Un ano máis a música galega e en galego chegará este ano a todos os recunchos da provincia a través do programa Musigal, impulsado pola Deputación para contribuír á difusión e promoción da música galega e en galego, así como fomentar a defensa da igualdade. Neste senso, a Deputación patrocinará 55 concertos en 55 municipios de menos de 50.000 habitantes ao longo de 2021.
Andrea Pousa será a encargada de abrir a programación deste ano cun concerto que terá lugar o 9 de abril en Tui, mentres que a última cita será o 18 de decembro na Illa de Arousa, con Leilía. A maioría das actuacións terán lugar nos meses de xullo e agosto, con 22 e 18 concertos. No marco de Musigal haberá tamén dúas actuacións en maio, cinco en xuño e catro en setembro. Os meses de outubro e novembro contarán cun evento cada un.
Os grupos máis solicitados foron Guadi Galego, Baiuca, Odaiko, Xabier Díaz e Adufeiras do Salitre, Budiño, Tanxuqueiras e Milladoiro, con catro concertos cada un. As actuacións serán de carácter gratuíto, facendo a cultura accesible para o conxunto da cidadanía.
Con este programa, a Deputación favorece a programación artística nos concellos, que unicamente se teñen que facer cargo dos gastos de produción da actuación (como poden ser os equipos de son e luz ou o escenario), posto que o ente provincial abona na súa totalidade o caché do espectáculo dos grupos.
Nigrán presenta un nuevo ciclo musical para todo el verano. Una nueva apuesta por la música en directo en el área de Vigo
Un pequeño concello a poco más de una hora de Vigo disfrutará de nuevo de una gran fiesta mexicana. Habrá comida tradicional y música en directo
Vuelve en Cerveira el Splash Family Festival. Durará dos días y tendrá hinchables para todas las edades, alguno de hasta 12 metros de altura
Nigrán ofrece la oportunidad de ver al aire libre y de noche una destacada película rodada en el área de Vigo. Este es el horario y el lugar
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL