que beber. Unha selección de moitísima calidade onde estarán representadas as músicas tradicionais, o rock, a electrónica, o jazz, as músicas urbanas, o indie-pop ou a canción de autoría, e que dan boa conta do gran momento creativo que viven os dous territorios.

Ademais das propostas artísticas o mercado presenta tamén um programa de encontros nos que as empresas e profesionais da industria da música de Galiza e Portugal terán a oportunidade de programar reunións de negocios dentro da axenda de speedmeetings e de asistir a sesións de traballo onde se tratarán asuntos que ocupan e preocupan ao sector. A comercialización dixital da música, as claves para a contratación artística transfronteiriza, conseguir audiencias para músicas non maioritarias, financiar proxectos musicais com fondos europeos, ou como coidarse no contexto de precariedade do sector da cultura, serán algúns dos temas que aborden os faladoiros programados para as xornadas do venres 22 e sábado 23 de setembro na Escola Superior de Ciências Empresariais de Valença, que acollerá a ZONA PRO desta 4ª edición da feira.

As inscricións profesionais continuarán abertas a través da páxina web do MUMI sen ningún tipo de custe e ata a propia data do evento para facilitar a asistencia das persoas interesadas en manter sesións de traballo conxunto dentro do espazo destinado aos speedmeetings. Artistas, axencias, empresas, profesionais da xestión cultural, responsables de programación, xornalistas e público xeral, teñen unha cita imprescindible durante toda a fin de semana neste evento que quere converterse na feira musical de referencia do oeste peninsular e que ten como obxectivo crear novos mercados para as músicas galega e portuguesa, construír unha relación estable entre axentes e empresas de Galicia e Portugal; e destacar o talento creativo de proximidade ante programadores e técnicos de cultura de ámbolos dous países.

Temas: Eurocidade Tui-Valençafestivales de música en GaliciaO Baixo MiñoTuiValença
Compartir en FacebookCompartir en XCompartir en Whatsapp
¿TÚ QUÉ PIENSAS?

Agenda

Más noticias

El Festival Artistas de Rúa convertirá de nuevo Redondela en un gran circo a cielo abierto
Espectáculos

El Artistas da Rúa vuelve a Redondela con espectáculos gratis y el concierto de un joven talento gallego

Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada

PorIván Dacal
21/07/2026
Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte
Qué hacer

Un mercado efímero transformará un centro comercial de Vigo en una auténtica galería de arte

¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día
Qué hacer

Una popular fiesta gastronómica del área de Vigo servirá más de 2.000 kilos de churrasco en un día

Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo

PorSara Rodríguez
21/07/2026
Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España
Qué hacer

Vuelve a la plaza pública de Vialia Vigo el gran evento gastro con las hamburguesas más "top" de España

Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas

PorSara Rodríguez
21/07/2026
O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia
Enfoque

O tour Alerta Verde leva a divulgación científica a preto de 3500 persoas en toda Galicia

PorUxía Pérez
16/07/2026

Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

AGENDA

24julTodo el día26Fiesta de Porrigalia 2026 en O PorriñoFIESTAS | O PORRIÑO

25julTodo el día26Festa da Sardiña en A Guía, TeisFIESTAS GASTRONÓMICAS | VIGO

25jul12:0023:59Bocados e Grolos en NigránCÓCTELES Y TAPAS | NIGRÁN

Metropolitano

Somos metropolitanos. Somos el digital de referencia en Vigo y su área metropolitana. No te pierdas nada. Todas las noticias de Vigo y su área: cultura, planes, deporte...

Contacto

Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]

Publicidad en Metropolitano.gal

Cambiar opciones de privacidad
Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

Toda la actualidad de Vigo y su área, gratis en tu WhatsApp

PorMetropolitano
04/11/2018

Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal

  • Aviso Legal
  • Quiénes Somos
  • Política de cookies
  • Enviar evento
  • Hemeroteca
  • Publicidad

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

No hemos encontrado nada con ese término de búsqueda
Ver todos los resultados
  • Agenda
  • Qué hacer
  • Enfoque
  • Fogones
  • Extra
  • Planes

© Hansei Media SL

X