Piragüistas de España e Portugal teñen unha cita ineludible esta fin de semana. Máis de 170 deportistas participarán na IX Taça Ibérica de Slálom, un evento internacional organizado polo Club Deportivo Miño-Os Teixugos e polo Azenha de Pagade-Covas co que se abre a tempada de piragüismo na modalidade de augas bravas. Trátase da competición “máis importante que se fai no noroeste peninsular a nivel de participación e de puntuación”, como resaltan dende a organización.
Nesta ocasión o club tomiñés participará con 12 deportistas, que acudirán á parroquia de Covas, no municipio de Vila Nova de Cerveira, para dar o máximo nesta competición aberta puntuable tanto para a Liga Galega de Slálom como para a Copa portuguesa. Ademais, por segundo ano consecutivo a proba forma parte da Liga Internacional do Noroeste Ibérico de Slálom, por ese motivo acoden a ela os clubs galegos e portugueses máis importantes.
A proba comezará o sábado 27 de xaneiro ás 11.00 horas (hora portuguesa) cos adestramentos para continuar ás 15.00 horas coas probas clasificatorias nas que os deportistas terán que render ao máis alto nivel para conseguir superar o tempo de corte neste difícil circuíto. Xa o domingo, a proba retomarase ás 11.00 horas (horas portuguesa) coas finais, que de seguro ofrecerán un importante espectáculo ao público asistente.
Este evento deportivo conta coa colaboración do Concello de Tomiño, da Cámara Municipal de Vila Nova de Cerceira, da Freguesía de Covas, da Deputación de Pontevedra, da Federación Galega de Piragüismo e da Federación Portuguesa Canoagem.
Vigo afronta la resaca del triunfo de España en la Copa del Mundo con el sueño de que Balaídos acoja el Mundial 2030
Personas de Portugal, Reino Unido, Estados Unidos, Noruega y Suiza, además de españoles, participaron este fin de semana en la Costa Serena
La Diputación de Pontevedra instalará una pantalla en una céntrica plaza de Vigo para ver el España - Bélgica de este viernes
Los jóvenes deportistas compiten esta semana en diferentes modalidades como baloncesto, balonmano, voleibol, atletismo y natación
Os recursos creados, entre eles un videoxogo, seguirán activos na web de Cintecx
Puedes encontrarnos en nuestras redes sociales o, si lo prefieres, ponerte en contacto con nosotros a través de [email protected]
Saber todo lo que ocurre en Vigo y su área metropolitana es ahora más sencillo, rápido y directo gracias al nuevo servicio de alertas de WhatsApp de Metropolitano.gal
© Hansei Media SL