Una das citas da programación de Nadal de Tomiño é unha obra de teatro para bebés que terá lugar este martes, 28 de decembro de 2021, ás 11:30 horas no primeiro andar do Mercado Municipal. O espectáculo "Zapatos", representado pola compañía Caramuxo Teatro, fai unha reflexión sobre o que pasa con todos eses zapatos que xa ninguén usa.
"Zapatos" é un espectáculo de 30 minutos narra tódalas historias que levan dentro os zapatos que xa non teñen dono. Todos os días chegan a un recuncho agochado dun xardín fantásticas historias, as vivencias que traen consigo unha morea de zapatos de tódolos tamaños e cores. A protagonista da obra de teatro é unha rapaza que se encarga de darlle a benvida e coidar os zapatos no lugar onde vivirán para sempre. Neste lugar compartirán emocións con bailarinas, con Pechecho e os seus irmáns, cos namorados, co Sol e a Nube e centos e centos de compañeiros que teñen moito que contar.
Caramuxo Teatro é unha recoñecida compañía de teatro infantil e familiar formada por Juan Rodríguez e Laura Sarasola. A compañía naceu en A Coruña no ano 2003 cunha obra especialmente deseñada para bebés, "Glub Glub". Dende entón a súa produción non deixou de aumentar, con obras como "Zapatos", mención especial na XXVI Muestra Internacional de Vall d'Albaida; "Ñam", unha mestura de teatro e cociña ou "Na casa", recoñecida coa R de espectáculo Recomendado pola Rede Nacional de Teatros.
Dende os seus inicios mesturan diferentes técnicas: teatro de actores e actrices, monicreques, danza... Actualmente, ademais de continuar traballando nunha liña específica para bebés, teñen en carteleira espectáculos para público infantil e familiar, con obras destacadas como "Redondo", "Pavillón Lino", "As fabas máxicas" ou "Feo!", representación gañadora do Premio María Casares ao Mellor espectáculo infantil en 2016.
A actividade é de balde e é preciso inscribirse previamente a través dun formulario na páxima web do Concello de Tomiño (facer clic aquí). A alcaldesa, Sandra González, anima ás familias a asistir ao evento cos seus pequenos e pequenas.
Redondela ya tiene fecha y programa para el festival "Artistas na Rúa". Habrá marionetas, ilusionismo, teatro y acrobacias en una única jornada
¿Te gustaría descubrir más arte local? Descubre la popular iniciativa artística volverá a tomar un espacio de Vigo
Más de 2.500 raciones de churrasco para todos los asistentes. Descubre esta emblemática fiesta gastronómica del área de Vigo
Vialia Vigo volverá a convertirse en el epicentro de las "smash burgers". The Champions Burger llega con sus combinaciones más locas
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL